Concello de San Sadurniño, A Coruña Videos

Videos by Concello de San Sadurniño in A Coruña. http://www.sansadurnino.gal

XV Feira Rural de San Sadurniño

Este sábado tes unha cita en San Sadurniño co rural máis puxante e sostible. Mercado da terra, artesanía, segunda man... e unha chea de actividades para gozar da xornada á beira do Xubia.

Other Concello de San Sadurniño videos

XV Feira Rural de San Sadurniño
Este sábado tes unha cita en San Sadurniño co rural máis puxante e sostible. Mercado da terra, artesanía, segunda man... e unha chea de actividades para gozar da xornada á beira do Xubia.

Entramos sen chamar nunha das clases de interpretación que está impartindo o actor Kevin Lorenzo dentro do primeiro obradoiro do Chanfaina Lab. Aprenden rápido!!! San Sadurniño é canteira de actrices e actores ben talentosos, como seguramente volvamos comprobar, outra vez, na edición deste ano do encontro audiovisual. Cultura da Deputación da Coruña

O alcalde, Secundino García Casal, repasou en COPE Ferrol algúns dos proxectos e temas de actualidade do noso Concello, como a solicitude dunha axuda do IGVS para a adquisición da nave de Obras e Servizos (actualmente está alugada) ou a próxima celebración da Feira Rural e do Chanfaina Lab.

Co gallo do Día Internacional do Orgullo LGTBI+ reunimos á técnica municipal de Igualdade, Oriana López, a Regina Cinza e á educadora social Patri Freire para participaren na segunda entrega da serie de conversas en vídeo sobre igualdade "Falando sen cancelas". As tres parolan sobre ser, sentir e amar en liberdade, sen prexuízos nin máis límite que o respecto mutuo... e de poder facelo con normalidade e en igualdade de dereitos. Diso vai o 28X. San Sadurniño En Igualdade

Cousa linda escoitar a Vero Rilo e a Santi Cribeiro coas súas historias cantadas/contadas “Tralalareira”. Aínda chegades a tempo!! Xeoparque Cabo Ortegal Deputación da Coruña

XXVII Feira da Plantación
Estamos a piques de rematar un día de feira moi intenso… pero aínda hai tempo de achegarse á Cortiña para mercar planta, produto da terra e artesanía.

Cada vez falta menos!!!

21:30h. 23°C. Isto non hai quen o entenda.

Xeorruta das Pías
A xeorruta das Pías é un itinerario que nos descobre as peculiariedades xeolóxicas do val do Castro e da zona de Racamonde, o punto máis elevado de San Sadurniño. Onte acompañamos a Fran Canosa, director científico do Xeoparque Cabo Ortegal, neste percorrido onde destacan tanto o propio curso do río como os fenómenos das pías, os bolos e as pedras cabaleiras graníticas que se poden ver no límite sur do territorio UNESCO.

Vanvos dúas pezas da marabillosa tarde de música en igualdade da que gozamos na Casa da Cultura. Pechamos así os actos co gallo do #8M, insistindo en que o #DíadaMuller son todos os días do ano.

Con motivo do Día da Árbore, que celebramos o xoves, o Concello plantou varios exemplares de loureiro romano na área recreativa de San Cristovo. Hoxe algúns nenos e unha nena de Ferreira axudáronnos a acabar o traballo. Dentro duns anos, cando sexan grandes, serán eles quen gocen da súa sombra.

Entrevista coa adestradora Bea Seijas Couce
A rapazada da Escola de fútbol Irmandiños falou "sen cancelas" este serán coa adestradora e exfutbolista Bea Seijas sobre deporte, sobre superación e sobre como conseguir a igualdade e o recoñecemento da muller nesta e noutras disciplinas aínda moi masculinizadas. A actividade estivo organizada pola área municipal de Igualdade -San Sadurniño En Igualdade- dentro da programación do 8M.

Bo Nadal!!!
Menuda versión de Noite de paz prepararon os alumnos da EM de Música moderna. Ou vós que dicides?

A cativería teno claro
A cativería teno claro! (Os caramelos non influiron na súa opinión)

“Cachopo máxico” na Casa da Cultura. E nuns intres chegará o Apalpador á praza do antigo Concello!!!

Unha visita coa que non contabamos
Onte tivemos unha visita inesperada a plena luz do día nos xardíns municipais. Un raposo achegouse por alí e non parecía que lle importase moito a presenza humana, entretido como estaba roendo un anaco de pan que alguén lle botou. A imaxe, que non deixa de ser curiosa, dános pé a lembrar que un raposo non é un can, senón que se trata dun animal salvaxe co que non se debe interactuar nin moito menos alimentalo, posto que con iso fomentamos que saian do seu hábitat natural e que se cree unha dependencia do ser humano que despois será imposible cortar.

Pois semella que todo o que non choveu nin ventou durante o día está víndonos pola noite. Moita precaución.

Rilo&Penadique ao vivo no adro do Rosario con @dinamizartj
Rilo&Penadique ao vivo no adro do Rosario. Marabilla. #diadasmulleresrurais Dinamiz-ARTj Xeoparque Cabo Ortegal

Caeu firme, pero aínda así puidemos comezar á hora prevista