Froitomar

Factoría de Bacalao Froitomar, elaboración del bacalao y otros productos del mar del norte.

Froitomar es una factoría de bacalao con 25 años de experiencia en el sector, dedicada fundamentalmente a la elaboración del bacalao y otros productos del Mar del Norte. Nuestra empresa cuenta con un efectivo departamento de I+D+i, porque la innovación y el dinamismo son nuestros principios básicos. Contamos con una relación muy estrecha con Islandia, país de donde proviene un porcentaje muy eleva

31/12/2022

De parte de toda a familia Froitomar, querémovos desexar un próspero ano 2023, a encher de sonos e proxectos, amor, saúde e felicidade!!!

#2023

24/12/2022

E por fin chegou o día!!!! Esperamos que vos gustase o noso de Advento. Hoxe, os nosos mllores desexos están convosco!!! Que tiñades moi bo Nadal!!!

23/12/2022

E para cerrar o noso , todo un clásico da nosa cociña!! Bacallau en salsa verde con ameixas, ideal para unha cea pre Nadal!

Bo proveito... E felices festas!!!!

BACALLAU EN SALSA VERDE CON AMEIXAS

- 2 lombos de bacallau Froitomar 400 g
- 200 g ameixas
- 300 ml caldo de peixe
- 2 dentes de allo
- 2 culleradas de fariña
- 1/2 cunca de viño branco
- AOVE, sal e perexil.

PREPARACIÓN

- Dora un pouquiño os allos troceados nunha tixola. Despois, engade o bacallau e baixa o lume ao mínimo. Deixa que se faga pouco a pouco e solte a xelatina, remexando para que non se quemen nin o bacallau nin os allos, uns 10 minutos.

- Bótalle o viño e deixa que o alcol ev***re. Despois, engade o caldo de peixe ata cobrir o bacallau. Cando esté a ferver, déixao a medio lume.

- Cando esté case feito, a uns 3 ou 4 minutos, engade as ameixas e o perexil picadiño ben miudiño. Se notas a salsa moi líquida, podes sacar o bacallau e as ameixas e deixala reducir un pouco máis.

Coma recomendación extra: ten a man unha bolla de pande Carral para mollar na salsa, porque vai estar incrible!!

22/12/2022

Hoxe no noso traémosvos unha receita moi oriental, con todo o sabor da India! Unha receita moi sinxela, e todo un clásico dentro da nosa carta de pratos para microondas... Bacallau ao curry!!

INGREDIENTES

- 2 Lombos de bacallau Froitomar (pódelo pedir na nosa web Froitomar.com)
- 1/2 limón
- 1 plátano
- Curry molido
- 75 ml nata líquida
- Auga
- 1 cullerada de fariña de trigo
- AOVE

PREPARACIÓN

- Trocea o bacallau e bótalle o zume do limón-
- Fritimos o bacallau, e cando estea casi listo fritimos tamén os plátanos.
- Na tixola de cociñar o bacallau, botamos a culler de fariña, douramos e botamos o curry.
- En un minutiño, botamos a nata e a auga, e removendo, deixamos sen grumos.
- Espesamos, botamos por riba ao peixe... E a comer!!

Unha receita ben sinxela e rápida, que che pode solucionar unha cea pre-nadal!!

21/12/2022

Para este mércores do tramémovos unha receita boísima, ideal para o pica pica da cea de Noiteboa: chea de vitaminas, sen nada de carne, e que poderedes cociñar cos máis pequenos da casa, porque é súper sinxela de facer!

EMPANADILLAS DE BACALLAU CON TOMATE E VERDURAS

INGREDIENTES
- 200 g de Bacallau Desalado Froitomar
- 50 g de tomate frito, ou fritada de tomate
- 8 obleas de masa para empanadillas
- 100 g de cebola
- medio pemento vermello
- medio pemento verde
- AOVE
- 1 ovo

PREPARACIÓN

1 - Precalienta o forno a 200 graos.
2 - Corta en anacos toda a verdura, en tacos moi pequenos, e sofrite nunha tixola uns 10 minutos.
3 - Engade o bacallau ben desmigado en anaquiños e déixao na tixola 3 minutos máis.
4 - Engade o tomate (ou a fritada) á tixola, e déixao facer durante un par de minutos.
5 - Coloca as obleas sobre unha bandexa para forno, en canto deixas arrefriar o bacallau.
6 - Chama aos máis peques da casa para que che axuden a encher as obleas e pechalas cun tedor.
7 - Bate un ovo e pinta a masa, e despois méteo todo ao forno 10 minutos.

