QVC-Buy 2 Save 50%

Abrimos a páxina para informarvos da nosa actividade e convidámosvos a que nos visitedes. Devagar iremos engadindo contidos. Saúdos.

Grupo de teatro Alexandre Bóveda - Agrupación Cultural

20/01/2023

O día 20 de xaneiro de 1870 amotináronse en Dozón (Pontevedra) máis de 1.000 labregas e labregos. As revoltas contra o pagamento dos foros e outros impostos abusivos foron unha constante no agro galego durante a última metade do século XIX e o no primeiro terzo do século XX. Con motivo dos pronunciamentos de 1868, que deron lugar á lª República, púxose de manifesto o descontento xeral entre os campesiños con revoltas continuadas por todo o país. En Dozón, as labregas e labregos con apeiros de labranza enfrontáronse ás forzas da orde e a Garda Civil viuse obrigada a pecharse no cuartel para non ser agredida.
(Imaxe de Leandro Lamas para o monográfico de SermosGaliza «Rebeldía Galega contra a inxustiza»)

Uxío Novoneyra: do Courel a Compostela - AC Alexandre Bóveda 20/01/2023

Uxío Novoneyra: do Courel a Compostela - AC Alexandre Bóveda Se hai un poeta que podemos vincular coa súa terra, ese é Uxío Novoneyra. Imposible non pensar no seu Courel natal ao escoitar o seu nome.

20/01/2023

O 18 de xaneiro de 1903 estréase no Teatro Principal da Coruña, hoxe Teatro Rosalía, ¡Filla…! a cargo da “Escola Rexional Galega de Declamación” dirixida por Galo Salinas. A “Escola Rexional Galega de Declamación” constituíuse na Coruña como un proxecto para a consolidación do teatro galego. Foi a primeira compañía teatral dedicada á realización de espectáculos en galego e constitúe a primeira iniciativa de formación teatral que se emprendeu na Galiza. A pesar da súa curta traxectoria, pois desapareceu aos dous anos, serviu como precedente do “Conservatorio Nacional de Arte Galega” creado polas Irmandades da Fala en 1919.

03/01/2023

Dedicamos a folla de xaneiro do noso calendario 2023 (no que neste ano celebramos o centenario do Seminario de Estudos Galegos) a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a figura de máis relevancia dentro da política e arte de Galiza do s. XX.
Participa nas Irmandades da Fala, colabora na revista Nós da que é o seu director artístico e n‘ANT, investigador, conferenciante, articulista, pintor, debuxante, escritor… Membro fundador do Partido Galeguista. A súa principal obra política é Sempre en Galiza.

Membro do Seminario de Estudos Galegos, coordinador da sección de Arte e Letras, Castelao deseña para o SEG o escudo, dous círculos concéntricos que xiran arredor dun cáliz con cinco estrelas e unha pomba, coas lendas SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS · COMPOSTELA e DEUS · SCIENTIA · GRATRESQUE · GALLÆTIÆ.
Fixo imprentar, xa no exilio, a súa derradeira obra As cruces de pedra na Galicia, co selo do Seminario.

03/01/2023

O 28 de decembro de 1916 fúndase Cántigas da Terra. En decembro de 1916 reúnense na Coruña un grupo de intelectuais vencellados ás Irmandades da Fala xunto con comerciantes da cidade coa idea de formar un coro galego que teña por obxecto defender a arte galega en todas as súas manifestacións. Xerardo Roque (xornalista e prateiro) é un dos promotores e Eladio Rodríguez será o seu primeiro Presidente. Debutou ao público o 12 de xullo de 1917.
Unha parte do seu repertorio está constituído por cántigas recollidas do imaxinario popular e outra boa parte xorde de compositores capaces de crear melodías xenuínas que logo foron adoptadas como propias polo pobo, volvéndose anónimas.

Ano novo, casa nova - AC Alexandre Bóveda 03/01/2023

Ano novo, casa nova - AC Alexandre Bóveda A nosa asociación deixa o local da rúa Olmos e trasládase á rúa Santo André, número 36 (edificio do Circo de Artesáns).

Bruno Carvalho: un xornalista no Donbass - AC Alexandre Bóveda 29/11/2022

Bruno Carvalho: un xornalista no Donbass - AC Alexandre Bóveda O próximo martes 29 de novembro, Mar de Lumes e a Fundación Galiza Sempre organizan un encontro co xornalista portugués Bruno Carvalho.

