teenses pola igualdade

teenses pola igualdade

20 anos en defensa do principio de igualdade Atoparasnos en Teo, na Escola Unitaria de Vilanova Recesende.

A nosa asociación é un espazo aberto e dinámico, un lugar de encontro onde podes informarte e formarte en igualdade, coñecer e participar nas actividades organizadas polos distintos grupos. Se tes algunha consulta ou queres poñerte en contacto connosco podes facelo durante o todo o día no teléfono móbil da Asociación ou por correo electrónico. Nuestra asociación es un espacio abierto y dinámico,

02/08/2024

¡¡Al primer intento!!

La gallega Ana Peleteiro se mete en la final de triple salto de mañana con una marca de 14.36

31/07/2024

🔴🔵⚪️ XORNADA DE PORTAS ABERTAS FEMININO ⚽️

Queres formar parte do Praíña SC?? Esta é a túa oportunidade!

Organizamos xornadas de portas abertas para a captación de xogadoras femininas. Se tes 15 anos ou máis, ven e participa connosco. Non importa o teu nivel, todas son benvidas!

📅 Datas: 2, 9 e 23 de agosto
🕒 Hora: A partir das 20:30 H
📍 Lugar: Campo de Fútbol Juan Amado

Non perdas esta oportunidade de coñecer ao noso equipo e disfrutar do fútbol!

31/07/2024

📣 Este domingo temos a ruta de sendeirismo “Do Couto de Ximonde a Pontevea”, dentro do programa Goza do Ulla 2024.

🎣 Aproveitando os camiños de paso e as sendas de pescadores da Rede Natura, realizaremos un percorrido de case 10 quilómetros polas beiras do río Ulla.

🥾 Partiremos desde o Couto de Ximonde, no concello veciño de Vedra, e remataremos na ponte medieval de Pontevea, en Reis.

🌳 No percorrido atoparémonos con numerosos puntos de interese, tales como a área de recreo de Cubelas, a contorna natural da Dorna, o río Pereiro, a devesa do Agromaior ou a Burga de Xermeade, entre moitos outros,

📅 Domingo, 4 de agosto
⏰ 9.00 horas
📌 Punto de encontro: aparcadoiro municipal de Pontevea (Reis)
✍️ Prazas limitadas, cómpre anotarse aquí: https://www.teo.gal/gl/actividades

22/07/2024

📢 RECORDATORIO IMPORTANTE: SERVIZOS DE ALERTA DA GARDA CIVIL PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende a asociación Teenses pola Igualdade, queremos lembrar a todas as mulleres da nosa comunidade a importancia dos servizos de alerta da Garda Civil para aquelas que se atopan en situación de violencia de xénero. Estes servizos están deseñados para protexer e axudar a quen máis o precisa, ofrecendo unha resposta rápida e eficaz.

🔔 Sistema VioGén: Este sistema permite á Garda Civil realizar un seguimento continuo dos casos de violencia de xénero, proporcionando protección e asistencia ás vítimas.

📱 App AlertCops: Unha aplicación móbil que permite comunicar, de forma rápida e discreta, situacións de emerxencia á Garda Civil e á Policía. Podes descargar a aplicación gratuitamente e dispoñerás dun botón de emerxencia que enviará a túa localización exacta ás autoridades.

📞 Teléfono 062: O número de emerxencias da Garda Civil, dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano. Non dubides en chamar se te atopas en perigo ou precisas asistencia inmediata.

⚠️ Teléfono 016: Lembra tamén que o 016 é un servizo gratuíto e confidencial que ofrece información e asesoramento sobre violencia de xénero. Non deixa rastro na factura, aínda que é recomendable borralo do rexistro de chamadas.

🔒 Servizo ATENPRO: Un dispositivo que permite ás mulleres vítimas de violencia de xénero contactar de forma directa e inmediata coa Garda Civil en caso de emerxencia.

Dende Teenses pola Igualdade queremos reafirmar o noso compromiso na loita contra a violencia de xénero e ofrecer todo o noso apoio e recursos ás mulleres que o necesiten. Lembra que non estás soa, e que hai servizos dispoñibles para protexerche e axudarche.

