OGlobo

O Globo é un espazo para educar na cidadanía global.

Promove e visibiliza microexperiencias de transformación social de distintos centros educativos e colectivos sociais.

08/10/2024

📢𝗛𝗼𝘅𝗲 𝗾𝘂𝗲𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗿𝘃𝗼𝘀 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗻𝗼𝘃𝗮 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗢 𝗚𝗹𝗼𝗯𝗼!

O vindeiro 𝑣𝑒𝑛𝑟𝑒𝑠, 18 𝑑𝑒 𝑜𝑢𝑡𝑢𝑏𝑟𝑜 de18:00 a 20:00h, coñeceremos o papel do activismo na sociedade e as ferramentas para acadar unha participación social efectiva.✊🏽🗣

Nesta formación, que será realizada na na Aula de Usos Múltiples do Centro Cívico da Cidade Vella, na Coruña, 𝗛𝗮𝘆𝗱𝗲́𝗲 𝗖𝗮𝘀𝘁𝗶𝗹𝗹𝗼, 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗲 𝗱𝗲𝗳𝗲𝗻𝘀𝗼𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝗿𝗲𝗶𝘁𝗼𝘀 𝗵𝘂𝗺𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗻𝗶𝗰𝗮𝗿𝗮𝗴𝘂𝗮𝗻𝗮, partindo da súa experiencia persoal, trasladaranos nocións básicas sobre estas temáticas e achegaranos ferramentas útiles para unha participación social comprometida, activa e efectiva.

Durante a mesma, reflexionaremos sobre os desafíos que enfrontan os movementos sociais na actualidade e a importancia de traballar de maneira colectiva e interseccional para garantir unha participación inclusiva e diversa. 🌍🤝

Podes atopar máis información sobre a formación no apartado 𝑂 𝐶𝑎𝑑𝑒𝑟𝑛𝑜, da nosa páxina web https://globo.solidaridadgalicia.org/

👉🏽 Inscríbete xa para reservar a túa praza a través do código QR do cartaz ou clicando na seguinte ligazón i.gal/UDMzO 👈🏽

01/10/2024

O 1 de outubro celébrase o 𝗗𝗶́𝗮 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮𝘀 𝗣𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗔𝗱𝘂𝗹𝘁𝗮𝘀 𝗠𝗮𝗶𝗼𝗿𝗲𝘀. 🌍👵👴

Dende O Globo queremos destacar a súa relevancia, facendo referencia á Meta 2 do ODS 10, que ten como obxectivo "𝘦𝘮𝘱𝘰𝘥𝘦𝘳𝘢𝘳 𝘦 𝘱𝘳𝘰𝘮𝘰𝘷𝘦𝘳 𝘢 𝘪𝘯𝘤𝘭𝘶𝘴𝘪𝘰́𝘯 𝘴𝘰𝘤𝘪𝘢𝘭, 𝘦𝘤𝘰𝘯𝘰́𝘮𝘪𝘤𝘢 𝘦 𝘱𝘰𝘭𝘪́𝘵𝘪𝘤𝘢 𝘥𝘦 𝘵𝘰𝘥𝘰𝘴, 𝘪𝘯𝘥𝘦𝘱𝘦𝘯𝘥𝘦𝘯𝘵𝘦𝘮𝘦𝘯𝘵𝘦 𝘥𝘢 𝘴𝘶́𝘢 𝘪𝘥𝘢𝘥𝘦, 𝘹𝘦́𝘯𝘦𝘳𝘰, 𝘥𝘪𝘴𝘤𝘢𝘱𝘢𝘤𝘪𝘥𝘢𝘥𝘦 𝘰𝘶 𝘰𝘶𝘵𝘳𝘢𝘴 𝘤𝘰𝘯𝘥𝘪𝘤𝘪𝘰́𝘯𝘴".

As persoas maiores son protagonistas de moitas das microexperiencias que compartimos. É imprescindible valorar o seu papel fundamental e traballar xuntas para crear unha sociedade máis xusta e inclusiva.

