Sindicato Comarcal de PPXX de CCOO da Coruña

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Sindicato Comarcal de PPXX de CCOO da Coruña, Bloguero, A Coruña.

20/04/2023

1º de Maio
Ás 12:00h
Praza da Palloza.

11/04/2023

III Xornada das Mulleres Pensionistas de CCOO de Galicia.
A celebrar o luns 17 de abril de 2023 en Santiago de Compostela.
A sociedade encara un recto inédito nunca acontecido na humanidade. Imos a un cambio demográfico cara a unha sociedade cada vez máis envellecida. Por isto, un Pacto Estatal de Coidados que poña no centro ás persoas maiores é unha revolución social pendente, é xustiza social e un compromiso xeracional.

10/04/2023

É difícil facer un resumo máis didáctico en 1:44 minutos sobre o recente convenio de pensións, en que consiste o reforzo do seu financiamento, a aposta por pensións suficientes e o futuro do sistema. E tamén con certa perspectiva histórica.

(Carlos Bravo, secretario confederal de Políticas Sociáis e Seguridade Social de CCOO)

“Pensiones y dependencia” 27/03/2023

Pensionistas de CCOO.

Pensións e Dependencia.

Curso “Envellecemento activo, hábitos saudables e prevención da Dependencia”.

Carlos Bravo, secretario de Políticas Públicas e Protección Social da Confederación Sindical de CCOO.

“Pensiones y dependencia” Curso “Envejecimiento activo, hábitos saludables y prevención de la dependencia”Carlos Bravo Fernández. Secretario de Políticas Públicas y Protección Social ...

16/03/2023

Aprobada á Reforma das Pensións.

Unha reforma de gran calado baseada en dous pilares, máis ingresos e máis protección.

No llego a fin de mes 09/03/2023

Homenaxe as mulleres que sosteñen o planeta a pesares dos seus traballos precarios.

No llego a fin de mes Versión para el homenaje a las mujeres que sostienen el planeta a pesar de sus trabajos precarios.

07/03/2023

8M
A Coruña: 20:00h (Obelisco)

07/03/2023

8M
A Coruña: 20:00h (Obelisco)

www.ccoo.gal

Entrega dos Premios 10 de Marzo 2023 05/03/2023

Entrega dos Premios 10 de Marzo 2023 O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a súa fundación entregan cada ano os Premios 10 de Marzo, cos que recoñecen traxectorias vitais de compromiso coa c...

02/03/2023

🔴CCOO e a Fundación 10M homenaxean a José Paraños Pardo, Elías Vila Calveira (in memorian) e as Mulleres do 72
👉O sábado 04 de Marzo, Comisións Obreiras e a súa Fundación entregan os Premios 10 de Marzo. Estes galardóns recoñecen traxectorias en defensa dos dereitos laborais e a loita polas liberdades de José Paraños Pardo, Elías Vila Calveira (in memorian) e as Mulleres do 72.
https://www.ccoo.gal/noticia:656832--CCOO_e_a_Fundacion_10M_homenaxean_a_Jose_Paranos_Pardo_Elias_Vila_Calveira_in_memorian_e_as_Mulleres_do_72&opc_id=5417ea7953f47225d9da408425aae2cc

25/02/2023

A implicación do activo sindical e a aposta do noso sindicato pola igualdade supuxo un avance cuantitativo na sinatura dos plans de igualdade.

13/02/2023
10/02/2023

📢SOS Sanidade convoca unha manifestación o 12 de febreiro en defensa da atención primaria
👉CCOO forma parte da Plataforma SOS Sanidade Pública. A marcha partirá ás 12 horas da Alameda de Santiago e rematará na praza do Obradoiro
https://www.ccoo.gal/noticia:652778--SOS_Sanidade_convoca_unha_manifestacion_o_12_de_febreiro_en_defensa_da_atencion_primaria&opc_id=5417ea7953f47225d9da4

10/02/2023

Onte pola tarde soubemos do falecemento de Salce Elvira, membro das primeiras comisións obreiras durante a ditadura franquista, dirixente da Confederación Sindical na etapa de consolidación da democracia en España e comprometida co sindicato ata o seu último alento.

Voa alto compañeira!

08/02/2023

Urxente:

Hoxe, mércores, concentracións polo asasinato machista de Beatriz Lijó, en Baiona.

A Coruña as 20:00h, no Obelisco.

18/01/2023

14 ENERO 1957: LA CAMOCHA
El lunes 14 de enero de 1957 ,los trabajadores de la mina gijonesa de La Camocha empiezan a trabajar a ritmo lento en protesta por sus pésimas condiciones laborales. Al final de esa semana el paro será total en la mina. Cuando los jefes preguntan a los mineros, que se hallan de brazos cruzados, que quién ha organizado la huelga, se encogen de hombros y responden: la Comisión. Se trata de un grupo variopinto de mineros entre los que está el militante comunista Casimiro Bayón. Ha nacido el mito de La Camocha. Ha nacido el mito fundacional de Comisiones Obreras.