#016

Galicia contabiliza la mayor cantidad de casos activos por violencia de género desde que hay registros 22/07/2024

📢 GALICIA REXISTRA A MAIOR CANTIDADE DE CASOS ACTIVOS POR VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE QUE HAI REGISTROS

Lamentablemente, a nosa terra está a vivir un momento moi preocupante. Segundo os últimos datos do Sistema VioGén, son máis de 5.200 as mulleres que necesitan protección en Galicia debido á violencia de xénero. Estes números representan un triste récord e poñen de manifesto a urxente necesidade de seguir loitando contra esta lacra social.

Dende a asociación Teenses pola Igualdade queremos expresar a nosa profunda preocupación e reafirmar o noso compromiso na loita pola igualdade e a protección das mulleres. É crucial que a sociedade tome conciencia desta situación e que as autoridades intensifiquen os seus esforzos para garantir a seguridade e o benestar das vítimas.

🚨 Se coñeces algún caso de violencia de xénero, non dubides en buscar axuda. Podes chamar ao 016, un servizo gratuíto e confidencial dispoñible as 24 horas do día, todos os días do ano.

👩‍👧‍👦 A nosa solidariedade está con todas as mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero. Seguiremos loitando xuntas e xuntos por unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Galicia contabiliza la mayor cantidad de casos activos por violencia de género desde que hay registros Son más de 5.200 los casos de mujeres que necesitan protección, según el Sistema VioGén

20/06/2024

🌟 Recordatorio Importante para os Nosos Socios! 🌟

Hoxe temos unha cita esencial na nosa Asociación Teenses pola Igualdade. Non esquezades que ás 20:15 teremos a nosa Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria na Casa Común de Cacheiras. 🏠

É moi importante a vosa asistencia e participación activa. Contamos con todos vós para seguir construíndo xuntos unha sociedade máis igualitaria e xusta. 💪✨

19/06/2024

🛑 La Premio Nobel de la Paz Narges Mohammadi ha sido sentenciada por un tribunal de Irán a otro año de prisión acusada de “propaganda contra el sistema”, por criticar la imposición del velo y llamar al boicot de las elecciones parlamentarias. Nuestra mayor condena a esta persecución y nuestra mayor solidaridad con Mohammadi.



🛑 Narges Mohammadi Bakearen Nobel saridunari beste urtebeteko kartzela-zigorra ezarri dio Irango auzitegi batek, "sistemaren aurkako propaganda" egitea egotzita, beloaren ezarpena kritikatzeagatik eta Legebiltzarrerako hauteskundeei boikota egiteagatik. Jazarpen hau gaitzesten dugu eta Mohammadiri elkartasuna adierazten diogu.

📸 Narges Mohammadi in VOA archive

19/06/2024

🌟 Noraboa Leilía! 🌟

A Xunta de Galicia vén de conceder a Medalla de Castelao 2024 ao grupo Leilía!

Este recoñecemento chega nun momento moi especial, xa que este ano o grupo despediuse dos escenarios despois de 30 anos de carreira nos que foron auténticas pioneiras na promoción do folclore galego, abrindo camiño a moitos artistas e agrupacións que viñeron detrás. 🎶

Desde Teenses pola Igualdade queremos felicitar a Leilía por este merecido galardón e agradecerlles a colaboración que sempre tiveron coa nosa asociación. Grazas por manter viva a nosa tradición e por inspirar a tantas persoas ao longo destes anos! 💚

09/06/2024

Muller, nai e galega. Campiona de Europa, agora a polo ouro olímpico! Felicidades

Europeo de Atletismo 2024: Ana Peleteiro, oro en triple salto; Attaoui, plata en 800 y bronce en la media maratón femenina Jornada de éxitos para España en el Europeo 2024 de atletismo disputado en Roma. Oro para Ana Peleteiro, plata para Mohamed Attaoui y bronce en media maratón.

08/06/2024

¡Hoy es el !

El Océano conecta, sostiene y mantiene la vida. ¡De nosotros depende asumir toda la responsabilidad y hacer lo necesario para !