Photos from OGlobo's post 25/09/2024

Hoxe falamos da microexperiencia 𝑃𝑜𝑟 𝑢𝑛 𝑡𝑟𝑎𝑛𝑠𝑝𝑜𝑟𝑡𝑒 𝑝𝑢́𝑏𝑙𝑖𝑐𝑜 𝑑𝑖𝑔𝑛𝑜 𝑛𝑜 𝐵𝑎𝑟𝑏𝑎𝑛𝑧𝑎 🚍

A comarca do Barbanza enfróntase a serias deficiencias no seu sistema de transporte público. Moitas persoas sen vehículo propio dependen deste servizo para acceder a servizos esenciais como a educación, a sanidade ou o traballo, pero a súa frecuencia e cobertura son moi limitadas. 🚶‍♀️🚶‍♂️

A Plataforma Cidadá por un Transporte Público Digno para O Barbanza reclama un sistema máis accesible, frecuente e sustentable para facilitar a mobilidade da poboación e reducir o impacto ambiental 🌍.

Para iso, impulsaron campañas como a recollida de sinaturas, mobilizacións e reunións coas autoridades para esixir melloras reais no transporte.

➡Podes coñecer máis sobre esta microexperiencia en https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/89/por-un-transporte-digno-para-o-barbanza

Photos from OGlobo's post 18/09/2024

A microexperiencia da que vos falamos hoxe é o "𝙿𝚎𝚌𝚑𝚎 𝙴𝚜𝚝𝚞𝚍𝚊𝚗𝚝𝚒𝚕 𝚗𝚊 𝙵𝚊𝚌𝚞𝚕𝚝𝚊𝚍𝚎 𝚍𝚎 𝙲𝙲. 𝚍𝚊 𝙴𝚍𝚞𝚌𝚊𝚌𝚒𝚘́𝚗 𝚍𝚊 𝚄𝚂𝙲" 🎓, unha loita liderada polo alumnado dos graos de Educación Social, Pedagoxía e Maxisterio en abril de 2016.

Durante catro semanas, o estudantado mobilizóuse a través de encerros, concentracións, debates e asembleas abertas, esixindo melloras nas condicións da ensino superior na Universidade de Santiago de Compostela. 📚

Esta protesta xurdiu nun contexto de crise económica e social na facultade, marcada por unha grave falta de profesorado e a precariedade das condicións educativas. Ademais, o alumnado denunciou actitudes machistas e homófobas por parte de dous docentes, agravando aínda máis a situación.

Grazas á presión estudantil, conseguiron:

➡Axilizar a contratación de 24 novos e novas docentes.

➡Incluir as problemáticas expostas polo alumnado na avaliación dos graos da facultade.

➡Convocar unha folga unitaria o 13 de abril en defensa da ensinanza pública.

Este movemento foi un exemplo de como a mobilización social pode traer cambios significativos, demostrando que o alumnado ten o poder de loitar por unha educación superior digna e de calidade.✊

🔗Para coñecer máis sobre esta microexperiencia, visita https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/88/peche-estudantil-na-facultade-de-cc-da-educacion-da-usc

Photos from OGlobo's post 11/09/2024

A microexperiencia que destacamos hoxe é "𝙾 𝚙𝚘𝚋𝚘 𝚗𝚊 𝚍𝚎𝚏𝚎𝚗𝚜𝚊 𝚍𝚊 𝚝𝚎𝚛𝚛𝚊, 𝚍𝚊 𝚊𝚞𝚐𝚊 𝚎 𝚍𝚘 𝚊𝚒𝚛𝚎" 🌱 da Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON , que naceu coa misión de impedir a reapertura da mina a ceo aberto en Touro, unha rexión rica en recursos naturais e culturais, e esixir o cese dos verquidos contaminantes aos ríos. 🌍

A loita desta comunidade contra o extractivismo destrutivo conseguiu deter, polo de agora, un proxecto mineiro que ameazaba con causar danos irreparables nos recursos hídricos e nos modos de vida da comarca. 💧

Desde a súa creación, a plataforma mobilizou á sociedade galega con manifestacións masivas, miles de alegacións e unha incansable labor de sensibilización e denuncia, que levou á obtención dunha Declaración de Impacto Ambiental negativa para o proxecto en 2020. Aínda así, a loita continúa, pois os verquidos aos ríos non cesaron e a ameaza de reapertura segue presente.