29/11/2022

O 27 de novembro de 1928 morre Micaela Chao Maciñeira. Micaela Chao, natural de Viveiro, foi a única muller presente na xuntanza que deu orixe ás Irmandades da Fala e a primeira muller que fixo efectiva a súa afiliación. Formaría parte en 1917 da delegación das Irmandades a Cataluña e sería a principal impulsora da constitución dunha Sección Feminina no seo da Irmandade da Fala da Coruña. Esta Sección constituiríase en agosto de 1918 e contaría con máis de 200 asociadas, sendo Micaela Chao inicialmente a súa Conselleira Primeira. Colaboradora das actividades do Conservatorio Nazonal do Arte Galego como actriz e tocaba o piano nos entreactos das sesións teatrais. Foi a compañeira de Antón Vilar Ponte.

Representación de "Mi querida Vitola" - AC Alexandre Bóveda 21/11/2022

Representación de "Mi querida Vitola" - AC Alexandre Bóveda O luns 21 de novembro, ás 19.30 h, representarase no noso local a montaxe teatral "Mi querida Vitola", arredor da figura de María Casares.

21/11/2022

Tal día coma hoxe de 1922 nace na Coruña .
Filla de Santiago Casares Quiroga criouse entre a rúa Panadeiras da Coruña e o Pazo de Montrove. Co golpe de Estado, contando con só catorce anos, ten que exiliarse coa familia en Francia. Alí inicia a súa traxectoria no teatro e aparece o éxito. No ano 1942 debuta no Teatro Mathurins como primeira actriz. É nese momento cando coñece a Albert Camus co que mantería unha longa relación. Musa de destacados escritores e cineastas representará obras de Camus, Anouilh, Cocteau, Genet, Ibsen, Turgueniev, René Laporte, Pirandelo, Shakespeare… Viaxará por máis de vinte países co Théâtre Nacional Populaire. Nunha desta viaxes reencóntrase no exilio bonaerense con xente como Blanco Amor, Dieste, Seoane, Laxeiro e o actor Tacholas, e con eles actuará nun recital galego. A María Casares o acento galego acompañaríaa sempre, un acento que ela consideraba un tesouro, e deixaría dito: Galicia soy yo. Galicia no soy yo. Pero soy un trozo de Galicia.Y moriré siendo gallega. Pouco antes de morrer aos 66 anos María Casares acepta dar o seu nome para os Premios de Teatro da Asociación de Actores e Actrices de Galiza.
Hoxe festexámolo con teatro. Estades convidadas!
(Na nosa web A Coruña das Mulleres podedes descargar o tríptico que fixo para nós Arancha Estevez: https://acorunhadasmulleres.gal/descargas/tripticos/TRIP-MARIA-CASARES.pdf)

A Gala Ibán Toxeiro 2022 en imaxes - AC Alexandre Bóveda 14/11/2022

A Gala Ibán Toxeiro 2022 en imaxes
Asistiches ao XXV Memorial Ibán Toxeiro o pasado xoves 3 de novembro? Non asistiches pero queres ver como foi? En calquera dos casos, este é o sitio que buscabas: unha ampla reportaxe fotográfica e un vídeo que recolle o que foi esta gala homenaxe ao gran Pedro Brandariz. Pincha en cada unha das imaxes de abaixo e accede a toda galería fotográfica.

A Gala Ibán Toxeiro 2022 en imaxes - AC Alexandre Bóveda Aquí tes unha ampla reportaxe fotográfica e un vídeo que recolle o que foi esta XXV edición da Gala Ibán Toxeiro.

25/10/2022

XXV MEMORIAL IBÁN TOXEIRO

Ide reservando datas!
O día 3 de novembro, ás 20:30h celebraremos no Teatro Rosalía de Castro o Memorial Ibán Toxeiro, este ano dedicado a Pedro Brandariz Cómico

Contaremos coa actuación teatral de Isabel Riscoe Rei, os monólogos de Víctor Grande (Cómico) Diana Sieira, Xose A. Touriñán Rodríguez e Perdomo, a improvisación das Izquierdo Sisters os sketches de Jose Losada e a representación de escenas a cargo do noso grupo de teatro, ACAB Teatro. Grupo de teatro Alexandre Bóveda - Agrupación Cultural . O acto será presentado por Sabela Hermida Mondelo

Pedro Brandariz Gómez , tivo unha ampla traxectoria como actor, tanto nas artes escénicas como no audiovisual galego. O seu falecemento, con tan só 44 anos, deixa un baleiro insubstituible nas artes escénicas galegas. Todo isto faino merecedor do premio de honra do Ibán Toxeiro, que desde este ano pasa a levar o nome do noso querido Lino Braxe

Non é necesario inscribirse, a entrada é libre até completar a capacidade.