Fotografía de Casimiro Bayón y otro compañero en la mina de La Camocha. AHTF1M, Colección General.
https://1mayo.ccoo.es/Archivo_Historia_del_Trabajo

17/01/2023

📣A Plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte CCOO, convoca unha manifestación nacional o vindeiro 12 de febreiro en defensa da atención primaria

📍A marcha partirá ás 12 horas da Alameda de Santiago e rematará na praza do Obradoiro

https://www.ccoo.gal/noticia:652778--SOS_Sanidade_convoca_unha_manifestacion_o_12_de_febreiro_en_defensa_da_atencion_primaria&opc_id=5417ea7953f47225d9da408425aae2cc

19/12/2022

Ola amigos, afiliadas e simpatizantes do colectivo de Pensionistas e xubilados de CCOO da Coruña.

Chega o Nadal, as comidas, a soidade, os amigos, a familia, a alegría e a tristura, todo se mestura. Non imos esquezer os seres queridos que perdimos na pandemia, especialmente ós maiores falecidos nas Residencias.

Non esquezemos a entrega e xenerosidade do persoal dos servizos sociosanitarios, o esforzo e traballo do noso sindicato defendendo os traballadores e o seus empregos.

Hai esperanza... a vida é maravillosa e hai que vivíla e exprimila. Non hai tempo que perder.

Desexámosche toda a felicidade que merecedes e merecemos. O disfrute de cada día, de cada hora, de cada minuto.

BO NADAL PARA TODOS E TODAS, E QUE O ANO 2023 VEÑA CHEO DE POLÍTICAS DE PROGRESO E IGUALDADE, DE PAZ E DE RESPECTO ÁS DIFERENZAS.

¡¡VIVAN AS COMISIÓNS OBREIRAS!!

Executiva Comarcal de PP.XX. da Coruña

Xulia, Lóis, Pilar, Gonzalo, Antonio e Ramiro

22/11/2022

O proximo venres día 25 de novembro , día internacional para a Non violencia contra as Mulleres a Plataforma Feminista Galega, da que somos parte as CCOO, e a Marcha Mundial das Mulleres da Coruña convocamos unha marcha, para manifestar o noso rexeitamento contra as violencias machistas.
Co lema "Contra a violencia machista , revolta feminista" a manifestación partirá as 20H do Obelisco, chegará pola rúa Compostela ata o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e rematará na Delegación do Goberno.

Ese mesmo día, seguindo a convocatoria da Confederación , ás 12h xunto coa UXT faremos unha concentración diante do Edificio Sindical na que daremos lectura ao manifesto conxunto.

15/11/2022

O vindeiro 30 de novembro a plataforma SOS Sanidade Pública convoca concentraciones en toda Galicia na defensa da Atención Primaria.
A de A Coruña é as 20:00 no Obelisco. E dende as 19h estarán recollendo sinaturas para Iniciativa Lexislativa Popular para fortalecer a Atención Primaria.

A Sanidade non se vende, a Sanidade se defende.

04/11/2022

Grazas a todas as compañeiras e compañeiros que se manifestaron onte en Madrid.

Moitos milleiros chegados de todos os recunchos de España.

Un esforzo militante e compromiso coa clase traballadora.

29/10/2022

Hoxe hai doce anos que finóu Marcelino. In Memoriam ✊️

27/10/2022

Toda a nosa solidariedade cas traballadoras e traballadores sanitarios.

Unimos a nosa voz para denunciar o colapso sanitario en Galicia e o desmantelamento, paso a paso, da Atención hospitalaria e Primaria por parte do Goberno da Xunta.

🏥 HOSPITAL ABENTE Y LAGO

📆 Hoxe 27/10 ⏱12:00h

📢 Concentración dxs traballadorxs xunto ca Comisión de Centro de Hospitalaria.

🌡Déficit de persoal

Photos from Sindicato Comarcal de PPXX de CCOO da Coruña's post 27/10/2022

Na sede da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia, na Coruña, celebróuse a charla-coloquio ”A memoria nas persoas maiores. Qué facer pra mellorála”, organizada polo Sindicato Comarcal de Pensionistas de CCOO da Coruña.

As institucións internacionais que se dedican a tratar os temas de saúde, especialmente a Organización Mundial da Saúde, diversas instancias da Unión Europea, e os organismos nacionais e locais, están a promover programas para traballar na atención aos maiores. Esta atención debe dirixirse non só ao tratamento das súas enfermidades, senón tamén á prevención destas enfermidades e á promoción da saúde.