👥 A mobilización social foi clave para lograr este éxito inicial, demostrando que cando a cidadanía se une, pode enfrontarse a grandes desafíos e defender os seus dereitos e o seu futuro.

🔗Para coñecer máis sobre esta loita, visita https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/79/o-pobo-na-defensa-da-terra-da-auga-e-do-aire

Photos from OGlobo's post 04/09/2024

A microexperiencia da que imos falar esta semana é Nos Seus Pés👣. Trátase dun festival solidario, organizado pola veciñanza do Grove que ten como obxectivo poñer en valor os dereitos das persoas refuxiadas e recadar fondos para ProemAid, unha organización de axuda humanitaria que traballa no Mediterráneo e nas Canarias. 🛟

A iniciativa xurdiu dunha experiencia de voluntariado da súa creadora nun campo de refuxiados, onde identificou a necesidade de financiamento para proxectos que defenden a dignidade das persoas refuxiadas.

O festival celébrase durante unha fin de semana con actividades gratuítas para todos os públicos, así coma eventos previos que dinamizan a vila, contando coa colaboración de artistas, voluntariado e comercios locais. 🎶🍲

👥 Grazas ao apoio comunitario, "Nos seus pés" converteuse nun festival que, a través da música, a gastronomía e outras expresións culturais, crea unha rede solidaria que une diferentes xeracións e grupos sociais.

🔗Se queres coñecer máis acerca desta microexperiencia, visita https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/81/nos-seus-pes

Photos from OGlobo's post 28/08/2024

➡ O 𝒂𝒍𝒖𝒎𝒏𝒂𝒅𝒐 𝒅𝒐 CIFP Portovello levou a cabo a microexperiencia "𝑀𝘶𝑟𝘰 𝘥𝑎𝘴 𝘮𝑒𝘯𝑡𝘪𝑟𝘢𝑠, 𝘮𝑢𝘳𝑜 𝑑𝘢 𝘪𝑛𝘤𝑙𝘶𝑠𝘪𝑜́𝘯".

💭Preocupadas/os pola desinformación e os bulos que se espallan nos medios sobre colectivos vulnerables, este alumnado -futuras/os Integradoras/es Sociais- lanzouse a unha investigación profunda sobre este fenómeno e a estruturalidade da pobreza.

Con esta iniciativa, quixeron desafiar as lóxicas perversas que nos levan a estereotipar e prexulgar. Crearon un "muro das mentiras" para expoñer esas ideas preconcebidas e, a través da investigación, construíron un poderoso "muro da inclusión". 🧱💬

❓Queres coñecer máis sobre esta microexperiencia? Visita https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/91/muro-das-mentiras-muro-da-inclusion e descubre en profundidade o traballo realizado por este comprometido alumnado!

Photos from OGlobo's post 21/08/2024

🌍✨ O proxecto de EcoEtika , realizado por alumnado e ex-alumnado do IES Luís Seoane de Pontevedra, nace da preocupación pola sostibilidade e o impacto que temos no planeta. Con este espírito, crearon a 𝑭𝒆𝒊𝒓𝒂 𝒅𝒂 𝑺𝒐𝒔𝒕𝒊𝒃𝒊𝒍𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆, un evento que busca concienciar e fomentar a reflexión crítica sobre o noso modelo de consumo e os seus efectos na sociedade e no medio ambiente. ♻️

O resultado foi un espazo único nos corredores do IES Luís Seoane, onde toda a comunidade educativa se reuniu con institucións, asociacións e empresas para crear coñecemento e fortalecer alianzas pola sostibilidade. A través de stands e xogos, promoveron o aprendizaxe e a concienciación sobre este tema tan importante. 🌱

🔗Podes coñecer máis sobre esta microexperiencia en https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/78/feira-da-sostibilidade

Photos from OGlobo's post 14/08/2024

🤩 A microexperiencia da que imos falar esta semana é "𝙴𝚜𝚌𝚊𝚙𝚎 𝚏𝚛𝚘𝚖 𝚝𝚑𝚎 𝚗𝚎𝚝 𝚌𝚊𝚟𝚎" da Asociación Sociocultural BreGal 🤩

Un intercambio xuvenil multicultural no que mozos e mozas de distintos países participaron nunha experiencia centrada en concienciar sobre a alfabetización mediática e o pensamento crítico no contexto actual. 🖥📱

A través dunha metodoloxía que inspirada no mito da caverna de Platón investigaron e analizaron🧐as realidades e a visión das persoas de cada país sobre os medios de comunicación e as diferentes técnicas de manipulación que estes empregan.