E listo!! Podedes acompañalas dunha terrina de salsa agridoce para os máis larpeiros, pero garantímosvos que soas están boísimas! Unha receita moi moi rápida e super entretida para facer cos teus fillos. Non esquezades sacarvos unha foto, subila ás redes e etiquetarnos en canto cociñades!!!

20/12/2022

Hoxe nesta cabeira semana do facemos honra a todo un clásico da cociña ibérica... A tortilla!!! Sexa con cebola, sen cebola, de coliflor, de pataca, de bacallau ou ata de pan, é un dos pratos máis sinalados da cociña española, e todo un exemplo da calidade culinaria da nosa terra!

INGREDIENTES

- 200g migas desalgadas Froitomar (pódelas pedir na nosa web, froitomar.com)
- 4 chalotas
- 4 ovos
- 1 pemento verde
- AOVE e sal

PREPARACION

- Pasamos pola tixola as chalotas e o pemento verde en anacos pequenos.. Unha vez que poche, botamos as migas de bacallau e cociñamos durante 5 minutiños.
- Quitamos toda a aceite cun escurridor. Deixamos unhas pingas para que a tortilla non se pegue. Batimos os ovos, engadimos un puco de sal, e mesturamos todo co bacallau e a verdura.
- Facemos a tortilla polos dous lados durante uns minutos. Coidado cando lle des a volta!!
- Se che gusta estilo Betanzos, engade dous ovos máis, e fala só por un dos lados.

E listo!!! Unha receita, moi sinxela e moi rápida... Pero que triunfa sempre!!

19/12/2022

Para a cabeira semana do , temos de reserva unha morea de receitas para deixar o listón ben arriba este Nadal. Hoxe, amosámosvos como facer un bacallau con arroz negro, unha receita clásica no noso catálogo para microondas, pero que agora poderedes facer na vosa casa!

INGREDIENTES

- 1 lombo bacallau desalgado Froitomar (podédelo pedir na web, e chégache a casa esta semana)
- 400g de arroz bomba
- 1 tomate
- 2 dentes de allo
- 1 cebola
- 2 luras
- tinta de lura
- 1 vaso de viño branco
- Auga

PREPARACION

- Limpa e trocea as luras ben pequeniñas, e disolve a tinta nun vaso de viño branco.
- Pon a cebola e o allo picadiños nun cazolo, e pocha todo ben.
- Con isto, deixamos facer o arroz negro.
- Noutro cazolo, poñemos un fondo das luras coa tinta, e dámoslle un fervor.
- Engadimos ás luras o arroz, e deixamos cocer controlando a cantidade de líquido.
- Escaldamos o bacallau cun dediño de auga, e reservamos escurrido.
- Cado estea o arroz, sacamos do lume e o tapamos cun trapo mentres reposa.
- Servimos o bacallau facendo unha cama de arroz negro.

O truco do chef: Podedes botarlle un chorro de ali oli, para darlle ao arroz un toque de allo impresionante!!

18/12/2022

Estamos a piques de entrar na cabeira semana do noso !! Hoxe, para a final do traémovos unha receita contundente de forno, que podedes quentar mentres vedes o partido para ter a cea lista ao rematar! Bacallau con verduras ao forno!

- 2 lombos de 400 g bacallau (o podedes pedir na nosa web froitomar.com, listo e desalgado para cociñar)
- 10 tomates cherry
- 6 patacas
- 4 dentes de allo
- 1 Cebola
- Tomiño
- Zume de medio limón
- AOVE

- Prequenta o forno a 200º.
- Parte a cebola ben miúda e colócaa nunha fonte xunto ás patacas, os dentes de allo, os tomates cereixa e un chorro de aceite de oliva.
- Enforna todo durante 30 minutos.
- Retira do forno a verdura, e engade o bacallau á fonte xunto ao zume de limón e o tomiño.
- Deixa que se faga todo xunto durante 15 minutos.
- Emprata, sube a foto a Instagram e acórdache de etiquetarnos!