Cómo hacerlo : https://www.unesco.org/es/days/oceans

Photos from teenses pola igualdade's post 06/06/2024
Photos from teenses pola igualdade's post 06/06/2024

📸🌟Gala IX Premio de Poesía María Mariño e Homenaxe a Rosa Gómez Limia 🌟📸

Photos from teenses pola igualdade's post 06/06/2024

📸🌟 Homenaxe a Rosa Gómez Limia 🌟📸

Onte pola noite, durante a Gala dos IX Premios María Mariño, vivimos un dos momentos máis emotivos da nosa traxectoria como asociación: a homenaxe a Rosa Gómez Limia, quen foi nomeada socia de honra e fundadora honoraria.

A intervención da nosa presidenta, Zora Leis Barcia, foi un tributo sentido e conmovedor a Rosa, destacando a súa traxectoria e compromiso coa igualdade. Rosa, con emoción e gratitude, compartiu palabras inspiradoras que nos lembraron a importancia da loita polos dereitos das mulleres.

Compartimos con todas e todos vós estas fotos que capturan algúns dos instantes máis especiais da noite. Moitas grazas a todas e todos os que fixestes posible este evento tan significativo.

Seguimos traballando xuntas e xuntos por un futuro máis igualitario!

Photos from teenses pola igualdade's post 06/06/2024

📢 Parabéns a Ana Valín García! 📢

Ana Valín García foi a gañadora do segundo premio de 300 € polo seu poema «Ofelia" na Gala dos IX Premios María Mariño. O premio foi entregado pola vicepresidenta de Teenses pola Igualdade, Mercedes Mosteiro Liñeira, en representación da libraría A Vagoneta Educativa.

Ana recibiu o galardón acompañada dos seus meniños, facendo deste momento unha celebración aínda máis especial e emotiva. 👩‍👧‍👦✨

Grazas, Ana, polo teu talento e por compartir con nós a túa marabillosa poesía. Continuamos a traballar por un futuro máis igualitario!

06/06/2024

📢 Parabéns a Óscar Reboiras Loureiro! 📢

Estamos encantadas de anunciar que Óscar Reboiras Loureiro foi o gañador do Primeiro Premio polo seu poema «Os furados das brétemas» na Gala dos IX Premios María Mariño. Óscar recibiu o seu premio de 500 € de mans de Isolina Raña, representante da empresa Relaciones Públicas Galicia, patrocinadora deste premio.

Óscar, compañeiro de carreira da nosa homenaxeada Rosa Gómez Limia, dedicou unhas fermosas palabras sobre ela, destacando a súa forza e compromiso coa igualdade. 🥂

Grazas, Óscar, polo teu talento e polas túas palabras tan inspiradoras. Continuamos traballando xuntas e xuntos por un futuro máis igualitario.

Photos from teenses pola igualdade's post 06/06/2024

Vamos coas imaxes da Gala do IX PREMIO DE POESIA MARÍA MARIÑO E HOMENAXE A ROSA GÓMEZ LIMIA
Os nosos socios Alejandro Martin Olmedo, Mercedes García Novio, o virtuoso guitarrista José Manuel Dapena e a prestixiosa xornalista Lara Salgado conducindo a Gala

Photos from teenses pola igualdade's post 01/06/2024

🌟 Gala de Entrega dos IX Premios María Mariño e Homenaxe a Rosa Gómez Limia 🌟

Onte foi unha noite máxica e emotiva na Gala de Entrega dos IX Premios María Mariño, organizada por Teenses pola Igualdade. O acto máis emotivo da noite foi sen dúbida a homenaxe a Rosa Gómez Limia, nomeada socia de honra e fundadora honoraria da asociación. A súa traxectoria e compromiso coa igualdade son un exemplo para todos nós.

A gala, presentada pola encantadora Lara Salgado, estivo repleta de arte e inspiración. Tivemos o privilexio de escoitar poesías de Luisa Villalta e un poema inédito de Alejandro Martín Olmedo, que compartiu connosco a súa fermosa creación.

O evento foi aínda máis especial grazas aos acordes do magnífico concertista internacional de guitarra, José Manuel Dapena, cuxas interpretacións engadiron un toque de maxia á velada.

