BNG Pontevedra

BNG Pontevedra

Páxina oficial do Bloque Nacionalista Galego en Pontevedra

O nacionalismo é a resposta contra unha situación de dependencia económica, opresión cultural e política de Galiza que imposibilita a transformación e benestar da sociedade. Defende un programa para a gran maioría da sociedade galega.

* Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional.

* Defensa da democracia e dos intereses populares.

* Necesidade de au

26/06/2024

Coma sempre, o PP contra Galiza

O BNG propón no Parlamento a gratuidade universal dos libros de texto e material escolar que precisa o alumnado no ensino obrigatorio.

✅ Un sistema que, entre 2005 e 2009, cando gobernaba o BNG, aforrou cartos públicos e liberou de moita burocracia aos centros educativos.

❌ A medida non saíu adiante cos votos en contra do Partido Popular.

Photos from Miguel Anxo Fernández Lores's post 23/06/2024
17/06/2024

Este sábado, ás 20 h, celebraremos no Teatro Principal os 25 anos de goberno nacionalista que transformaron Pontevedra. Un acto ollando a todo o que se leva feito, pero ante todo, ollando ao futuro, ao que está por vir!

Photos from BNG Pontevedra's post 13/06/2024

Onte comezaron os actos de celebración dos XXV anos do BNG construindo futuro en Pontevedra.
María Núñez e César Mosquera presentaron, da man de Ana Cabaleiro, o seu libro “Unhas pinceladas sobre Lores”, que repasa, ao longo de 96 páxinas, parte da traxectoria do Alcalde en base a anécdotas e historias da seu percorrido político ata o de agora.
Poderán conseguirse máis exemplares no acto que se realizará o 22 de xuño ás 20 h no Teatro Principal.

05/06/2024
Photos from BNG Pontevedra's post 15/04/2024

O deputado Luis Bará Torres presentou nestes días os eixos de traballo do BNG para o inicio da lexislatura. Entre outras cuestións, entre as que se atopan a ampliación de solo empresarial, a sanidade pública ou a mellora das rías, o BNG continuará a facer unha oposición forte e contundente, mais tamén construtiva, durante a lexislatura que comeza.
+info: https://pontevedra.bng.gal/articulo/novas/ampliacion-da-dotacion-solo-empresarial-mellora-ambiental-produtiva-das-rias-mellora-da-sanidade-publica-da-rede-viaria-linas-basicas-do-traballo-do-bng-parlamento-galego/20240405175636003551.html

Photos from BNG Pontevedra's post 09/04/2024

O Alcalde de , Anxo Fernández Lores anunciou esta mañá unha ofensiva política contra Costas para que se realice o Paseo a Marín. "Nós temos dentro do noso xeito de actuar a lealdade institucional con todas as administracións e ofrecer a máxima colaboración, pero de ningunha maneira imos aceptar que non se cumpra co paseo a Marín xa que vai en contra dos intereses dos pontevedreses, dunha enormísima maioría da veciñanza"

Photos from BNG Pontevedra's post 03/04/2024

Malia a resolución das Nacións Unidas que exixe un cesar-fogo inmediato en , Israel anuncia que continuará co xenocidio do pobo palestino. Cómpre saírmos ás rúas, manifestarnos para que os gobernos se posicionen e freen o xenocidio israelí. Hoxe concentrámonos en , e o vindeiro 15 de abril volveremos facelo para dicir alto e claro que vencerá!

29/01/2024

Este venres 2 de febreiro abrimos campaña en coa presenza de Ana Pontón, Marta Gómez Martín, Miguel Anxo Fernández Lores e Luis Bará Torres.
Achégate ao Pazo da Cultura para coñecer as nosas propostas e comezar a construír un tempo novo!
No queremos unha forte, xusta, viva e con futuro. Xuntas seremos capaces de facela posíbel a partir do

Pontón debulla en Pontevedra o seu programa económico para que Galicia "aproveite a súa riqueza e potencial" - Pontevedra Viva 25/01/2024

Pontón debulla en Pontevedra o seu programa económico para que Galicia "aproveite a súa riqueza e potencial" - Pontevedra Viva "Estamos a tempo de cambiar o rumbo e introducir as transformacións que nos permitan avanzar e crecer de xeito sostible", defendeu a líder nacionalista, que prometeu buscar "grandes...

