Cántigas da Terra

Coro Galego nado na Coruña en 1916

01/10/2024

O vindeiro sábado Cántigas da Terra recibirá por parte da Academia de Belas Artes o premio “Marcial del Adalid atendendo a súa consolidada tradición histórica, á súa recoñecible calidade artistica e ao seu aporte á cultura musical galega”

Será unha honra recibir este galardón que nos concede a Academia. Queremos compartilo tamén con todo o noso público e con todas as persoas que formaron e forman parte desta entidade desde 1916.

Convidámosvos ó acto do sábado ás 12:00 na Igrexa Conventual das Capuchinas.

29/09/2024

O vindeiro xoves levaremos a cabo unha intervención musical na estrea do Documental "Na procura do son perdido. A zanfona. Memoria da Transición", unha produción do Consello da Cultura Galega realizada por aCentral Folque.

Cántigas levará para a ocasión unha pequena mostra do espectáculo Darredor da Roda, estreado no 2021.

Ademais do espectáculo ó vivo, Darredor da Roda foi un documental que tivo como protagonista a zanfona e a Miro Casabella.
Miro tamén estará o xoves xunto a Pablo Quintana como convidados e protagonistas do filme.

📆 Xoves 3 Outubro
⏰ 19:00
📍Museo de Belas Artes (A Coruña)
🎟 De balde ata completar aforo

ACentral Folque
Consello Da Cultura Galega

Photos from Cántigas da Terra's post 22/09/2024

O curso comeza en Escolas da Terra dun xeito moi especial, bótalle un ollo:

🔸Presentación do curso académico.
Sinalaránse os acontecementos e novidades máis destacadas do curso e concluirá cunha intervención musical de Contiños da Feira.
📅Venres 27 ás 19:00 📍Escolas da Terra
🎟️ Libre ata completar aforo

🔸Presentación do método "Nova técnica de pandeireta galega" de Suso Vaamonde.
A presentación será a estrea absoluta por parte do seu autor, unha das voces máis destacadas no panorama da música tradicional galega.
📅 Domingo 29 ás 20:30 📍Escolas da Terra
🎟️ Libre ata completar aforo

🔸Curso de pandeireta por Suso Vaamonde.
Antes da presentación, Suso compatirá os seus coñecementos sobre o instrumento para comprender mellor o seu método. (Non fan falta coñecementos previos).

📅 Domingo 29 ás 17:30 📍Escolas da Terra
🎟️ 20€ | Inscricións en [email protected]

Escolas da Terra
Contiños da feira

19/09/2024

Os primeiros pasos deste novo curso veñen da man de Suso Vaamonde. Estará con nós o vindeiro domingo para amosarnos os segredos da pandeireta. Bule, hai prazas limitadas!!

Unha honra para Escolas da Terra ter a posibilidade que nos brinda o gran multiinstrumentista e mellor persoa, Suso Vaamonde, de organizar e albergar nas nosas instalacións este curso de pandeireta galega.
As solicitudes de inscrición deberán realizarse enviando un correo electrónico a [email protected] e serán atendidas por rigorosa orde de entrada. APÚNTATE XA

16/09/2024

Escolas da Terra comeza hoxe curso☺️

Estas semanas ofrece un primeiro contacto para aquelas persoas que teñan curiosidade e queiran probar instrumentos, bailar, cantar...

Promete un curso cheo de novidades😉😉

Vémonos en Escolas da Terra!

📢 *AULAS ABERTAS CURSO EdT 24-25* 📢
Chegou setembro e arrincamos novo curso en Escolas da Terra. E que mellor xeito de facelo que coas nosas aulas abertas, para que poidades coñecer todas as opcións formativas.
*Esperámosvos!!*
E recordade que o plazo de matriculación remata o 15 de outubro.

02/09/2024

Rematamos a Romaría do mellor xeito posible: compartindo escenario coa Banda Municipal da Coruña.

O público cos seus cantos e aturuxos arroupou ao Coro, a Banda e o grupo de baile Santaia. Cada encontro entre Cántigas da Terra e a Banda Municipal é unha sorte de maridaxe exquisita entre a tradición e o mundo sinfónico.

Collemos uns días de vacacións, pero á volta teremos moitas novidades: Volve Darredor da Roda, volve o Ciclo de Coros, tamén recibiremos o recoñecemento por parte da Academia de Bela Artes e comezamos un novo curso en Escolas da Terra

Vémonos? 😉

Escolas da Terra
Grupo de Baile e Gaitas Santaia
Banda Municipal de A Coruña
Cultura da Coruña
Real Academia Galega de Belas Artes

Photos from Cultura da Coruña's post 01/09/2024
Photos from Cántigas da Terra's post 31/08/2024

Obradoiro de Coros Galegos na Romería de Santa Margarida!