17/12/2022

Para a receita do noso deste sábado, eliximos unha receita moi típica do Samaín, uns lombos de bacallau cunha crema de cabaza ideal para quentar o corpo agora en decembro!

INGREDIENTES

- 1 lombo de bacallau desalgado Froitomar (que podedes mercar na nosa web froitomar.com)
- 800g de cabaza
- 50g de bacallau afumado
- 50g de arroz
- 2 allos porros
- AOVE, sal e perexil

PREPARACIÓN

- Parte a cabaza e os allos porros e rehógalos uns 10 minutos nunha tixola.
- Parte o bacallau afumado e o arroz. Engádeo á tixola e cobre con auga.
- Cóceo todo durante 15-20 minutos.
- Retira a pel do lombo de bacallau, córtao en dados e conféitao nun cazo con aceite a lume suave.
- Serve xunto á crema nun tazón, ou nun prato a modo de salsa.

E listo!! Unha receita moi sinxela, perfecta para unha noite de medo!

16/12/2022

Hoxe imos cunha nova receita no noso que é moi típica destas datas. Un prato de culler que é todo un clásico na cociña do bacallau, e que de seguro todos coñecedes moi ben: bacallau con garbanzos!!

INGREDIENTES

- 2 lombos de bacallau desalgado Froitomar (os podes pedir na nosa web froitomar.com e enviámoschos a casa)
- 400g garbanzos (que coceremos previamente)
1 cebola
2 dentes de allo
1 tomate
1 cullerada de pementón doce
1 culleradiña de comino
1 cullerada pequena de fariña
AOVE

PREPARACION

1. Fai un sofritido cos allos e a cebola. Cando comezen a estar dourados, bota a fariña, o tomate ralado, e o pementón doce e o comino.
2. Mestura todo ben deixa que se cociñe uns catro ou cinco minutos.
3. Engade os garbanzos, xa cocidos, e o bacallau en lascas.
4. Bótalle auga e deixa cociñar a lume suave uns 15 ou 20 minutos.

15/12/2022

Hoxe traémosvos ao todo un prato de cociña fusión: o mellor con todo o sabor das especies orientais. Un prato que resulta moi ben sexa para facer unha cea rápida, ou para sorprender a alguén nunha cita! Deixámovos a receita do bacallau ao curry!!

INGREDIENTES

- 1 Lombo de bacallau desalgado Froitomar (Podédelo mercar na nosa web froitomar.com)
- 1/2 limón
- Curry ao gusto
- 75 ml nata líquida
- 1 cullerada fariña de trigo
- 1 vaso de auga
- AOVE
- Sal

PREPARACION

- Cortamos o bacallau en trozos como na imaxe da publicación, botámoslle o zume do limón, e pasamos pola tixola.
- Na mesma tixola, engadimos aceite e douramos a fariña e o curry.
- Engadimos ao curry a nata e o auga, remexando ben para que non faga grumos, e ata que espese ben.
- Botámoslle a salsa ao bacallau por riba, e presentamos.
- Como guarnición, pódeslle facer unha taza de arroz basmati ou outra variedade de arroz oriental.

E listo!! Diredes que non é sinxela, non si? Lembrade sacarlle unha foto a receita e etiquetarnos nela!!

14/12/2022

Hoxe no noso traémovos unha receita dos nosos irmáns do sur, Portugal, que teñen auténtica locura polo bacallau. Un prato típico portugués que seguro que moitos probariades algunha vez, os Bolinhos de Bacalhau! Unha receita moi sinxela de facer, pero que funciona en case calquera situación, desde unha cea con amigos para ver o ata uns entrantes de voda!!