Photos from BNG Pontevedra's post 09/01/2024

Hoxe Miguel Anxo Fernández Lores explicou en rolda de prensa algunhas das consecuencias da non aprobación dos Orzamentos 2024. PP e PSOE fan piña novamente en cuestións que van contra o modelo de cidade e que impiden mellorar a calidade de vida da veciñanza, poñendo en risco fondos europeos e atrasando (ou incluso provocando a perda) actividades, convenios, subvencións, contratos ou obras.

Photos from BNG Pontevedra's post 07/01/2024

Hoxe fanse seis meses da toma de posesión do novo Goberno provincial na Deputación e no BNG témolo claro: logo de meses de parálise e decisións moi desafortunadas, o PP está a intentar reconducir a situación e, se puidera, “borraría gran parte” dos anuncios iniciais sobre Santa Clara, Revitaliza, Ágora, o Museo ou as novas subvencións aos concellos da provincia

Photos from BNG Pontevedra's post 02/01/2024

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores realizou hoxe un novo chamamento ao sentido común á hora de evitar que continúe a parálise económica que do Concello provocada por PP e PSOE se seguen sen aprobarse os orzamentos do 2024

Photos from BNG Pontevedra's post 29/12/2023

A sintonía PP-PSOE para frear o avance de Pontevedra é evidente. Desde logo, nós non imos renunciar a facer desta unha cidade mellor aprobando uns orzamentos que sigan facendo de Pontevedra unha cidade dinámica e de vangarda.

Emprazamos aos grupos a un novo pleno na próxima semana para tratar de chegar a un acordo para seguirmos a mellorar . Como dixo o Alcalde, se non se quere entrar nesta liña de avance que ten Pontevedra, que se busque outra alternativa.

Pontón: "A las fuerzas estatales, trasladar sus batallitas a Galicia, les va a pasar factura" 27/12/2023

Pontón: "A las fuerzas estatales, trasladar sus batallitas a Galicia, les va a pasar factura" La portavoz nacional del BNG se ve preparada para "hacer historia" en los próximos comicios, "muy abiertos"

Photos from BNG Pontevedra's post 12/12/2023

Nas próximas semanas, Alberto Oubiña reincorporarase ao traballo municipal en substitución de Carme da Silva, encargándose das áreas de Ordenación do territorio e do ambiente natural, urbanismo, disciplina ambiental e urbanística. Xestión urbanística e ambiental. Actuacións en materia de vivenda, ARI’s. Patrimonio histórico edificado e etnográfico.
Hoxe o alcalde deu a coñecer esta nova e agradeceu o traballo da senadora Carme Da Silva e tamén de Carme Fouces, nº 10 da lista, que decidíu continuar a desenvolver a súa labor como docente no ensino público.

Photos from BNG Pontevedra's post 28/11/2023

A compañeira Carme da Silva anunciou hoxe que deixa o Concello para adicarse “ao 100% a que Pontevedra e Galiza teña capacidade de influencia no Estado”.
Acompañada do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, Carme recoñeceu que “sempre serei concelleira de Pontevedra”, cargo que ocupou desde 1995. Agora terá unha nova ocupación a prol da cidade “impulsando asuntos de Pontevedra en Madrid”.

Unha boa noticia porque, como dixo Lores, “Pontevedra gaña unha concelleira que estará destinada en Madrid”.

Photos from BNG Pontevedra's post 25/11/2023

Detrás dos números hai vidas estragadas pola violencia machista.

As mulleres asasinadas por violencia machista son a punta do iceberg dun sistema no que as mulleres son desprezadas, maltratadas, marxinadas, violadas…

Combateremos toda forma de violencia machista para construír unha sociedade na que as mulleres sexan libres.