A memoria é unha capacidade que se pode mellorar. Non nacemos con boa ou mala memoria, podemos aprender a mellorar a nosa memoria. Como elemento característico dos seres humanos, a memoria constitúe unha ferramenta fundamental para actuar na realidade, unha dimensión en permanente relación coa idea de xustiza social.

Miguel Anxo Álvarez, xerontólogo e autor do libro e método de mantemento da memoria, foi o relator do acto. Tras da intervención, atendéu no coloquio todas as reflexións e preguntas dos asistentes ao acto.

Queremos agradecer ao Dr. Martelo, presidente da Real Academia, o seu saúdo de benvida aos asistentes e a permanente e xenerosa hospitalidade cos Pensionistas de CCOO.

A todos os asistentes entregóuselles un exemplar do libro e un caderno de prácticas como agasallo polo seu interés e asistencia.

Finalmente, queremos facer expreso o noso agradecemento infinito a Miguel Anxo Álvarez, xerontólogo e relator, pola súa didáctica e pola brillantez na exposición.

Sindicato Comarcal de PPXX de CCOO
A Coruña.

27/10/2022

Este sábado 29 de outubro PREESTREA TOTAL da longametraxe documental '10 DE MARZO', no marco incomparable do Teatro Jofre de Ferrol, coa asistencia de todo o equipo técnico e artístico do filme así como persoas entrevistadas e colaboradores. Emoción infinita!

“10 DE MARZO” conta co apoio de Concello de Ferrol, Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Navantia, a colaboración de Política Lingüística, Cultura da Deputación da Coruña, Concello de Oleiros e a participación de Fuco Buxán, Fundación 10 de Marzo, Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia e Witland Centro de Negocios

CCOO constituye el Grupo de Trabajo confederal para enfrentar la ultraderecha 25/10/2022

CCOO e REDES impulsaron e apoiaron decididamente a creación dunha rede internacional de sindicatos antifascistas, contra os movementos de extrema dereita, o nacionalismo e o populismo, as ditaduras e contra toda forma de discriminación, exclusión e opresión que se presentou o pasado 9 de outubro en Roma. , durante unha reunión sindical internacional de solidariedade e rexeitamento ao ataque fascista que sufriu a sede da CGIL en Roma hai un ano.

CCOO constituye el Grupo de Trabajo confederal para enfrentar la ultraderecha La Comisión Ejecutiva de CCOO ha aprobado la creación del Grupo de Trabajo confederal para enfrentar la ultraderecha , que tendrá un carácter multidisciplinar y que pretende dar respuesta al compromiso de crear espacios para la reflexión y la concienciación antifascista, tanto a nivel interno....

¿Quieres que tu figura pública sea el Figura Pública mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Página web

Dirección

A Coruña
Otros Bloguero en A Coruña (mostrar todas)
BSTS-bukan siswa tapi santri BSTS-bukan siswa tapi santri
A Coruña

karya santri

Fashion and Accessories Fashion and Accessories
Saudi
A Coruña

Random thoughts about life’s journey.

ZAID Khan velog ZAID Khan velog
A Coruña

inshallah the time is coming . sucsess is depend on your strugal. MR _ ZAID _ KHAN

Travelling Ilonggo Tv Travelling Ilonggo Tv
Rua Aguaceirus 24
A Coruña, 15008

100% pinoy napadpad sa lupain ni magellan 🇵🇭🇪🇦

Tinta en las Olas Tinta en las Olas
A Coruña, 15142

Las palabras se unen para formar historias. Relatos y cuentos cortos

patri.api patri.api
A Coruña

Esta página se crea para ofrecer contenido de salud, superación personal y bienestar a tu vida

Agasallos da Terra Agasallos da Terra
Avenida Salvador De Madariaga, 56
A Coruña, 15008

Productos típicos galegos e do país. O mellor da nosa terra🍷🍇🧀❤️

Nutri-Transformacion Nutri-Transformacion
A Coruña

¿Quieres estar en tu mejor versión? Sin dietas. Te informo 👇https://wa.me/message/LFZWDAFLHR2DH1

Creer une 4 Creer une 4
A Coruña, 15011

acnes4

Loki Dulce y Sano Loki Dulce y Sano
Riazor
A Coruña, 15011

�Deliciosos Dulces y Sanos��Recetas sin gluten y sin lactosa��Animal lovers�� Vida Act

Línea de oferta.a Línea de oferta.a
A Coruña, Galicia
A Coruña, 15003

Te recomendamos productos en promociones en la plataforma Amazon.

Apu Bãřmáň Apu Bãřmáň
A Coruña

Apü Bãřmáň