BOLINHOS DE BACALHAU
INGREDIENTES

1 lombo bacallau desalgado Froitomar (pódelo pedir na nosa web, froitomar.com, e chégache a casa!)
600g de patacas
1/2 cebola
2 ovos
Perexil
AOVE
Sal
Limas

PREPARACION

1. Pon as patacas para cocer 30 ou 40 minutos. Despois faremos un puré con elas, así que machúcaas ben cando estean cocidas.
2. Mentres que as patacas cocen, pon auga a ferver nunha pota. Unha vez que ferva, baixa a lume medio e coce o bacallau uns 8 minutos.
3. Déixao arrefriar, retira a pel e desmígao moi moi pequeno. Se queres, pode darlle un toque na trituradora.
4. Pica ben fina a cebola e o perexil, bate os dous ovos e mestúrao todo nun bol xunto co puré de pataca e o bacallau triturado.
5. Con dúas culleres, recolle "bolinhos" de masa e fríteas durante un par de minutos.
6. Serve cunhas cuñas de lima para botarlles o zume por riba.

13/12/2022

Para hoxe martes 13, no noso un prato que vos vai dar de todo menos mala sorte! Unha receita compreta e a encher de viatminas, minerais, ácido fólico e moi moi saudable, aínda que as alcachofas non son moi doadas para paladar dos nenos... Con esta receita seguro que consegues que as coman en ata limpen o prato!

INGREDIENTES
- 4 lombos de bacallau Froitomar desalgado (Pódelos mercar no súper, pero tamén os podes pedir na nosa web froitomar.com)
- 800 gr de alcachofas
- 1 vaso de viño branco
- Perexil
- Azafrán
- Fariña
- Aceite
- Pementa
- Allo
- Sal
- Ovo duro

Limpamos ben as alcachofas, deixando só o corazón. Poñerémolas nun recipiente con auga e un chorro de limón ou vinagre para que non se oxiden e sigan mantendo esa cor verde intensa.

Poñemos un pouco de aceite nunha tixola e en canto se quenta imos enfariñando o bacallau. Cando o aceite estea o suficientemente quente poñeremos o bacallau para que se doure.

No mesmo aceite do bacallau poñemos as alcachofas cortadas en anacos para que se vaian facendo, deixarémolas ben tenras.

Nunha pota grande poñemos as alcachofas, encima delas o bacallau e o salpimentamos todo ben.

Nun morteiro poñemos allo, perexil, azafrán e viño branco. Machucarémolo todo moi ben e faremos como unha mestura. Botámolo directo á olla, e deixamos que coza todo 15 minutos.

Trocea o ovo duro para decorar á hora de empratar.

E listo! unha receita moi moi sinxela, e que entra moi ben nestes días de frío!

12/12/2022

Hoxe luns, comezamos nova semana no cunha receita típica da costa mediterránea, en concreto de Catalunya, onde o bacallau se come moitísimo e de miles de maneiras diferentes. Nesta ocasion, amosámovos a receita da Esqueixada de bacallau, do estilo das ensaladas ou o ceviche, no que o bacallua se come crú. Coma sempre vos decimos cando unha receita leva balallau sen cociñar: nos vos preocupedes polo anisakis. Sempre que o bacallau non sexa fresco (que sexa curado, salgado...) pódese comer sen cociñar. Imos coa receita!

INGREDIENTES:
1 bandexa de migas de bacallau salgadas Froitomar (pódelas pedir na nosa web, froitomar.com)
2 tomates ben xeitiños
2 cebolas moradas
1 pemento vermello e verde (opcional)
1 puñado de olivas negras
AOVE
Sal e pementa

PREPARACIÓN: (Lembra que as migas teñen que estar desalgando 24 horas en auga, cambiando cada 8 horas)

1 - Desfacemos as migas en anacos máis ou menos uniformes, como a xema dun polgar.
2 - Cortamos a cebola e o tomate en anacos moi pequenos.
3 - A receita orixinal no os leva, pero e queremos, podemos engadir os pementos en anaquiños pequenos.
4 - Nun bol, mesturámolo todo e engadimos un bo chorro de AOVE.
5 - Engadimos as olivas negras, e regamos con outro pouco de AOVE.
6 - Corriximos de sal e engadimos un toque pequerrechiño de pementa negra.
7 - Gardamos na neveira durante polo menos un par de horas, para tomar ben fría.

E listo!! Aquí tedes unha receita moi moi fresca, super sa e saudable, perfecta para o verán e a calor... Que diso saben moito polo mediterráneo!!