Unha vez feita a análise, propuxeron solucións ante os problemas explorados para tratar de saír desa "caverna" cara o exterior.

🧰As propostas que levaron a cabo foron a creación dun "toolkit" e varios vídeos sobre os temas analizados.

➕ Para coñecer máis acerca desta microexperiencia https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/85/escape-from-the-net-cave

Photos from OGlobo's post 07/08/2024

O alumnado de Educación Social da Universidade da Coruña levou a cabo a microexperiencia "𝑫𝒐 𝒐𝒅𝒊𝒐 𝒂𝒐 𝒐𝒄𝒊𝒐 𝒄𝒐𝒎𝒑𝒂𝒓𝒕𝒊𝒅𝒐 𝒄𝒐𝒏 𝒄𝒐𝒍𝒆𝒄𝒕𝒊𝒗𝒐𝒔 𝒗𝒖𝒍𝒏𝒆𝒓𝒂𝒃𝒍𝒆𝒔". 🫂

➡Esta foi unha experiencia de Aprendizaxe e Servizo (APS) a través da cal mapearon discursos de odio e exploraron como afectan ao noso benestar mediante cartografías corporais con colectivos vulnerados, con quen tamén compartiron experiencias de lecer.

Ademais, practicando un lecer comprometido, un grupo voluntario de estudantes compartiu a experiencia na exposición pública do VII Encontro de Acampa pola paz e o dereito a refuxio e na II Convivencia de Educación Social do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia , co obxectivo de sensibilizar e seguir indagando nos impactos dos discursos de odio.

➕ Para coñecer máis acerca desta microexperiencia https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/80/do-odio-ao-ocio-compartido-con-colectivos-vulnerables

Photos from OGlobo's post 31/07/2024

Ante a ameaza do concello de Getxo de trasladar ás persoas maiores dunha residencia a un espazo peor e máis pequeno, derrubando edificios que son memoria viva do pobo, un grupo de persoas maiores, organizadas na Asociación Ibar Nagusien Etxea Elkartea, enfrontáronse ao concello, apoiados pola Asociación de Veciños e a Plataforma Antiderribo. 💪🏡

📢A súa loita é un exemplo de resistencia e defensa dos dereitos das persoas maiores e da memoria histórica da comunidade.

➕Podes coñecer máis acerca desta microexperiencia https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/90/defensa-de-nagusien-etxea-edificios-centro-de-dia

24/07/2024

📢Dúas alumnas do IES Fernando Wirtz Suárez expícannos en que consistiu a súa microexperiencia de transformación social "𝗖𝗮𝗻𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗰𝗼𝗻 𝗖𝗼𝗺𝗽𝗿𝗼𝗺𝗶𝘀𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼 𝗖𝗮𝗺𝗯𝗶𝗼"

Esta actividade, enmarcada nun clube de lectura do centro tratou de achegarse, a través da música e a lectura, a diferentes movementos sociais que procuran a xustiza social, a igualdade e a paz. 🎼📚

A acción escollida para visibilizar a realidade analizada foi unha exposición para informar e sensibilizar ao resto do IES sobre a necesidade de seguir mantendo vivo o espíritu de loita e a reivindicación das cancións propostas.

Para coñecer máis acerca desta microexperiencia➕ https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/75/cancions-con-compromiso-para-o-cambio

17/07/2024

Hoxe compartimos unhas imaxes do proxecto "𝗕𝗮𝗻𝗰𝗼𝘀 𝗽𝗼𝗹𝗮 𝘅𝘂𝘀𝘁𝗶𝘇𝗮 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹" do Concello de Bergondo ✊🏽.

