Chicharrón

14/12/2023

Bo día!
Sentimos comunicar que, por culpa dunha amigdalite bacteriana, temos que adiar o concerto deste sábado para o vindeiro 12 de xaneiro.
Dános moita rabia, pero esperamos vervos a todas o venres 12 en La Disfrutona del Orzán, dentro do ciclo Concertos de Retroalimentación Blog !!!!
Felices festas!!!❤

11/12/2023

Temos moitas ganas de que chegue este sábado 16 para tocar nos concertos de Retroalimentación Blog en La Disfrutona del Orzán! Será o noso último concerto do ano e, probablemente, o máis longo.
Se queres vir, haberá dúas entradas: unha a 7 euros, e outra especial Nadal a 10 co vinilo de Unha fogueira intacta!!
Vémonos alí!!! ❤🤶🎅🤶❤
📸 Pablo Mella

20/11/2023

pois fíxonos moita ilusión que Edicións Defectuosas nos dedicara o seu último fanzine e, ademais, non poderiamos imaxinarnos un resumo mellor dos nosos primeiros 10 anos, así que... Grazas!!! 🖤🖤🖤

25/09/2023

Que guai estivo este sábado o Festival Mar de Mares!
Moitas grazas a todas as que o fixeron posible e a todas as que viñestes!
Mara Perez, Rosalía Fernández Rial e Alberto Martínez Vecino navegamos xuntas desde o Tándem Festival, e cada vez pasámolo mellor!!
Vémonos na próxima!!! 💙💙💙
📸 Ángeles Huerta

19/09/2023

Boas! Informámosvos de que este sábado 23 de setembro estaremos a tocar na explanada de O Parrote ás 13:00, dentro do imprescindible Festival Mar de Mares!!!
Seguimos navegando 💙💙💙

Aquí toda a programación:
https://festivalmardemares.org/actividades/mercado-mar-de-mares/ #

"Quixemos facer un disco de amor á vida e de celebración dos dez anos do grupo" - Praza Pública 25/08/2023

E aquí deixamos unha marabilla de entrevista que a gran Montse Dopico lle fixo a Alberto Martínez Vecino para Praza Pública!
Feliz fin de semana a case todas!!! 💛
Con Rosalía Fernández Rial Ferror Records Esquío booking y eventos

"Quixemos facer un disco de amor á vida e de celebración dos dez anos do grupo" - Praza Pública Chicharrón nacera para ser un grupo máis de luz que de escuridade, pero o autor das súas letras, Alberto Vecino, sufriu varias perdas que conduciron pola senda da tristeza. Ata este novo disco, O que nos queda por non dicir, co que veu a tranquilidade e a felicidade

22/08/2023

Que guai isto que escribe a gran Belém Tajes no Sermos Galiza do Nós Diario!
Grazas e feliz verán!!! 💛

20/07/2023

Isto é o que soará no noso corazón o domingo... e esperamos que algo así soe no da maioría de xente!
Feliz !!
A votar/ a votar/ ata enterralos no mar!!!
❤🧡💛💚💙💜🤍🤎🖤
Alberto Martínez Vecino

Los Discos del Mes: PJ Harvey, T.A.B., Anohni & The Johnsons... - BI FM 19/07/2023

" Un ejemplo más de que la calidad y la fama no van necesariamente de la mano es el grupo gallego Chicharrón, que publica ya su sexto trabajo para el goce de los enterados. Aunque sigue en parte la estela de su anterior trabajo, con un sonido más acústico y popular acentuado por el acordeón de Rosalía Fernández, con poco protagonismo de la batería, se aprecian ciertas diferencias. Simplificando mucho, alguien podría tirar de las bandas herederas de The Velvet Underground en sucesivas décadas, pero aquí entra también el apasionamiento de aquellos grupos de chicas producidos por Phil Spector como en «Instante de area» con el magnífico juego de voces de Alberto y María. Aunque en «Beleza e bondade» suenan más punzantes, han dejado atrás ese tipo de temas más rasposos tipo Ilegales para teñirlo todo de belleza melódica."

Eskerrik asko BI FM ! ❤🧡💛💚💙💜🤍🤎🖤

Bicos para tod@s, menos para os fascistas!!!

Rosalía Fernández Rial Esquío booking y eventos Marcos Gendre Alberto Martínez Vecino Ferror Records

Los Discos del Mes: PJ Harvey, T.A.B., Anohni & The Johnsons... - BI FM También Él Mató A Un Policiía Motorizado, Chicharrón, Lloyd Cole y el líder de Fontaines D.C., Grian Chatten, en solitario.

