Coruña Deportes

Páxina oficial da Concellería de Deportes do Concello da Coruña.

23/09/2024

👟 A Carreira Popular Coruña10 está preto, aproveita estes últimos días para inscribirte.

📍 Esta XVIII edición chega cun circuíto urbano que partirá da Porta Real e que conta con rutas alternativas para categorías inferiores.

Tes ata o 29 de setembro para realizar a túa inscrición a través de www.carreirasgalegas.com.

Photos from Coruña Deportes's post 22/09/2024

🚗 Finaliza o oitavo EcoRallye A Coruña con Eneko Conde, Francisco Javier Hernández, Jesús Alberto Arronte e Alfredo Bárcena como vencedores.

🏆 O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou este domingo na entrega de trofeos dun campionato no que a praza de María Pita foi punto de partida e final da proba.

👏 Parabéns a todos os participantes desta exemplar iniciativa.

Photos from Concello da Coruña's post 22/09/2024

🩷 Grazas a todas as que, edición tras edición durante 20 anos, facedes cada vez máis grande esta marea rosa.

🏃‍♀️ Pechamos unha fin de semana cheo de deporte con carácter reivindicativo.

Photos from Coruña Deportes's post 21/09/2024

🛹 O Campionato Galego Rampla (Bowl) para skaters federados en Galicia rematou!

📍 A Escola Maroña acolleu durante todo o día os adestramentos e competicións.

🤩 A xornada deixou imaxes espectaculares grazas a estes grandes deportistas e unha morea de premios.

Photos from Coruña Deportes's post 21/09/2024

🛹 Xa deu comezo o Campionato Galego Rampla (Bowl) para skaters federados en Galicia na Escola Maroña.

🕢 Ás 11:00 horas comezaron os adestramentos que deron paso ás competicións.

🏆 Ás 20:00 horas terá lugar a entrega de trofeos.

21/09/2024

🏃‍♂️ Xa queda pouco para a Carreira Popular Coruña10.

📆 O vindeiro 6 de outubro será cando teña lugar este evento deportivo, un dos máis multitudinarios da cidade, que este ano celebra a súa XVIII edición.

✍️ Tes ata o 29 de setembro para realizar a túa inscrición a través de www.carreirasgalegas.com.

20/09/2024

➡️ As categorías da competición serán a sub16 e absoluta feminina e masculina e o horario do evento prolongarase desde as 11.00 ata as 20.00 horas.

📍 Os clubs participantes virán de toda Galicia e serán: Maroña Indoor (A Coruña), Viejo Lobo (Pontevedra), Northside (A Coruña), Barrier (Vigo) e Barrel (Narón).

🛹 A Coruña acolle este sábado o Campionato Galego de Rampla de ‘skate’

👉 A competición, na que colabora o Concello, celebrarase na Escola Maroña Indoor desde as 11.00 horas

A info: https://i.gal/S61AL

Photos from Concello da Coruña's post 20/09/2024

👟 A carreira terá un percorrido de 6,5 quilómetros con saída e meta na avenida de Buenos Aires, fronte ao complexo deportivo de Riazor.

♀️ O obxectivo nesta edición 2024 da Carreira da Muller será superar en toda España o millón e medio de mulleres participantes dos últimos 20 anos.

19/09/2024

👟 Únete a andaina Camiña Coruña, que este ano celebra a súa terceira edición o vindeiro sábado 28 de setembro.

⛰️ Organizada en colaboración con Agrupación de Montañeros Independientes, tras o éxito da última proba, este ano amplíanse o número de participantes ata 700 persoas.

➡️ Inscríbete na web https://i.gal/IQwKn.

18/09/2024

🛼 O deportista coruñés acadou este título anotanto un decisivo tanto a seis minutos para o final.

💬 Rey celebrou tamén a aposta do Hockey Club Liceo polo coruñés, que formará parte do primeiro equipo esta tempada.

🏑 Inés Rey felicita a Jacobo Copa polo seu título de campión do mundo de hockey a patíns sub-19

👏 A alcaldesa recibiu ao deportista, que “garante un brillante futuro para o Liceo e o deporte coruñés”

A info: https://i.gal/MmMcr

17/09/2024

🎽 O vindeiro domingo 6 de outubro volve a Carreira Popular Coruña10.

🏙️ Este evento deportivo imprescindible celebra a súa XVIII edición cun circuíto urbano e probas para categorías inferiores.

➡️ Podes inscribirte ata o 29 de setembro a través de www.carreirasgalegas.com.

16/09/2024

🏆 O coruñés, Jacobo Copa proclámase campión mundial coa selección española sub-19 de hockey patíns na final dos World Skate Games 2024.

👏 Parabéns, Jacobo!

16/09/2024

🚶 O vindeiro 28 de setembro únete a terceira edición de Camiña Coruña, en colaboración con Agrupación de Montañeros Independientes.

🌳 Unha oportunidade de explorar espazos emblemáticos da cidade nunha andaina non competitiva con modalidades distintas que se adaptan a todo tipo de participantes.

Podes inscribirte na web https://i.gal/IQwKn

Photos from Concello da Coruña's post 15/09/2024

🏅 O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, fíxolle entrega das medallas ás persoas gañadoras e dou a saída das diferentes probas.

🏃 O trazado da carreira contou cun percorrido total de 6.640 metros, transcorrendo polo barrio de Matogrande, o Campus Universitario de Elviña e por primeira vez Xuxán.