Entre os asistentes contamos coa presenza da alcaldesa de Teo, varios concelleiros, membros dos grupos políticos municipais e unha concelleira do Concello de Vedra, cuxo apoio agradecemos profundamente.

Queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible esta gala e a todos os que nos acompañaron nesra celebracion tan especial. A Xuntos seguimos traballando pola igualdade e recoñecendo o labor de persoas extraordinarias como Rosa que deixan unha pegada imborrable na nosa sociedade.

Grazas por ser parte deste movemento e por loitar con nós por un futuro máis xusto e igualitario.

28/05/2024
17/05/2024

🅵🅰🅻🅻🅾 🅳🅾 🆇🆄🆁🅰🅳🅾 🅳🅾 🅸🆇 🅿🆁🅴🅼🅸🅾 🅳🅴 🅿🅾🅴🆂í🅰 🅼🅰🆁í🅰 🅼🅰🆁🅸ñ🅾

O pasado 8 de maio, o xurado do IX Premio de Poesía María Mariño deu a coñecer os gañadores desta edición.

𝟏º 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 para D Oscar Reboiras Loureiro pola sua obra "Os furados das brétemas".
𝟐º 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 a Dª Ana Valín García polo seu poema " por completo"

Parabén aos premiados e Felíz día da Letras Galegas para todos vos!!!!

Máis información⬇️

Amor Disxunto (Luísa Villalta)_ Lyric Video 16/05/2024

Un poema de Luisa Villalta, Letras Galegas 2024, levado a música polo grupo Aparato

Amor Disxunto (Luísa Villalta)_ Lyric Video Amor Disxunto: un tema de Electrónica-Soul do grupo =[ ]= Aparato =[ ]= baseado nun poema de Luísa Villalta.Letra: Luísa Villalta (poema incluído no “O oco...

Concentración en apoio á nai de Marín separada da súa filla de dez anos 14/05/2024

Concentración en apoio á nai de Marín separada da súa filla de dez anos A Rede Galega pola Igualdade, en colaboración do Colectivo Feminista de Pontevedra, convoca á cidadanía este venres 10 de maio ás 18 horas no Punto de Encontro Familiar.

Nueva protesta de la madre separada de su hija en Marín 14/05/2024

Nueva protesta de la madre separada de su hija en Marín Tuvo lugar ante el juzgado y es la segunda en menos de una semana, tras la concentración ante el Punto de Encontro Familiar

Cultura pondrá en marcha la unidad contra la violencia machista en septiembre 13/05/2024

Boa iniciativa

Cultura pondrá en marcha la unidad contra la violencia machista en septiembre El ministerio de Cultura pondrá en marcha la unidad de prevención y atención contra la violencia machista en septiembre

08/05/2024

📣📣Hoxe as 20.00h reúnese o xurado dos IX PREMIOS DE POESÍA MARÍA MARIÑO para ditaminar os gañadores do 1.º premio e 2.º premio.
Compoñen o xurado desta edición:
Rosalía Morlán
Telesforo Hernández Sánchez
Diego Horchovski
Alejandro Pérez Rodríguez
Jorge Rey Rivas
Agardamos con impaciencia o seu veredicto para dar a coñecer aos gañadores!!!

01/05/2024

Feliz maio

Aquí vén o maio
de flores cuberto...

🌻🌸maio 💐🌷

1️⃣ Quinto mes do ano, que ten trinta e un días.
2️⃣ Construción de madeira totalmente cuberta de follas, flores e outros adornos, que se saca ás rúas polo mes de maio cantando coplas.
3️⃣ Copla que se canta acompañando o maio.
4️⃣ (en plural) Festa popular que se celebra ao comezar o mes de maio, na que se realizan esas construcións e se cantan esas coplas para conmemorar a aparición das flores e dos primeiros froitos.

🎨 Debuxo de Agustín Portela incluído en 'Adral' (1979) de Xosé Filgueira Valverde
✒️ Versos populares que abren o poema "O maio" de Curros Enríquez

https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/maio

¿Quieres que tu empresa sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección

Escola De Vilanova, Nº 43/1º Andar/Recesende/Teo
A Coruña
15895