O pobo que canta xunto é un pobo unido!

Photos from Cántigas da Terra's post 31/08/2024

Non deixedes de visitarnos na Romaría de Santa Margarida!
Agardámosvos🥰

31/08/2024

Romería Santa Margarida - 1944
Fondo: Colección Paquito Cenamor
Arquivo Cántigas da Terra

As Romarías son un espazo de convivencia para o pobo que precisa cantar, bailar e vivir as súas tradicións.
Santa margarida é, desde tempos inmemoriais, un espazo para cultivar o noso folclore.

Vémonos hoxe ás 12:30 no Obradoiro de Coros Galegos, vinde cantar!

Photos from Cántigas da Terra's post 27/08/2024

Cambados acolleunos cos brazos abertos e desfrutamos dunha velada para o recordo. Nela cantamos, bailamos e tocamos para conmemorar o día mundial do Folclore.

O verán non rematou aquí! Vémonos na Romaría de Santa Margarida:

🔶 Sábado ás 12:30 Iniciación ós Coros Galegos

🔶 Domingo ás 12:00 Concerto coa Banda Municipal de A Coruña

Cultura da Coruña
Concello da Coruña

22/08/2024

O dia Mundial do folclore haino que celebrar cantando en galego!

Así é como o celebraremos esta tarde en Cambados, vémonos!

👉 𝐋𝐄𝐌𝐁𝐑𝐀𝐃𝐄 que este xoves 22 de agosto é o DÍA MUNDIAL DO FOLCLORE. Con tal motivo estarán connosco Cántigas da Terra, un dos coros galegos máis icónicos e senlleiros de Galicia.

📍PRAZA DE FEFIÑÁNS
🕘22:00 HRS.
📅XOVES 22 DE AGOSTO

https://cantigasdaterra.gal/media/videos/cdt_coro_2023.mp4

31/07/2024

Aquí podedes desfrutar de dúas das pezas que interpretamos nas Festas do Birloque.
Queremos felicitar especialmente ás nosas bailadoras 🤩🤩💃💃
Vivan as Festas nos barrios!

Photos from Cántigas da Terra's post 27/07/2024

Aquí vos deixamos o artigo da nosa Presidenta Laura Veleiro que sae publicado en Nós Diario
Agardo que o desfrutedes tanto coma nós! 🤍🩵🤍

27/07/2024

Lembrade que hoxe nos vemos nas Festas do Birloque! 🎵🎵

Unha recreación do discurso "Alba de gloria" de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 25/07/2024

Feliz 25 de Xullo hoxe e sempre!!🤍🩵🤍

Unha recreación do discurso "Alba de gloria" de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao O 25 de xullo de 1948 Castelao pronuncia o discurso Alba de Gloria no Teatro Arxentino, como colofón das Xornadas Galegas que organizara o Centro Galego de B...

18/07/2024

📢 Este domingo día 21 estaremos en Feáns, nas festas do Carme.
Será ás 20:00 no Campo da Festa.
Non faltedes! Vide troulear e cantar con nós 🎵🥁💃🕺



Concello da Coruña

Photos from Circo de Artesáns - Biblioteca's post 15/07/2024
12/07/2024

Hoxe é un día especial para a nosa entidade

O 12 de xullo de 1917 Cántigas da Terra debutou ante o público no Teatro Rosalía da Coruña. Compoñían Cántigas da Terra un coro de trinta mozos. Da dirección do coro encargábase Mauricio Farto Parra, da dirección artística Leandro Carré e da presidencia Eladio Rodríguez González. O éxito daquela estrea provocou que se repetira o acto unha semana despois co mesmo programa. Cántigas da Terra axiña se converteu nun coro mixto e promoveu festivais que desbordaban o Teatro Rosalía. As Irmandades da Fala tiveron sempre presente a necesidade de crear agrupacións onde as corais e o teatro servisen de instrumento para achegar a todo o público a lingua e a cultura. Con ese espírito nace Cántigas da Terra.