Chicharrón 16/07/2023

La sombra de Beat Happening, el tótem de la expresión lo-fi, se despliega a lo largo de “O que nos queda por non decir”. Sobresale la sensación de estar ante una excitante reformulación de Chicharrón, el grupo cantando en gallego más importante de lo que llevamos de siglo.

✍️ Marcos Gendre

Ferror Records Esquío booking y eventos Mara Perez Rosalía Fernández Rial Alberto Martínez Vecino

Chicharrón

Chicharrón 10/07/2023

Ola! Aquí vos deixamos a crítica de O que nos queda por non dicir que Marcos Gendre firma en Rockdelux .
Mil grazas a Marcos por escribila con tanto cariño, e mil grazas á Rockdelux por dar visibilidade en todo o estado a obras escritas en linguas minorizadas, algo que hoxe en día é máis importante que nunca.
Feliz verán a tod@s menos aos fascistas!
🖤
Ferror Records Mara Perez Alberto Martínez Vecino Rosalía Fernández Rial Esquío booking y eventos

https://www.rockdelux.com/discos/chicharron---o-que-nos-queda-por-non-decir?utm_medium=Social&utm_source=Twitter&fbclid=IwAR3OBilqJqy4rdsOSHpTnOQrZv2kWmONYPOnv7Ih322_MGItt_BZPeZN2sE =1688983961-1

Chicharrón Crítica de “O que nos queda por non decir” (2023), disco de Chicharrón, en Rockdelux. Por Marcos Gendre

19/06/2023

A nosa primeira vez en Ferrol non podía ser nun sitio mellor, nin xunto a mellor xente! Grazas a todas por todo!!!💛
📸 Pablo Mella

14/06/2023

E este sábado inauguramos os Solpores en Canido... Vide!!! 🌞🪗🎸🥁💛🌛

12/06/2023

Boas! Para ser coherentes, nos concertos de presentación de O que nos queda por non dicir estamos a dicir moi poucas cousas, pero si que desde aquí queriamos dicir GRAZAS a todas as que fixeron posible o noso concerto do sábado no ciclo .C Estrella Galicia, e a todas as que viñestes. 💛
Vémonos o sábado no de Ferrol!!!

05/06/2023

Somos fans de Belén Regueira desde hai moito tempo, así que foi unha gran honra para nós falar con ela no Diario Cultural sobre o noso novo disco, o novo videoclip, o noso fundador Alberto Gende - Obra pictórica, e os nosos próximos concertos...
Por certo, se queredes, vémonos o sábado na Praza Josep Sellier Loup. de A Coruña ás 13h. dentro do ciclo .C de Estrella Galicia
🍋🪗🥁🎸💛

http://www.diariocultural.gal/radio-galega/chicharron-este-disco-reivindica-o-indie-que-agora-esta-moi-deostado/

02/06/2023

O que nos queda por non dicir é o noso disco máis indie, así que era necesario presentalo no necesario Ondas Indies.
Aquí deixamos o podcast!
E lembrade que xa podedes escoitar o disco, ver o videocip de Instante de Area, e vernos a nós o sábado 10 na Coruña no ciclo . C de Estrella Galicia !!
Feliz finde a todas!!!

Ondas Indies do día: 01/06/2023 | CRTVG CRTVG - Corporación Radio e Televisión de Galicia

Chicharrón: "Os discos son paisaxes emocionais, e agora estamos felices de moi diversas maneiras" 27/05/2023

Bo día a todas! Aquí podedes ver, mentres reflexionades, a Rosalía Fernández Rial e a Alberto Martínez Vecino falando onte con Pilar Garcia Rego no ZigZag TVG, sobre o novo disco, o novo videoclip, os próximos concertos, e a felicidade en xeral! 💛🎸🥁🪗🍋

Chicharrón: "Os discos son paisaxes emocionais, e agora estamos felices de moi diversas maneiras" O disco gravouse no local de ensaio para que o son expresase a felicidade e frescura dun novo comezo Próximo concerto de Chicharrón: 10 de xuño na praza José Sellier Loup da Coruña 

22/05/2023

Boas! Informamos de que o noso próximo concerto será o 10 de Xuño na praza Josep Sellier Loup de A Coruña ás 13:00h!
VÉMONOS ALÍ!!! 🥁🪗🎸🍋🖤
-

19/05/2023

Divertímonos moitísimo tocando na Ferror Party! Moitas grazas ás que viñestes, á Sala Malatesta , a Esquío booking y eventos e a Ferror Records... por resistir!!!
Feliz finde a todas!
📸Fotón de Pablo Mella