Nesta gravación do taller de elaboración de pezas de radio realizado no VI Encontro, Sere, técnica do Concello de Bergondo, expícanos un pouquiño en que consistiu este fermoso proxecto.

Podedes atopar estes marabillosos e reivindicativos bancos, ilustrados pola artista local Iria Fafián e deseñados de xeito comunitario e participativo pola veciñanza de Bergondo en cada unha das parroquias que conforman o concello.🥰

Para coñecer máis acerca desta microexperiencia➕ https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/84/bancos-pola-xustiza-social

10/07/2024

Hoxe queremos compartir con todas e todos vós a 𝗺𝗶𝗰𝗿𝗼𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝘁𝗿𝗮𝗻𝘀𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹 realizada polo 𝗮𝗹𝘂𝗺𝗻𝗮𝗱𝗼 𝗱𝗼𝗜𝗘𝗦 𝗖𝗮𝗿𝗹𝗼𝘀 𝗖𝗮𝘀𝗮𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗩𝗶𝗮𝗻𝗮 𝗱𝗼 𝗕𝗼𝗹𝗼, que leva por título "𝗔𝗻𝗶𝗺𝗮𝗹, 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗶 𝗱𝗲 𝗲𝗰𝗼𝘀𝗶𝘀𝘁𝗲𝗺𝗮".🌍🐱🐶

Estas alumnas e alumnos fixeron unha investigación sobre o maltrato animal na súa zona: cantos casos hai, como se actúa e canto saben os compañeiros e compañeiras do IES acerca do tema?

A través desta investigación, no “Anuario estadístico 2022” do Ministerio do Interior descobriron que, neste ano, houbera 1057 delitos de maltrato animal doméstico, que representan preto do 40% dos delitos cometidos en temas de medio ambiente.
Ante datos coma este, e sensibilizados pola temática, quixeron levar a cabo unha serie de accións na súa contorna que axuden a concienciar sobre ela.

Realizaron 3 grandes accións:
📝Escribiron e leron un manifesto contra o maltrato animal, ademais de envialo a diversos medios de comunicación para a súa difusión.
📢 Deseñaron unha serie de imaxes para difundir en RRSS e facer pegatinas con elas, para sensibilizar sobre o maltrato animal.
🎲Crearon uns xogos de taboleiro e prepararon unhas charlas para impartilas no CEIP Bibei de Viana do Bolo.

Para coñecer máis acerca desta microexperiencia➕ https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/76/animal-compi-de-ecosistema

03/07/2024

Unha das 𝗺𝗶𝗰𝗿𝗼𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝘁𝗿𝗮𝗻𝘀𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹 recollidas este ano por O Globo é a 𝗔𝗰𝗮𝗺𝗽𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗼𝗿 𝗣𝗮𝗹𝗲𝘀𝘁𝗶𝗻𝗮, realizada polo 𝗮𝗹𝘂𝗺𝗻𝗮𝗱𝗼 𝗱𝗮 𝗨𝗗𝗖. 🇵🇸⛺

O alumnado da Universidade da Coruña, preocupado ante o que estaba a acontecer en Palestina e vendo o impacto que estaban a ter as acampadas realizadas en distintas universidades estadounidenses deciden cocomezar unha acampada no Campus de Elviña o día 22 de maio.

Durante máis de 20 días, diversas persoas vencelladas á UDC participaron nesta acampada simbólica, paralizando as súas vidas para solidarizarse coas vidas que, forzosamente, están a ser paralizadas en Palestina. Ademais, durante este tempo realizaron outra serie de accións organizativas tales coma asembleas abertas ou reunións estudantís e actividades culturais coma concertos, recitais de poesía ou actividades deportivas para seguir dando visibilidade á problemática.

O pasado 16 de xuño, tras o atendemento dos requirimentos realizados ao reitorado, levantaron a acampada. Con todo, as persoas implicadas seguen reivindicando e participando en actividades a favor de Palestina.