Photos from BNG Pontevedra's post 13/11/2023

O BNG fará reaxustes nos proxectos incluidos no plan de sostemento turístico en destino, para os que Pontevedra recibiu 2,4 millóns de euros de fondos europeos. O obxectivo é intentarmos non perder os cartos porque os prazos para executar as obras están moi axustados.

Photos from BNG Pontevedra's post 09/11/2023

Hai unha semana coñeciamos os orzamentos da Deputación para 2024. Uns orzamentos que supoñen acelerar a volta atrás que o PP está a consumar desde que chegou ao goberno en xuño. Os concellos e a veciñanza serán os peor parados deste retroceso be***al

Photos from BNG Pontevedra's post 07/11/2023

No BNG - Bloque Nacionalista Galego chegamos a un acordo co PSOE para a investidura de Pedro Sánchez. Este acordo ten unha serie de compromisos para o futuro goberno, entre os cales se atopan cuestións que afectan directamente a

Photos from BNG Pontevedra's post 27/10/2023

Hoxe Miguel Anxo Fernández Lores anunciou o Proxecto de Orzamentos para 2024 do Concello de Pontevedra. Deixámosche aquí unhas claves para comprendelo mellor

25/10/2023

👉O parque eólico do Acibal, que afecta tamén ao concello de Pontevedra, foi paralizado cautelarmente polo TSXG. Non obstante, tal e como denuncia o colectivo Amil sen eólicos, as obras seguen en marcha, e o concello de Moraña ausente.
Desde o BNG seguimos con atención as novas, para evitar a destrución patrimonial e natural do monte Acibal

🚨𝗠𝗼𝗶 𝗴𝗿𝗮𝘃𝗲: ‼️ 𝗢 𝗴𝗼𝗯𝗲𝗿𝗻𝗼 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹 𝗱𝗼 𝗣𝗣 𝗺𝗶𝗿𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼𝘂𝘁𝗿𝗼 𝗹𝗮𝗱𝗼 𝗮 𝗽𝗲𝘀𝗮𝗿 𝗱𝗼 𝗮𝘂𝘁𝗼 𝘅𝘂𝗱𝗶𝗰𝗶𝗮𝗹 𝗽𝗮𝗿𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗮𝘀 𝗼𝗯𝗿𝗮𝘀

👉 Mensaxe do colectivo Amil sen eólicos:

"📰 Hoxe saímos nun montón de medios, xa o veriades... nalgúns casos acompañados de propaganda das eólicas, como ven sendo común estes meses. Nós seguimos celebrando esta pequena victoria, que é de todos!

🏗️ Lamentablemente hoxe *𝗻𝗼 𝗔𝗰𝗶𝗯𝗮𝗹 𝘀𝗶𝗴𝘂𝗲𝗻 𝘁𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗮𝗻𝗱𝗼* 𝗮 𝗽𝗲𝘀𝗮𝗿 𝗱𝗼 𝗮𝘂𝘁𝗼 𝘅𝘂𝗱𝗶𝗰𝗶𝗮𝗹. Xa se chamou ao concello para que enviaran ao Policía Local, pero din que ante o auto cabe recurso... cero sorpresas vindo de quen podía ter parado esto en Marzo.

‼️ O que nos dí o avogado que está detrás da causa e que hai un *auto notificado onte*, e q ainda q non é firme, é claro en canto á paralización e *pódese pedir que q o fagan cumplir*.

------------ ---------- -------
👉 𝗗𝗲𝗻𝗱𝗲 𝗼 𝗕𝗡𝗚 𝗲𝘀𝗶𝘅𝗶́𝗺𝗼𝘀𝗹𝗹𝗲 𝗮𝗼 𝗔𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲 𝗲 𝗮𝗼 𝘀𝗲𝘂 𝗴𝗼𝗯𝗲𝗿𝗻𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗲 𝗽𝗼𝗻̃𝗮𝗻 𝗱𝘂𝗻𝗵𝗮 𝘃𝗲𝘇 𝗱𝗼 𝗹𝗮𝗱𝗼 𝗱𝗮 𝘃𝗲𝗰𝗶𝗻̃𝗮𝗻𝘇𝗮 𝗲 𝗱𝗼 𝗻𝗼𝘀𝗼 𝗽𝗮𝘁𝗿𝗶𝗺𝗼𝗻𝗶𝗼 𝗲 𝗳𝗮𝗴𝗮𝗻 𝘁𝗼𝗱𝗼 𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗲𝘀𝘁𝗮́ 𝗻𝗮𝘀 𝘀𝘂𝗮𝘀 𝗺𝗮𝗻𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗰𝘂𝗺𝗽𝗿𝗶𝗿 𝗼 𝗮𝘂𝘁𝗼 𝘅𝘂𝗱𝗶𝗰𝗶𝗮𝗹