11/12/2022

Este domingo imos cunha nova receita do noso , o mellor co permiso do calendario dos , por suposto! Hoxe vos ensinamos unha receita boísima, bacallau con alioli!!

INGREDIENTES

INGREDIENTES
- 400g Lombos de Bacallau (que podes pedir na nosa web froitomar.com)
- 1kg de cebola
- 1,5 kg de patacas
- Fariña de trigo
- Ali-oli
- Mel de romero

PREPARACIÓN

- Cortan e doura a cebola, e poña nuha fonte de forno, e logo pon as patacas cortadas como panaderas.

- Enfariña e doura o bacallau, e poño na fonte enriba das patacas.

- Bota o ali-oli enriba do bacallau ao gusto. Despois, mete a fonte a gratinar no forno, ata que vexas que lle saen as marcas marróns da foto, pero coidado que non se queme!

- Unha vez dourado, bótella unha cullerada de mel de romero, e a comer!!

10/12/2022

No noso non podía faltar a receita máis típica da nosa terra... Quen pode resistirse a un bacallau á galega???? Aquí tedes a receita completa para que a podades reproducir nas vosas cociñas!

INGREDIENTES

- 4 lombos de bacallau (Podédelo pedir na nosa web froitomar.com)
- 6 patacas medianas
- 2 dentes de allo
- 1 culler pequena de pementón doce
- AOVE
- Sal

PREPARACION
- Coce as patacas en cachelos uns 20 minutos.
- Cando queden 10 minutos, engade o bacallau ao cazolo das patacas.
- Nunha tixola, pon a fritir os allos co aceite ben quente, e cando dore quítao do lume e bótalle o pementón doce. Coidado non se che queme o pementón!
- Saca as patacas e o bacallau da auga de cocer, escoorre ben e bota a allada e o pementón por riba de todo.
- Antes de comer, sácalle unha foto e etiquétanos en Instagram!!

09/12/2022

Hoxe seguimos o noso cunha receita moi de outono, de Magosto e ideal para o frío destes días... Bacallau con crema de boletus e castañas!

INGREDIENTES

2 Lombos de Bacallau (podes pedirlos na nosa web froitomar.com)
200 g. de castañas
200 g. de boletus
1 cebola
1 vaso de viño branco
Caldo de pito
AOVE, sal e pementa

O primeiro de todo, poñeremos as castañas en auga a noite anterior.

1 - Deixamos os boletus 15 minutos en auga morna.
2 - Partimos a cebola e as castañas.
3 - Pochamos a cebola nun cazo, salpimentándola.
4 - Engadimos as castañas ata que collan cor.
5 - Botamos o vaso de viño branco e reducimos ata que quede moi pouquiño líquido.
6 - Cubrimos co caldo de pito e deixamos que se abranden as castañas uns 20 minutos máis ou menos.
7 - Trituramos as castañas e coamos a mestura para evitar tropezones. Unha vez temos a crema, engadímola de novo á cazola.
8 - Nunha tixola e mentres se fan as castañas, pasamos os lombos de bacallau por aceite quente volta e volta, e reservamos en papel absorbente para eliminar a graxa sobrante.
9 - Poñemos o bacallau na cazola e deixámolo 6 minutos máis ou menos.
10 - Salteamos unhas poucas de castañas durante 7 minutos para guarnición. Na propia tixola, facemos os boletus uns 5 minutos.
11 - Servimos, sacámoslle unha foto para etiquetarnos no Instagram, e a comer!!

08/12/2022

Hoxe queremos amosarvos unha receita moi típica e moi sinxela para o noso : un bacallau ao forno con patacas. Pode ser a forma máis típica de facer o bacallua, e seguro que estades fartos de pedila nos restaurantes pero nunca vos puseches a facela na casa, non si? Ea, pois aagora xa non hai excusa porque velaí vai a receita!

INGREDIENTES
- 2 lombos de bacalla Froitomar (pódelos pedir na nosa web froitomar.com e chéganche a casa)
- 1 kg de pataca (de Coristanco, mellor)
- 1 cebola grande
- 1 vaso de viño branco (de Ribeiro, mellor)
- AOVE
- Pementa e sal ao gusto.