➕Podes consultar máis información sobre esta e outras microexperiencias na nosa páxina web https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda

26/06/2024

E velaquí está a 𝗶𝗹𝘂𝘀𝘁𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗩𝗜 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗢 𝗚𝗹𝗼𝗯𝗼, coma sempre a cargo da nosa artista residente Idoia de Luxán Vázquez • Deseño & ilustración ! 👩🏻‍🎨💖

Non hai mellor maneira de reflectir o marabillosa que foi esta xornada na que contamos con arte, humor, aprendizaxes e moito, moito activismo! Compartimos momentos únicos dos que collemos a inspiración e os folgos necesarios para continuar.✨

🎥 Xa tedes dispoñible na nosa canle de YouTube o vídeo-resumo de todo o acontecido neste VI Encontro. Botádelle un ollo! https://www.youtube.com/watch?v=F37q-V_uHb8

Moitísimas grazas a todas as entidades sociais, centros educativos e colectivos que formáchedes parte de O Globo este ano🫂🫂. Seguimos con forzas para volvernos atopar o ano que vén❗

Photos from OGlobo's post 18/06/2024

Onte, na Galería Tangram, tivemos o pracer de celebrar o Mini-Encontro de O Globo, unha xornada especialmente creada para o alumnado do CRA María Zambrano, que non puido participar no VI Encontro do pasado venres.

Estes peques desprazáronse desde O Rosal ata Pontevedra para desfrutar dunha mañá que comezou cun delicioso chocolatiño quente con galletas de Comercio Xusto SIG. Posteriormente, expuxeron a súa microexperiencia de transformación social diante das súas compañeiras, compañeiros, profesorado e a equipa de Solidariedade Internacional de Galicia.

A xornada completouse con "Contos do mundo" e o divertido xogo "Non pases palabra". Foi unha experiencia ben enriquecedora e interesante para todos e todas!🫂

Photos from EuroEume's post 14/06/2024
Photos from Concello de Bergondo's post 14/06/2024
Photos from Sachos á rúa.'s post 14/06/2024
11/06/2024

⏰ Tic, tac, tic, tac...

𝐎 𝐕𝐈 𝐄𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐎 𝐆𝐥𝐨𝐛𝐨 𝐱𝐚 𝐬𝐞 𝐚𝐩𝐫𝐨𝐱𝐢𝐦𝐚!!🎉

Este venres, día 14 de xuño, xuntarémonos no📍Castelo de Santa Cruz (Oleiros) para que centros educativos e entidades poidan compartir as súas microexperiencias de transformación social.

Ademais, tamén teremos:

🎭 Humor, a cargo de Diana Sieira e Marita Martinez Arcay

🎶Obradoiro de regueifa, con Erre Que Erre

🎙Obradoiro de radio, con AGARESO

📸 Obradoiro de foto participativa, con Solidaridad Internacional PV

E, coma sempre, a ilustración de todo o que alí aconteza será realizada por Idoia de Luxán Vázquez • Deseño & ilustración 🎨

Agardamos con moitas ganas o día!!!

24/06/2023

𝐔𝐧𝐡𝐚 𝐢𝐦𝐚𝐱𝐞 𝐯𝐚𝐥𝐞 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐦𝐢𝐥 𝐩𝐚𝐥𝐚𝐛𝐫𝐚𝐬💖

✨Velaquí a ilustración deste 5º encontro: cores, conversas, convivencia, diversidade, cooperación, humor, aprendizaxe e posta en común de moitas microexperiencias para mudar o mundo nunha soa imaxe 🌎

👩‍🎨 Idoia Luxán é xa artista residente dos Encontros de OGlobo e é artífice do resumo pictórico desta edición 🎨

𝐆𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒 un ano máis 🎉

Solidariedade Internacional de Galicia Diana Sieira Mujeres Mayas Kaqla alala.coop IES Fernando Wirtz Suárez Cpr. Nebrija Torre de Hércules FEP Fundacion Eduardo Pondal Fousas ao monte Xeracción S. Coop Galega

Photos from OGlobo's post 21/06/2023

🌎𝟓º 𝐄𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐨 𝐆𝐥𝐨𝐛𝐨 🌏

🌈O Encontro deste ano veu cargadiño de cousas, e queremos agradecer a todas as persoas implicadas que viñeron poñer en valor con nós a participación social e festexar os activismos❤️

