Comercio Xusto SIG, La Coruña Videos

Videos by Comercio Xusto SIG in La Coruña. Tenda de comercio xusto impulsada por Solidariedade Internacional de Galicia.

🌍🥥Cuncas de coco de comercio xusto🥥🌍

Cada cunca é unha peza única, feita a man por artesáns/as elaborados de maneira sostible 💚.
#comercioxusto #consumoresponsable #fairtrade

Other Comercio Xusto SIG videos

🌍🥥Cuncas de coco de comercio xusto🥥🌍 Cada cunca é unha peza única, feita a man por artesáns/as elaborados de maneira sostible 💚. #comercioxusto #consumoresponsable #fairtrade

Descobre os nosos cadernos de papel reciclado, feitas a man con amor e responsabilidade social 💚 Úneche ao cambio sostible! #ComercioXusto #fairtrade #consumoresponsable #papelreciclado♻️

#AquíeAcoláOXusto #SolidariedadeInternacional #ComercioXusto #fairtrade #agriculturaecològica #ConsumoLocal #comerciojusto #EconomíaSolidaria #consumoresponsable #bio

E ti… es máis de mochila ou de faldriqueira? 🤔 Con estes deseños tan chulos, nós somos de todo!!Tanto unhas coma outras son ideas moi guais para agasallar este nadal, así que xa podedes ir tomando nota para estas datas que se achegan!!🎁🎄 E non dubidedes en visitarnos nas nosas tendas, que temos moitas máis cousiñas chulas e estaremos encantadas de aconsellarvos.🥰 #ComercioXusto #consumoresponsable #EconomíaSolidaria #comerciojusto #fairtrade #Ourense #Pontevedra #ACoruña #SolidariedadeInternacional

Chegaron os nosos preciosos Beléns do mundo🌎. Feitos de maneira artesanal por pequenas cooperativas de Comercio Xusto🙌. Achégate as nosas tendas e bota unha ollada. #SolidariedadeInternacional #ComercioJusto #Fairtrade #ComercioXusto #ConsumoResponsable #Bio #AgriculturaEcológica #Coruña #Ourense #Pontevedra #ConsumoLocal #EconomíaSolidaria

Hoxe queremos compartir con vós un videíño no que podedes ver os nosos espazos de participación social de Ourense e Pontevedra!📹 Como sabedes, dende Solidariedade Internacional de Galicia queremos que as nosas tendas sexan moito máis que iso. Queremos que sexan espazos abertos, que estean a disposición de todas as persoas, asociacións e colectivos que precisen un espazo para levar a cabo unha iniciativa, sempre que estea acorde cos principios da nosa entidade. Na anterior publicación podedes atopar máis información sobre as medidas dos nosos espazos e os recursos cos que contan, mais, como sabemos que unha imaxe vale máis que mil palabras, queriamos ensinárvolos en primeira persoa. Podedes poñervos en contacto con nós a través dos mails ou teléfonos indicados na publicación para recibir máis información.

Dende Solidariedade Internacional de Galicia estamos traballando para darlle unha volta ao modo no que vemos o comercio xusto porque pensamos que é necesario #AquíeAcoláOXusto. Por iso, ao longo destas semanas imos realizar actividades da man do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nos concellos de @Concello de Laxe , Concello de Pontedeume , Concello de Ames e Concello de Barreiros, para poder achegarvos máis preto que nunca os valores sobre os que se sustenta o comercio xusto e a importancia das nosas accións como consumidorxs. Non lle quites ollo ás nosas redes sociais, súmate #AquíeAcoláOXusto

📢 Lembrade!! Hoxe as nosas tendas estarán pechadas, aproveitamos para recargar pilas 🔋🔋!! Vémonos o luns❗ #SolidariedadeInternacional #ComercioJusto #Fairtrade #ComercioXusto #ConsumoResponsable #Bio #AgriculturaEcológica #Coruña #Ourense #Pontevedra #ConsumoLocal #EconomíaSolidaria

Xentiña de 𝙋𝙤𝙣𝙩𝙚𝙫𝙚𝙙𝙧𝙖! Estamos encantadas de convidarvos á inauguración da nosa nova tenda que terá lugar 𝗺𝗮𝗻̃𝗮́ 𝗱𝗶́𝗮 𝟭𝟮 𝗱𝗲 𝘅𝗮𝗻𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗮́𝘀 𝟭𝟵:𝟬𝟬𝗵, no noso novo local situado nas mesmas Galerías Oliva: 𝗻𝗮 𝗿𝘂́𝗮 𝗱𝗮 𝗢𝗹𝗶𝘃𝗮, 𝟮, 𝗹𝗼𝗰𝗮𝗹 𝟭𝟯. Alí estaremos agardándovos cun pequeno petisco e toda a nosa ilusión pola nova etapa que comeza!🥳 Así que xa sabedes, anotade a data nas vosas axendas 📝 e acompañádenos no comezo desta andaina que, agardamos, será moi longa e cargadiña de cousas boas.🥰 #Pontevedra #SolidariedadeInternacional #ComercioXusto #Fairtrade #Agriculturaecológica #ConsumoLocal #Comerciojusto #EconomíaSolidaria #Consumoresponsable #Bio

STOP MOTION COMERCIO XUSTO