Tamén lle podes engadir un sofrito de tomate, pemento e cebola como o da nosa foto.

PREPARACION

- Precalenta o forno a 180º mentras pelas as patacas, e córtaas panaderas.
- Corta a cebola en tiras, máis ou menos como as patacas.
- Dalle unha pasada pola tixola con aceite quente, sen fritilas moito, uns 10 minutos.
- Fai unha cama coas patacas e a cebola nunha fonte para forno.
- Coloca enriba o bacallau, e rega todo con vaso de viño.
- Bótalle sal e pementa.
- Deixa que se faiga todo uns 20 minutiños no forno.
- Cando o teñas, se fixeches o sofritido, pódesllo poñer por enrriba á hora de servir.

E xa está!! Non hai máis!! Xa non tes excusa para comer ben, sinxelo e rápido. E se pides o bacallau na nosa web... Menos excusa aínda!

07/12/2022

Hoxe no noso traemos unha receita do outra lado do mundo! Un boísimo ceviche de bacallau, típico dunha terra tan ligada á nosa como é América Latina. Máis en concreto, este ceviche é a receita chilena, pero tamén podes atopar receitas de Ecuador, Bolivia, Perú, e de toda a costa do Pacífico. Pódese facer con calquera tipo de peixe, pero o bacallau pode que sexa o mellor para comer crú, xa que como se cura e se salga para conservalo, non hai risco de Anisakis! Aquí vai a receita:

CEVICHE DE BACALLAU

INGREDIENTES
- 1/4 de folla de bacallau Froitomar (pódela pedir enteira na nosa web froitomar.com)
- 1 pemento vermello
- 2 cebolas moradas
- 6 limóns
- Coandro
- AOVE

PREPARACIÓN

1. Limpa ben de espiñas todo o peixe e retira a pel.
2. Párteo en cubos dun dedo máis ou menos.
3. Espreme os limóns e verte o zume sobre o peixe para que se vaia cociñando. Déixao repousar unha media hora na neveira.
4. Parte á xuliana as cebolas e o pemento, e engádeo ao peixe cando pase a media hora.
5. Engade o coandro picado pequeniño, aceite, sal e pementa ao gusto, e remove todo ben.

06/12/2022

Hoxe de tarde temos o partido da no , así que para comer mellor encher ben o estómago cunhas en salsa verde, non si?? Unha comida doada e sinxela para estar a tope no partido das 16:00!!!

INGREDIENTES

- 400g Kokotxas de bacallau Froitomar (podes atopalas na nosa web froitomar.com)
- 1 ceboleta
- Perexil (moito!)
- 1/2 vaso de viño branco
- 2 dentes de allo
- 1 cullerada de fariña
- 1 vaso de caldo de pescado ou fumet.
- Cayena ao gusto (xa vedes na foto que a nós gústanos con ben dela)

PREPARACION

- Pica os allos e a ceboleta, e póchaos ao lume con aceite.
- Cando poche ben, bótalle a fariña e remove para que ligue a salsa.
- Incorpora a cayena, o viño, o caldo e o perexil picadiño, e deixamos que cociñe 5 minutiños.
- Nuha tixola, fritimos os allos cortados en rodaxas. Rerservamos e pasamos as kokotxas polo aceite dos allos durante dous minutos.
- Botamos as kokotxas no caxolo da salsa, e deisamos quentar un tempiño para que collan o sabor da salsa.
- Cando termine, servimos, poñémonos a camiseta de e subimos unha foto ao Instagram para etiquetarnos!!!!

05/12/2022

Comezamos a semana do "Acueducto" da Constitución facendo honra aos nosos curmáns islandeses. Hoxe adicamos o ao Plokkfiskur. Seica non é moi doado de dicir, pero a receita é incrible!!! Velaquí vola deixamos, alguén se atreve a cociñala e subir unha foto???

