Cántigas da Terra, A Coruña Videos

Videos by Cántigas da Terra in A Coruña. Coro Galego nado na Coruña en 1916

O vindeiro xoves levaremos a cabo unha intervención musical na estrea do Documental "Na procura do son perdido. A zanfona. Memoria da Transición", unha produción do Consello da Cultura Galega realizada por aCentral Folque.

Cántigas levará para a ocasión unha pequena mostra do espectáculo Darredor da Roda, estreado no 2021.

Ademais do espectáculo ó vivo, Darredor da Roda foi un documental que tivo como protagonista a zanfona e a Miro Casabella.
Miro tamén estará o xoves xunto a Pablo Quintana como convidados e protagonistas do filme.

📆 Xoves 3 Outubro
⏰ 19:00
📍Museo de Belas Artes (A Coruña)
🎟 De balde ata completar aforo

ACentral Folque
Consello Da Cultura Galega
@museobelasartes

Other Cántigas da Terra videos

O vindeiro xoves levaremos a cabo unha intervención musical na estrea do Documental "Na procura do son perdido. A zanfona. Memoria da Transición", unha produción do Consello da Cultura Galega realizada por aCentral Folque. Cántigas levará para a ocasión unha pequena mostra do espectáculo Darredor da Roda, estreado no 2021. Ademais do espectáculo ó vivo, Darredor da Roda foi un documental que tivo como protagonista a zanfona e a Miro Casabella. Miro tamén estará o xoves xunto a Pablo Quintana como convidados e protagonistas do filme. 📆 Xoves 3 Outubro ⏰ 19:00 📍Museo de Belas Artes (A Coruña) 🎟 De balde ata completar aforo ACentral Folque Consello Da Cultura Galega @museobelasartes

Obradoiro de Coros Galegos | Romaría Santa Margarida 2024

Obradoiro de Coros Galegos | Romería Santa Margarida 2024

Lembrade que hoxe nos vemos nas Festas do Birloque! 🎵🎵

Hoxe pola tarde Aulas Abertas de zanfona e percusión 🛞🥁🎶 Escolas da Terra Ariel Ninas FARRAPOS DE GAITA

Rematamos as Festas de María Pita 🎊 🎉 do mellor xeito posible, con un memorable concerto 🎼🎶 acompañando á Banda Municipal de A Coruña na Romaría de Sta Margarida e coa colaboración de Grupo de Baile e Gaitas Santaia Moito desfrutamos! Grazas por convidarnos! 🫶 Concello da Coruña Cultura da Coruña

Feliz día da Galiza!! 🎉🎉 "Miñas donas e meus señores: SE NO ABRENTE deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Coruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de gloria. O día de festa comenza en Santiago. A torre do reló tanxe o seu grave sino de bronce para anunciar un novo día, e de seguida comeza unha muiñeira de campás, repinicada nas torres do Obradoiro, que se comunica a todol-os campanarios da cibdade. Pero hoxe as campás de Compostela anuncian algo máis que unha festa litúrxica no interior da Catedral, con dinidades mitradas e ornamentos maravillosos, de brocados e ouros, con chirimías e botafumeiro, capaz de dar envexa á mesma Basílica de Roma. Hoxe as campás de Compostela anuncian unha festa étnica, filla, tal vez, dun culto panteista, anterior ao cristianismo, que ten por altar a terra nai, alzada simbólicamente no Pico Sagro; por cobertura o fanal inmenso do universo; e por lámpara votiva, o sol ardente de xullo, o sol que madura o pan e o viño eucarísticos. Por eso a muiñeira de campás, iniciada en Compostela, vai rolando por toda Galiza, de val en val e de coto en coto, dende os campanarios pimpantes da beiramar até as humildes espadañas da montaña. E o badaleo rítmico das campás -de todalas campás de Galiza en leda algarabía- semella o troupeleo dos cabalos astrales, que veñen pola vouta celeste, turrando do carro de Apolo, que trai luz e calor ao mundo en sombras. Hoxe é o Día de Galiza, e así comenza!" "Alba de Gloria". Alfonso R. C

#foliadadacruña #bailadores #page2023 #folcloregalego Grupo de Baile e Gaitas Santaia

Asociación veciñal Agra do Orzán Escolas da Terra #festasnosbarrios

Hoxe erguémonos con moita enerxía para vernos a partires das 11:30 no pasarrúas e ás 12:00 no concerto. Luuumeee!!! 🔥🔥🔥

📢Tal como vos anunciamos, o pasado luns 29 de Maio celebramos a Asamblea Xeral Extraordinaria para as eleccións a unha parte dos cargos da Xunta Directiva, quedando conformada do seguinte xeito: ✓Presidenta: Laura Veleiro ✓Vicepresidenta: Pilar Pérez ✓Secretaria: Rebeca Lesta ✓Vicesecretario: Pablo Seixo ✓Tesoureiro: Miguel García ✓Contador: Pablo Rodríguez ✓Arquiveiro: Lois Catoira ✓Vicearquiveiro: Rafa Seixo ✓Vogal 1: Luis Fontán ✓Vogal 2: María Prieto ✓Vogal 4: Antonio Sande ✓Vogal 5: Nieves Mata Queremos agradecer o magnífico labor desempeñado polas persoas que saíron, e darlle a benvida ás novas e novos compoñentes, desexándolles o mellor para esta nova etapa. Estamos moi felices☺️ de celebrar🎉 que por primeira vez en 106 anos de vida contamos cunha Muller como presidenta da Entidade: a nosa Laura Veleiro 💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜 *Nota: fáltanos xente na foto...pero iremos subindo mais!! 🥰🥰🥰🥰