17/05/2023

Pois se tedes 25 minutos xa podedes escoitar O que nos queda por non dicir nas vosas plataformas favoritas!
O noso sexto disco reflexiona sobre a felicidade en todas as súas formas, e estamos moi orgullosas del, porque demostra que, despois de dez anos, aínda non perdemos a inxenuidade!!
O título está inspirado nun verso de Ida Vitale, e a portada é un cadro inacabado de Alberto Gende - Obra pictórica!!!
Ven celebralo connosco hoxe na Sala Malatesta de Santiago. . . e feliz a todas🎸🥁🪗💛🎆
(Máis info en comentarios)

https://open.spotify.com/album/1g2xNHdWUJiNn01qCdVhbP?si=4FGfG5CWT3a6Z_mjx2GrDA&context=spotify%3Aalbum%3A1g2xNHdWUJiNn01qCdVhbP

https://chicharron.bandcamp.com/album/o-que-nos-queda-por-non-dicir

"Instante de area". O videoclip que Chicharrón' fixo na casa das amigas - Vinte 16/05/2023

Aquí está o videoclip de Instante de area!
Moitas grazas a Yolanda Castaño , Alfonso Zarauza , María Yáñez Anllo , Pablo Mella, Teresa Cuíñas e Antía Otero polas gravacións.
Moitas grazas a Juan Lesta por darlle forma.
E moitas grazas a VINTE por estrealo!

Vémonos mañá!!!! 🎸📸🎙🥁🪗🖤

"Instante de area". O videoclip que Chicharrón' fixo na casa das amigas - Vinte Presentamos en primicia o novo videoclip  de Chicharrón na véspera do lanzamento do seu sexto álbum. «Este inverno fixemos unha xira moi especial na que presentamos o sexto disco de Chicharrón, 'O que nos queda por non dicir', nos salóns de seis persoas; todas elas amigas que foron moi im...

15/05/2023

E mañá en VINTE...
Estreamos videoclip!!!

10/05/2023

Xa temos a data da estrea de O que nos queda por non dicir:
Será xusto nunha semana, o vindeiro mércores 17 de maio ( ), e así poderás escoitalo pola mañá nas túas plataformas favoritas e pola noite en directo na Sala Malatesta de Santiago!!!
LEDICIA!!! 🪗🥁🎸❤🎆
📸 Ángeles Huerta

02/05/2023

Dixéronnos que había algún problema coa nosa última publicación, así que aquí deixamos outra vez o cartel do noso próximo concerto, e a playlist que fixemos con grupos que nos inspiraron para facer O que nos queda por non dicir e para a vida en xeral. Moi pronto videoclip, disco completo...
ALEGRÍA!!! 🎸🪗🥁❤❤❤
https://open.spotify.com/playlist/0KFJFOxsED0mv0pYVTgWMc?si=d4c02206c8e946ad

17/04/2023

Rosalía Fernández Rial ao acordeón electrónico pasado por pedais, Mara Perez á percusión minimalista pasada por pedais e á voz, e Alberto Martínez Vecino á guitarra eléctrica pasada por pedais e á outra voz; somos a enésima formación de Chicharrón e, despois de tocar en Pontevedra o sábado, podemos dicir que tamén unha das máis divertidas!
Grazas ao Concello de Pontevedra, ás organizadoras, a Urdime, e a todas as que viñestes!!
Vémonos o na Sala Malatesta de Santiago presentando o novo disco xa, O que nos queda por non dicir!!!
📸 Pablo Mella 🖤
🎸🪗🥁❤🔥

14/04/2023

O último día que tocamos foi o , mañá tocaremos en Pontevedra no , e o seguinte será no ! Só tocamos en días importantes así que... Ven!
P.D E lembra que xa podes escoitar a canción máis lo-fi e divertida de Chicharrón nas túas plataformas!! 🥁🪗🎸💜💜💜
https://spotify.link/9qFkwe0cZyb
Rosalía Fernández Rial Alberto Martínez Vecino Urdime Ferror Records

05/04/2023

E o sábado 15 de abril, O Día Mundial da Arte, comezaremos a presentar o noso novo disco (O que nos queda por non dicir) en Pontevedra.
E non se nos ocorre unha maneira mellor! Vémonos alí!! 🥁🪗🎸💕