INGREDIENTES:

Para a salsa:
- 50 g manteiga
- 2 culleradas de fariña
- 1 vaso de leite
- 1 vaso de caldo de peixe
- Sae e pementa

Para o Plokkfistur
- 500 g de lombo desalgado Froitomar (po´dedelo pedir na nosa web, froitomar.com)
- 1 cebola mediana
- 1 rama de apio
- 3 patacas fervidas
- 1 vaso de caldo de peixe
- 1 cullerada de manteiga
- 1 cucharadita de allo moído
- 1 cucharadita de mostaza en gran
- Sae e pementa

PREPARACIÓN

1- Fervemos o caldo de peixe co allo moído e a mostaza. Logo engadimos o bacallau en dous anacos e cocemos durante 6 minutos. Deixamos arrefriar e reservamos.

2- Douramos con manteiga o allo, a cebola e o apio picados. Engadimos medio vasiño de caldo e deixamos cociñar a lume lento ata que se ev***re, e reservamos.

3- Poñemos nunha cazola manteiga, tostamos nela a fariña e engadimos o leite. Engadimos o resto do caldo e removemos ben para que non teña grumos.

4- Cando a salsa se espese, engadimos o sofritido, o bacallau e as patacas. Salpimentamos e fervemos todo durante 2 minutos.

Como vedes, un prato doado para o tempo que se nos ven enriba!!

04/12/2022

É certo que isto non é como o ou o , pero tamén temos receitas para estar totalmente fit, saludable e ideais para os vindeiros propósitos de aninovo. Coma por exemplo, esta ensaladiña de bacallau con aguacate, xenial para baixar os kilos do Nadal! E por certo, non te preocupes polo anisakis, o noso bacallau desalgado pasa polo proceso de curación, co que non ten risco de intoxicación. Deixámovos a receita:

BACALLAU CON AGUACATE

- 200g migas desalgadas Froitomar (Pódelo pedir na nosa web e chégate a casa!)
- 4 tomates.
- 2 aguacates maduros.
- Vinagre de módena
- AOVE

Para esta receita nin sequera fan falta pasos! Bota as migas nun bowl, trocea os tomates e os aguacates, mestura ben con vinagre de módena ao gusto e bótalle un toque de AOVE.

Baixar peso non pode ser máis doado!

03/12/2022

Para o terceiro día do imos viaxar ata Asturies, donde son mopi típicos os "fritos de peixe". Fanse sobre todo con pescado branco, e como non podía ser doutra, co bacallau tamén se fan, e quedan boísimos!!! Deixámovos a receita:

"FRITOS" DE BACALLAU

INGREDIENTES

- 400 g lombo bacallau desmigado Froitomar (Pódelo mercar na nosa web froitomar.com e mandámoscho a casa)
- 2 xemas de ovo
- 4 claras de ovo a piques de neve
- 4 culleradas de cervexa fría
- AOVE
- Sal

PREPARACION

- Corta o bacallau en anacos pequenos do mesmo tamaño.

- Prepara o rebozado mesturando fariña, cervexa, sal e as xemas. Mestura ben, e despois engade as claras a piques de neve. Deixa repousar uns 20 minutos.

- Corrixe a consistencia engadindo un pouco de auga ou fariña.

- Reboza o bacallau e fríteo en aceite quente.

E como sempre... Acórdache da foto para as redes, e de etiquetarnos!!

02/12/2022

Hoxe no noso lembramos un clásico na nosa cociña, a empanada de bacallau! Non lle fai falta presentación, es seguro calqueira ten por casa a súa receita propia. Velaí deixamos a nosa, bacallau e pasas:

INGREDIENTES:

- Bandexa de migas de bacallau Froitomar (pódelas pedir na nosa web froitomar.com)
- 3 cebolas
- 2 dentes de allo en láminas
- 80g de pemento vermello
- 2 Masas de empanada
- Pasas ao gusto
- 100g AOVE

PREPARACIÓN:

1. Nunha tarteira, dálle un pequeno hervor ás migas (3 ou 4 minutos). Prequenta o forno a 200º.
2. Parte as cebolas, o pemento e os allos na picadora. Feixe un sofritido con eles durante uns 15-20 minutos.
3. Agrega o bacallau e pásalas ao sofritido, e deixa que se fagan durante outros 5 minutos. Rectifica de sal.
4. Retira o aceite do sofritido para que o recheo quede o máis seco posible.
5. Coloca unha das masas de empanada na bandexa do forno, estende o recheo e tápao coa outra masa.
6. Pecha as dúas masas dobrando unha sobre outra, e realiza un buraco no centro da parte superior para facilitar o escape do v***r.
7. Pinta a empanada cun ovo batido, e introdúcea no forno durante uns 40 minutos. Se ves que a empanada se doura demasiado, apaga a calor do forno e deixa que se faga coa calor residual.