✨A presentación e benvida por parte de Solidariedade Internacional de Galicia, quen promove e coordina OGlobo

✨Comezamos o encontro co humor e as risas, aprendendo técnicas de improvisación divertidisimas da man de Diana Sieira e Marita Martínez

✨Combinamos arte e aprendizaxe, con obradoiros de regueifa ( ), fotografía participativa (Pablo de Solidaridad Internacional PV) e reflexionamos sobre as microexperiencias de transformación social con Cidadania S. Coop. Galega

✨A choiva deunos un respiro☔ para a Feira de microexperiencias: grazas a Ágora Sonia Trigo, Xeracción S. Coop Galega, IES Fernando Wirtz Suárez, alala.coop e o resto de entidades e colectivos que captou a sonda do Globo 🎈
✨Conectamos con Flor Barán de Mujeres Mayas Kaqla Mujeres Kaqla Mujeres Arcoíris para coñecer a súa realidade, prestando atención ás microexperiencias do Sur Global

🖼Temos unha fermosa ilustración do acontecido no encontro, da man de Idoia Luxán, que poderedes ver nos próximos días

🤝E como non, agradecemos tamén a todas as persoas asistentes e ao voluntariado de solidariedade internacional de Galicia 🫶

Un día no que compartimos, cargamos enerxías, participamos, aprendimos e tecimos redes. Quedamos con ganas de máis!💥

¿Quieres que tu empresa sea el Organización Sin Fines De Lucro mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


A Coruña, Galicia
A Coruña
15003
Otros Organización sin ánimo de lucro en A Coruña (mostrar todas)
Asociacion Cultural Juvenil Exilio Asociacion Cultural Juvenil Exilio
Galo Salinas Nº 4
A Coruña, 15010

Página conmemorativa de la Asociación Cultural Juvenil Exilio. Si sabes de que va, no tengo que expli

Club de Leones La Coruña Decano Club de Leones La Coruña Decano
Torreiro Número 20
A Coruña, 15003

El Club de Leones La Coruña Decano es una ONG Integrada en Lions Clubs International (LCI), forman

Fundación Nortempo Fundación Nortempo
Calle Currros Enriquez 43/Bj
A Coruña, 15002

La Fundación Nortempo es una entidad sin ánimo de lucro que promueve la integración de las person

Equus Zebra Equus Zebra
Entrepeñas 47
A Coruña, 15010

Somos una ONG dedicada a la integración socio-laboral de personas en riesgo de exclusión

Fundación Meniños Fundación Meniños
Avenida De Cádiz 5, A Coruña
A Coruña, 15008

Somos una organización independiente y sin ánimo de lucro que trabaja por los derechos de la infancia en Galicia y Asturias. http://www.meninos.org/

Zocamiñoca Soc. Coop. Galega Zocamiñoca Soc. Coop. Galega
Avenida Da Concordia, 199
A Coruña, 15009

Zocamiñoca é unha cooperativa de consumo responsable na cidade da Coruña. Temos todo tipo de produtos de alimentación e limpeza de orixe local, eco-lóxicos, de comercio xusto, a gr...

Avc Los Rosales Avc Los Rosales
A Coruña, 15011

Asociación de Vecinos y Comerciantes Los Rosales

Federación Galega de Micoloxía Federación Galega de Micoloxía
A Coruña, 15001

Páxina de información da Micoloxía na Comunidade Autónoma de Galicia e composta por Agrupacións ou Asociacións de Micoloxía da mesma, que ten como fin o estudio e divulgación da Mi...

Asshine Asshine
4865 Devils Hill Road
A Coruña, 335325

asshine

Enjoydesk Enjoydesk
1178 Briarwood Drive
A Coruña, 454523456

enjoydesk

Anpa Agualada Anpa Agualada
Campo Da Feira, Agualada, S/n, Coristanco
A Coruña, 15148

Asociación de nais e pais do alumnado do Ceip Bormoio Agualada

Asociación Tuxe Asociación Tuxe
A Coruña, 15174

Nuestro objetivos es recaudar fondos para: �Bienestar animal �Terapias asistidas ecuestres �Bienestar infantil