15/09/2024

🥉 Lucas Yáñez obtivo a medalla de bronce na modalidade libre en categoría sénior do Campionato do Mundo de patinaxe artística.

👏 Parabéns por este novo logro, Lucas, e, por suposto, felicidades tamén á súa adestradora Rosa García, do CPA Maxia y CP Oleiros, por todo o traballo realizado!

Photos from Coruña Deportes's post 14/09/2024

🏆 Máis de 150 regatistas e unha trintena de barcos asistiron hoxe á 39 edición do Trofeo AON de La Amistad, organizado polo Náutico coruñés.

👤 O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios, no que sortearon varios regalos entre os regatistas máis novos.

14/09/2024

🛹 A coruñesa, Julia Benedetti, xa está preparada para competir nos World Championships de Roma coa selección española de .

🍀 Moitísima sorte, Julia!

Photos from Coruña Deportes's post 14/09/2024

🏇 Esta mañá tivo lugar a terceira xornada do CST Cidade de A Coruña nas instalacións da RSD Hípica da Coruña en Figueroa.

🏅 O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, foi un dos participantes na entrega de premios.

Photos from Coruña Deportes's post 14/09/2024

🎾 Hoxe tivo lugar a final do Torneo Internacional de Tenis 2024 'Ciudad de A Coruña', que se levou a cabo ao longo desta semana no Sporting Club Casino.

🏆 O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de premios.

14/09/2024

🕖 Consulta aquí os horarios por categoría da Carreira Popular Matogrande-Xuxán que terá lugar este domingo 15 de setembro.

🔹 10:00 h | ABSOLUTA
🔹 11:15 h | SUB18
🔹 11:30 h | SUB16
🔹 11:45 h | SUB14
🔹 12:00 h | SUB12
🔹 12:15 h | SUB10
🔹 12:30 h | PEQUES

Photos from Concello da Coruña's post 13/09/2024

🏀 Trátase dun pavimento de nivel internacional idéntico ao que empregan equipos como o Real Madrid ou o Baskonia

⛹🏻 As canastras son as de mellor calidade que se empregan en Europa, só por detrás das usadas na NBA norteamericana.

13/09/2024

🥈 Unai Cereijo, do CPA Maxia y CP Oleiros, proclamouse subcampión no Campionato do Mundo júnior de patinaxe artística.

🏆 Unai acadou onte a prata cunha puntuación total de 229.23.

Moitos parabéns, Unai! 👏

13/09/2024

🏃 Descansa, pasea ou practica algún deporte co Atlántico aos teus pés 🌊 a través dos 13 quilómetros de paseo marítimo cos que conta a nosa cidade.

🏃 Descansa, pasea o practica algún deporte con el Atlántico a tus pies 🌊 a través de los 13 km de paseo marítimo con los que cuenta nuestra ciudad.

🏃 Relax, stroll or play sport with the Atlantic at your feet 🌊 along the 13km of seafront that our city has to offer.

13/09/2024

A Carreira Popular Matogrande-Xuxán contará cos seguintes servizos á disposición de todas as persoas participantes ⤵

🚿 Servizo de duchas de 10:30 a 13:00 horas.
🎒 Servizo de gardarroupa de 9:30 a 11:15 horas.

12/09/2024

👕 As persoas participantes na Carreira Popular Matogrande-Xuxán deberán retirar os seus dorsais no colexio Liceo La Paz o mesmo día da carreira (domingo 15 de setembro ), desde as 09.00 horas e ata unha hora antes do inicio de cada proba.

📍 O acceso ao colexio Liceo La Paz habilitarase na rúa Sebastián Martínez Risco.

11/09/2024

As persoas participantes na Carreira Popular Matogrande-Xuxán, contarán cos seguintes servizos situados no Colexio Liceo La Paz este domingo, 15 de setembro ⤵

🚿 Servizo de duchas de 10:30 a 13:00 horas.
🎒 Servizo de gardarroupa de 9:30 a 11:15 horas.

10/09/2024

📍 A VIII edición deste circuíto terá un percorrido de 6.640 metros, e como novidade, os dous últimos quilómetros percorrerán o barrio de Xuxán.

👟 Como é habitual, haberá unha proba absoluta e percorridos adaptados para categorías inferiores.

🏃‍♀️ Máis de 1.500 persoas volven este domingo ao Coruña Corre na carreira popular Matogrande-Xuxán

⚠️ Desde as 07.00 horas do domingo 15 de setembro cortarase a rúa Sebastián Martínez Risco para a colocación dos arcos da saída meta

Toda a información: i.gal/wkWhG

10/09/2024

🎾 Durante esta semana estase a celebrar o Torneo Internacional de Tenis 14&Under Cidade da Coruña.

📍 O Sporting Club Casino acollerá ata este sábado, 14 de setembro, os enfrontamentos entre as diferentes categorías.

¿Quieres que tu empresa sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


Calle Manuel Murguía S/n
A Coruña
15011

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 08:00 - 14:00
Miércoles 08:00 - 14:00
Jueves 08:00 - 14:00
Viernes 08:00 - 14:00
Otros Ayuntamientos en A Coruña (mostrar todas)
Concello de San Sadurniño Concello de San Sadurniño
Lugar Do Casal 16
A Coruña, 15560

http://www.sansadurnino.gal

Coruña Educa Coruña Educa
Avda. Da Marina 18
A Coruña, 15001

Páxina oficial da Área de Educación do Concello da Coruña.