Photos from BNG Pontevedra's post 23/10/2023

Cómpre un cambio galego para que Galiza avance!
O decadente goberno da Xunta do PP presentou nestes días uns orzamentos que resultan decepcionantes, desesperanzados e que non deixan perspectivas de futuro para Pontevedra. Nin inclúen partidas necesarias para continuar a avanzar, nin resolven os problemas do pasado.

Néstor Rego e Carme da Silva fan entrega en Madrid das credenciais como deputado e senadora 11/08/2023

Néstor Rego e Carme da Silva fan entrega en Madrid das credenciais como deputado e senadora Reiteran o compromiso do BNG en defender os intereses da Galiza nas institucións do Estado e en traballar por avanzar en investimento e políticas sociais.

Bará esixe a Rueda que exerza de presidente da Xunta e deixe o servilismo ao PP na defensa dun financiamento xusto co País 08/08/2023

Bará esixe a Rueda que exerza de presidente da Xunta e deixe o servilismo ao PP na defensa dun financiamento xusto co País O BNG non renuncia ao sistema de concerto pero fai de novo unha proposta alternativa para chegar a un acordo de mínimos que permita avanzar na soberanía fiscal e financeira de Galiza

Pontevedra lanza o ‘Plan Mercado’ co obxectivo de dinamizar e actualizar o espazo do Mercado e toda a súa contorna 04/08/2023

Ven de presentarse "Plan Mercado", unha iniciativa para dotar de nova vida para a praza de abastos de Pontevedra e a súa contorna

Pontevedra lanza o ‘Plan Mercado’ co obxectivo de dinamizar e actualizar o espazo do Mercado e toda a súa contorna Pontevedra, 3 de agosto de 2023. O Concello de Pontevedra ven de poñer en marcha...

Videos (show all)

Hoxe coñecemos a Elisa. Unha moza pontevedresa que cumpre 25 anos e traballa na cidade. Orgullosa da cidade. Que veñan 2...
Adán é un mozo de #Pontevedra que cumpre 25 anos. Medrou cun goberno do BNG que transformou a cidade e quere seguir a fa...
25 anos construíndo #Pontevedra25 anos de goberno nacionalista para transformar unha cidade gris, triste e anodina nunha...
Con forza, imos cara a segunda semana de campaña!Vota o 9-X por unha Galiza presente en Europa. Vota BNG! Vota #AVozGale...
Grazas a todas polo éxito de hoxe! Imos con esperanza e alegría, camiño de lograr ter #AVozGalegaEnEuropa !!
Ana Pontón e Ana Miranda se achegaron hoxe até Pontevedra para colaborar nos preparativos do mitin de mañá na Praza do T...
Hoxe @luisbaratorres participou en Compostela na multitudinaria manifestación que convocaron máis dun cento de colectivo...
César Mosquera advirtíu hoxe no Pleno da Deputación que cargarse a Dirección profesional do Museo e poñer a un deputado ...
Hoxe Marta Gómez e Sabela Bará demandaron a creacuón dun parque público de vivenda, que teña á mocidade como un actor pr...
Carme da Silva insta á mocidade ecoloxista, rebelde e orgullosamente galega a confiar no BNG para que Galiza conte no Co...
Contaminación acústina na AP9 en Poio

Opening Hours

Monday 10:00 - 14:00
Tuesday 10:00 - 14:00
Wednesday 10:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Thursday 10:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Friday 10:00 - 14:00
17:00 - 20:00