25 Memorial Ibán Toxeiro - AC Alexandre Bóveda 24/10/2022

25 Memorial Ibán Toxeiro - AC Alexandre Bóveda O xoves 3 de novembro o teatro Rosalía de Castro será o escenario do 25 Memorial Ibán Toxeiro, que este ano dedicamos a Pedro Brandariz.

24/10/2022

Este luns, día 24 de outubro, ás 19.30h, o historiador e divulgador cinematográfico Antonio Brea ofrécenos a palestra "O futuro. Un mundo feliz?"
Que podemos agardar do futuro inmediato ante a irrupción da chamada cuarta revolución industrial? Estamos ante o principio do fin da historia que predicaba Fukuyama? É inevitable o establecemento dalgún tipo de sociedade distópica? Até qué punto poden resultar reveladoras as visións do futuro procedentes da ficción literaria e cinematográfica?

Estades convidadas. Só hai que inscribirse.

Inauguración da exposición "Ollando ao mar" - AC Alexandre Bóveda 19/10/2022

Inauguración da exposición "Ollando ao mar" - AC Alexandre Bóveda O venres 21 de outubro, ás 19.30 h, inauguramos no noso local a exposición colectiva do Colectivo Ollo de Vidro co título "Ollando ao mar".

Presentação do livro "Porque caiu a Galiza?" - AC Alexandre Bóveda 19/10/2022

Presentação do livro "Porque caiu a Galiza?" - AC Alexandre Bóveda A quinta-feira 20 de outubro, ás 19.30 h, presentamos o livro "Porque caiu a Galiza?", de José Manuel Barbosa, publicado por Através Editora.

Endometriose, a epidemia oculta - AC Alexandre Bóveda 07/10/2022

Endometriose, a epidemia oculta - AC Alexandre Bóveda O venres, 14 de outubro, ás 19 horas, Verónica Ramilo, vogal da Asociación querENDO, falaranos da endometriose, a epidemia oculta.

Camilo Díaz Baliño. Transmitindo herdanza e savoir faire - AC Alexandre Bóveda 07/10/2022

Camilo Díaz Baliño. Transmitindo herdanza e savoir faire - AC Alexandre Bóveda O xoves 13 de outubro, Iria-Friné Rivera Vázquez ofrécenos unha conferencia adicada a visión de Camilo Díaz Baliño sobre a Arte, a Historia e a imaxe pública.

Exposición Florencio Delgado: Bebedeira de ensoños - AC Alexandre Bóveda 21/09/2022

Exposición Florencio Delgado: Bebedeira de ensoños - AC Alexandre Bóveda O 27 de setembro ás 19.30 h inauguramos a exposición "Florencio Delgado Gurriarán: bebediera de ensoños" no Fórum Metropolitano.

Presentación da novela "Outono aquí" - AC Alexandre Bóveda 21/09/2022

Presentación da novela "Outono aquí" - AC Alexandre Bóveda O mércores 28 de setembro, ás 19.30 h, presentamos a novela "Outono aquí" de Mario Regueira editada por Menino Morreu.

Visita ao Pazo Municipal - AC Alexandre Bóveda 21/09/2022

Visita ao Pazo Municipal - AC Alexandre Bóveda O luns 26 de setembro, ás 19 horas, faremos unha visita ao Pazo Municipal, con Patrricia Angulo, docente especializada en historia local.

Traballo sexual, estigma, recoñecemento e dereitos - AC Alexandre Bóveda 21/09/2022

Traballo sexual, estigma, recoñecemento e dereitos - AC Alexandre Bóveda O xoves 22 de setembro, ás 19 horas, teremos no noso local un coloquio sobre traballo sexual, estigma, recoñecemento e dereitos.

21/09/2022

O 20 de setembro de 1958 morre o xornalista e contador de historias José Rodríguez de Vicente, coñecido como Joselín, pioneiro na arte da narración oral. Emigrado en Uruguai traballa de xornalista no semanario Tierra Gallega e crea o personaxe de Joselín para contar contos. De volta a Galiza fundou as Irmandades da Fala de Baiona, onde foi tamén alcalde. Fixo incursións no teatro estreando Terra Nai no teatro García Barbón. Novamente emigrado, en Bos Aires foi director da revista España, organizou unha compañía de teatro, elaborou guións para filmes e documentais en colaboración con Suevia Films e conduciu o primeiro programa de radio galega La Hora Gallega.