06/07/2024

O próximo xoves día 11 ás 20:00 horas no poderemos deleitarnos coa música do mestre Miro Casabella na compaña do seu alumnado das clases maxistrais que imparte en Escolas da Terra e o gran Quintas Canella.
🛞🛞🛞🙌👏👏

28/06/2024

Festival fin de curso 🎊🎊

Chegou o día!
Lembrade que hoxe é o fin de curso de Escolas da Terra!
❤️🧡💛💚💙💜🩵🩷🤍🩵

26/06/2024

O próximo venres día 28 celebramos o fin de curso de "Escolas da Terra".
Queremos convidarvos a que veñades ver un pequeno resumo do traballo realizado durante este curso 23/24 polo alumnado.
Esperamos que vos guste!
🎵🎵

30/06/2017

Amáis do acto co teatro histórico, a vindeira semana Cántigas da Terra celebra con estoutra Especial Gala Centenario "Amigos da Terra" os 100 anos da súa primeira actuación. Un século despois no mesmo escenario, a nosa casa, o Teatro Rosalía de Castro.

Para o emotivo acto contaremos con dous bos amigos, o apadriñado coro Cantares Do Brión, de Vincios (Gondomar) e Os Melidaos, ambos grupos referentes no panorama actual.

· · · · · TEATRO ROSALÍA · · · · ·
Domingo · 9 Xullo 2017 · 12:00 h

ENTRADAS, prezo único 3 €:
- O día do acto en taquilla.
- Venda anticipada en: https://www.ticketea.com/entradas-concierto-gala-centenario-amigos-terra-teatro-rosalia/?tktsrc=search

30/06/2017

Continuamos cos actos do centenario!

O mércores 12 de xullo cúmprense 100 anos da primeira actuación de Cántigas da Terra. Ese día tedes unha nova ocasión para g***r co teatro histórico galego e a nosa música.

O noso Cadro de Teatro encena "Un caso compricado" de Leandro Carré no Teatro Colón ás 20.30 h, onde se disfrutará tamén coa música do Coro Galego e os Gaiteiros de Cántigas da Terra.

Será de balde, ás entradas pódense recoller na taquilla do mesmo Teatro Colón desde o 3 de xullo en horario de 16.30 a 20.30 horas.

Achegádevos, será unha velada ben entretida! :)

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


Rúa Ángel Rebollo, 55
A Coruña
15002
Otros Clases de música en A Coruña (mostrar todas)
Online Piano Masterclass Academy Online Piano Masterclass Academy
Www. Onlinepianomasterclass. Com
A Coruña

Study with some of the best professor in the world/Estudia con algunos de los mejores profesores del

Presto Vivace Presto Vivace
Benito Blanco Rajoy N8, Bajo Izquierda
A Coruña, 15006

Conservatorio Privado de Música: Grado Elemental y Profesional Escuelas de Música y Danza C/ Posse 37 BIS 15009, A Coruña www.prestovivace.es

Rock School Coruña Rock School Coruña
Pla Y Cancela, Nº 22/Bajo
A Coruña, 15005

Escuela de música moderna con titulación internacional homologada por Rockschool® UK. www.rockschoolcoruna.es

Actual Music - Escuela de Música y Danza Actual Music - Escuela de Música y Danza
Actual Music, Avenida Novo Mesoiro, 27, Spain
A Coruña, 15190

Escolas da Terra Escolas da Terra
Rúa Ramón Del Cueto 31
A Coruña, 15002

Escolas da Terra, a tradición nos coros galegos desde 1916

Guitarra Cero Guitarra Cero
A Coruña, 15006-ACORUÑA

http://www.guitarracero.blogspot.com Guitarra Cero es un lugar de ayuda para quien quiera iniciarse e

Escuela De Músicos Escuela De Músicos
Rey Abdullah 12 Bajo
A Coruña, 15004

En la enseñanza musical desde 1998. Para todos los niveles y edades.

Música Vivencial Música Vivencial
C/Mellid, 1-7ºD
A Coruña, 15009

Espacio especializado en las pedagogías musicales más avanzadas donde los padres acompañan el pro

Dolce Suono Dolce Suono
A Coruña, 15007

Rock School TK · Teatro Musical Rock School TK · Teatro Musical
C/Pla Y Cancela, 22 Bajo
A Coruña, 15005

Escuela de teatro musical con titulación oficial homologada por rockschool® UK. Clases de interpretación, danza, técnica vocal, producción, atrezzo, etc.

Yamaha Music School A Coruña Yamaha Music School A Coruña
Casa Del Agua, Manuel Murguía Sn
A Coruña, 15011

Ven a formar parte de nuestra comunidad y disfrutarás mientras aprendes a tocar un instrumento