03/04/2023

Xoán (o colaborador máis novo de Chicharrón) cumpre 6 anos o luns 10 de abril, así que, como agasallo, eliximos ese día para publicar Instante de Area, a canción do próximo disco na que el canta, e unha das que máis nos divirte tocar.
Feliz semana a todas!!!!
📸A portada é unha foto que fixo Mara no Bosque do Añón no Concello de Carballo

Mara Perez Rosalía Fernández Rial Alberto Martínez Vecino Esquío booking y eventos Ferror Records

22/03/2023

Foi moi fermoso o recital que organizou onte Miguel Anxo Fernán Vello en Espiral Maior Foro para celebrar o . E foi unha honra para nós participar, tocando cancións que fixemos a partir de obras de Yolanda Castaño , Antía Otero e da nosa Rosalía Fernández Rial.
Feliz primavera a todas!!! 🌼🐝
📸 Marema

17/03/2023

Pois si, será toda unha honra e un pracer tocar algunhas cancións no Espiral Maior Foro , de Miguel Anxo Fernán Vello, para celebrar o día mundial da poesía xunto a tanto talento! Vémonos o martes!!

12/03/2023

Onte rematamos a nosa pequena xira no salón de Antía Otero, e non poderiamos imaxinar un peche mellor. Foi superemocionante para nós tocar ao seu lado Na cela e O que nos queda por non dicir, e un enorme privilexio compartir unhas horas con xente tan linda. Un millón de grazas a Antía, Mara, Airas e Martiño Noriega Sánchez pola súa hospitalidade, e a todas as que viñestes!!!💜💜💜
Alberto Martínez Vecino Rosalía Fernández Rial Mara Perez

Photos from Chicharrón's post 06/03/2023

Este sábado tivemos dobre sesión da nosa xira por salóns e, como en todos os pisos ata o de agora, foron dous concertos moi diferentes pero igual de especiais. Moitas grazas a María Yáñez Anllo e a Pablo Mella por acollernos, e a todas as que viñestes! 🪗🥁🎸🎆🖤
Alberto Martínez Vecino Rosalía Fernández Rial

Chicharrón - Cando Devala 01/03/2023

En Carballo levamos toda a vida vendo como os fogos artificiais pechan as festas do San Xoán, así que nós pensamos que tamén serían o mellor final para a nosa Erosión, neste primeiro aniversario da súa publicación. Hoxe, 1 de marzo de 2023, estreamos o videoclip de Cando Devala, canción que pecha o disco, e que dedicamos a Teresa no que sería o seu 69 aniversario 🎆🎆🎆
Ferror Records Esquío booking y eventos Rosalía Fernández Rial Alberto Martínez Vecino

Chicharrón - Cando Devala Clip oficial de Cando Devala, pertencente a Erosión (Ferror Records 2022), álbum publicado o 1 de marzo de 2022 como agasallo a Teresa, a nai de Alberto, no ...

26/02/2023

Onte a nosa xira por salóns pasou polo da nosa querida Teresa Cuíñas, e foi un privilexio para nós compartir con ela e coas súas amigas un atardecer tan emocionante!!! Grazas por acollernos!!! 🖤🖤🖤🥁🎸🛋🪗 César Acevedo Rosalía Fernández Rial Alberto Martínez Vecino

08/02/2023

Alfonso Zarauza é unha das persoas máis queridas por Chicharrón, e tamén una das persoas á que máis temos que agradecerlle, así que era xusto e necesario que a nosa xira por salóns pasase polo seu!🖤🖤🖤
Que ganas de que chegue o sábado!!! 🪗🥁🎸🛋

¿Quieres que tu figura pública sea el Figura Pública mas cotizado en Carballo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Dirección

Carballo
Otros Músico/grupo de música en Carballo (mostrar todas)
KILLER CATS KILLER CATS
Carballo, 15100

The rockabilly band. Carballo - La Coruña Contratación: 626 610 852 - Juanjo Vales

CURUXa CURUXa
Carballo, 15100

Proyecto de folk instrumental nacido en pandemia y confinamiento.

AmenazaDeMuerte AmenazaDeMuerte
Carballo

(Estilo) Death Metal/Deathcore/Beatdown. (Localización) Malpica de Bergantiños, Galicia, España.

Rusty Nuts Rusty Nuts
Carballo

Banda carballesa de Punk Rock --------------------------------------------------- Punk rock band from Carballo

AULA 11 AULA 11
Rua Do Pan, Pazo Da Cultura
Carballo

Contacto: [email protected]

Duo Platino Duo Platino
Carballo, 15100

Amenizamos cualquier tipo de evento con lamejor musica para bailar cumbias,merengues,pasodobles,rock