Día da Galiza Mártir - AC Alexandre Bóveda 04/08/2022

Día da Galiza Mártir - AC Alexandre Bóveda O xoves 18 de agosto ás 19.30 h, realizaremos na Coruña o acto de homenaxe a Alexandre Bóveda, con Carlos Babío e BellónMaceiras.

28/07/2022

😊 O próximo xoves 28 voltamos á casa para estrear 1888. Señorita Xulia na Coruña, no Centro Ágora ás 20:00 horas dentro do festival “Pétalos igualdade. Flor de vida” do programa "Agra no Ágora" para promover a reflexión e o avance social cara á equidade de xénero.

Así que anotade:
🗓️O xoves 28
⏰Ás 20:00h
📌No Auditorio do Centro Ágora
🎟️De balde

Espéranvos cunha historia asombrosa Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto
Cultura da Coruña La Voz de Galicia. Edición A Coruña

Lino Braxe, Premio de Honra Marisa Soto, que outorga a AAAG a título póstumo 23/05/2022

Lino Braxe Premio de Honra Marisa Soto, que outorga a AAAG a título póstumo.
👏👏👏👏👏👏
O actor falecido en 2020 foi tamén director, dramaturgo, poeta, pintor ou locutor de RNE
A AAAG recoñece a traxectoria deste artista multidisciplinar, que tivo como estandarte o compromiso coa cultura
É a segunda vez que este premio se entrega de xeito póstumo, logo de homenaxear a Xosé Manuel Olveira Pico en 2014

https://www.g24.gal/-/lino-braxe-premio-de-honra-marisa-soto-que-outorga-a-aaag-a-titulo-postumo

Lino Braxe, Premio de Honra Marisa Soto, que outorga a AAAG a título póstumo O actor falecido en 2020 foi tamén director, dramaturgo, poeta, pintor ou locutor de RNE A AAAG recoñece a traxectoria deste artista multidisciplinar, que tivo como estandarte o compromiso coa cultura É a segunda vez que este premio se...

¿Quieres que tu figura pública sea el Figura Pública mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


Olmos, 16-18, 1º
A Coruña
15003

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 22:00
Martes 09:00 - 22:00
Miércoles 09:00 - 22:00
Jueves 09:00 - 22:00
Viernes 09:00 - 22:00
Sábado 09:00 - 22:00
Domingo 09:00 - 22:00
Otros Artista en A Coruña (mostrar todas)
Victoriano Fdez. Victoriano Fdez.
Calle Cuba 9 Bajo
A Coruña, 15010

Artista plástico

Paula Morales. Arte. Paula Morales. Arte.
A Coruña

Arte, diseño y formación.

oscar cabana oscar cabana
Travesia Atocha Baja 3
A Coruña, 15001

venta online | envío gratuito venta directa | visita mi estudio

Silvina Bellydance Beats - Danza del Vientre Silvina Bellydance Beats - Danza del Vientre
A Coruña

Danza oriental, danza del vientre, estilo libanés y egipcio. Clases cursos, talleres actuaciones y

Raúl Álvarez/Pintura Raúl Álvarez/Pintura
Calle Adelaida Muro, 41, Bajo
A Coruña, 15002

Artista Instagram @raulalvarezpintura

casa_de_aragon_en_la_coruna casa_de_aragon_en_la_coruna
Calle Marconi 4
A Coruña, 15002

Actividades y celebraciones de La Casa de Aragón en La Coruña

AshrAfui AshrAfui
A Coruña

AshrAfui

akamaurysking31 akamaurysking31
Calle Entrerrios
A Coruña, 15220

Artista, compositor dominicano

Denia Priegue Photography Denia Priegue Photography
A Coruña

Fotografía de Moda & Publicidad Retocadora Fotográfica Publicidad - Diseño - Comunicación

Juan Vidal Juan Vidal
A Coruña

Fotografía, escritura y pensamientos, sentimientos, momentos. http://www.flickr.com/photos/factore

Eduardo el travieso Eduardo el travieso
A Coruña

Música

Mhasebaarte Mhasebaarte
A Coruña

Arte con alma 💚 ●Pinturas y retratos en acuarela. ● Arte abstracto. ● Surrealismo.