¿Quieres que tu empresa sea el Servicio De Alimentos Y Bebidas mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Nuestra historia

Somos una factoría de bacalao con 25 años de experiencia en el sector, dedicada fundamentalmente a la elaboración del bacalao y otros productos del Mar del Norte.

Nuestra empresa cuenta con un efectivo departamento de I+D+i, porque la innovación y el dinamismo son nuestros principios básicos.

Contamos con una relación muy estrecha con Islandia, país de donde proviene un porcentaje muy elevado de nuestras materias primas.

Con esfuerzo y tenacidad hemos conseguido ganar la confianza de las mayores empresas de alimentación del país, pues para nosotros el servicio y la atención a los clientes es nuestro motor diario.

Teléfono

Dirección


Nostian, S/N
A Coruña
15010

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 18:30
Martes 08:00 - 18:30
Miércoles 08:00 - 18:30
Jueves 08:00 - 18:30
Viernes 08:00 - 18:30
Otros Tiendas de alimentos especializadas en A Coruña (mostrar todas)
Terra Meiga Repostería Terra Meiga Repostería
Rempenín, Cabana
A Coruña

🧁🍰🍩 Mesas dulces para eventos 🗒Tartas personalizadas 📩[email protected] 📲608802027 (Atendemos por whatsapp)

Merco Caribe Merco Caribe
Avenida Oza 240 Bajo. A Coruña
A Coruña, 15006

Somos una plataforma digital que se basa en el envío de diversos productos alimenticios a Cuba espe

Feli Alimentación Feli Alimentación
Avenida De Oza, 81
A Coruña

Eventos - Delicatessen - Platos Preparados - Salados - Vinos - Postres - Carnicería - Embutidos.

O Forno De Marta O Forno De Marta
A Coruña, 15011

O Forno de Marta: Pan Artesano de Carral, Carballo o Ponteceso, empanadas variadas, bizcochos y tartas para cumpleaños, bautizos...Ven a visitarnos, te convencerá.

Ecotienda Orillamar Ecotienda Orillamar
Calle Orillamar 76 Bajo
A Coruña, 15002

Lo Spaccio Alimentari Lo Spaccio Alimentari
Avenida Finisterre 280 Bajo C
A Coruña, 15010

Tienda de productos Italianos-TakeAway-Lasaña - Pizza-Bocatas/Panini-Porchetta-Café-Tiramisú-Crostata-Vinos y mas. Catering italiano, lláma y encarga!!!

La Carniceria La Carniceria
Emilio Gonzalez Lopez 1 Bajo (Los Rosales)
A Coruña, 15011

Confitería Pastelería París Confitería Pastelería París
Rúa Da Torre, Nº 6-8 , Baixo
A Coruña, 15002

Confeitaría artesá desde 1983. Especialistas en pasteliños, pastas, tartas e bombóns. Tratamos de facer algo máis doce a vida da nosa clientela.

Migas dulces bocados. Postres de inspiración americana Migas dulces bocados. Postres de inspiración americana
C/torre 102, Bajo
A Coruña, 15002

Cookies, brownies, cupcakes, muffins, cheescakes, layer cakes... Ñam!! Auténticos postres de in

Horta + Sá - alimentación ecolóxica Horta + Sá - alimentación ecolóxica
A Coruña

En Horta máis sá... ¡Somos productores! Contamos con bonos de parking, para poder hacer la compra con total tranquilidad. Más info en publicaciones .

Hello Cakes Hello Cakes
Avenida De Chile 14, Bajo
A Coruña, 15009

Tienda Tienda online http://matildaandco.es Obrador Aula formación

Chucheychocolate Chucheychocolate
Alcalde Suarez Ferrīn
A Coruña, 15011