Cos Pés Na Terra

Cos Pés Na Terra

Tenda ecosostible de limpeza a granel, hixiene e comestibles non perecedoiros. Produtos certificados 4ECO.

Photos from Cos Pés Na Terra's post 18/07/2024

Cousas que se venden. Se queres algo escríbeme ao wasap ou privado 🥰🤗

Photos from Cos Pés Na Terra's post 17/07/2024

Cousiñas que se venden da tenda.
Vai o prezo na propia foto. Se queredes algo escribide ao wasap ou chamade.
Graciñas!!!

La tienda sostenible Cos pés na terra de A Coruña busca relevo: "Es un proyecto de vida" 06/06/2024

La tienda sostenible Cos pés na terra de A Coruña busca relevo: "Es un proyecto de vida" Laura Naveira deja la tienda tras cinco años de recorrido y busca a alguien que continúe con el proyecto para evitar el cierre definitivo y asegurar que la ciudad siga contando con esta opción de consumo sostenible

08/03/2024

Outro 8 de marzo que segue sendo necesario.
Sempre penso que imos a mellor e despois vexo a realidade....
Aínda esta semana contáronme un caso cercano que me puxo os pelos de punta.
Temos que educar no respecto e tamén no amor propio.
Non podemos seguir indo con medo pola vida.
Temos dereito a ser libres en tódolos sentidos.
Seguirei traballando por un mundo no que non sexa necesario este día.
Grazas de novo ás mulleres da miña vida e tamén a eses homes que antes que homes son persoas.
💜💜💜

Photos from Cos Pés Na Terra's post 22/01/2024

Hoxe veño falarvos dunha iniciativa solidaria. Imos colaborar coa Ong ¿ Por qué no? cedendo un pequeno recuncho na tenda para vender seus produtos de artesanía. Cos cartos axudan a mulleres guatemaltecas a levar unha vida mellor e ser máis independentes.
Queres colaborar??

Photos from Cos Pés Na Terra's post 18/01/2024

Descobre os marabillosos beneficios de incluír pistachos na túa dieta diaria 🌰💚. Estes pequenos tesouros están cheos de nutrientes, antioxidantes e graxas saudables que apoian a saúde do corazón. Ademais, son unha deliciosa fonte de enerxía e axudan a controlar o apetito. Pois imaxina neste formato de crema!!!
Xa a probaches?

Photos from Cos Pés Na Terra's post 28/12/2023

Dende hoxe ata o día 20 de Xaneiro, na tendiña imos participar na campaña de recollida de medicinas que organiza noso proveedor .
Podes traer medicamentos que teñas na casa, que xa non vaias usar ou queiras doar. Non é necesario que teñan caixa, se veñen co prospecto é suficiente. Serán levados a finais de mes a Cuba e repartidos de xeito xusto pola Ong

Podes compartir para chegar a máis xente. 🤗
Graciñas por colaborar! 🥰

Photos from Cos Pés Na Terra's post 26/12/2023

Novos modelos das nosas queridas gafas de sol sen plástico 🎁🎋

😎 Deseño moderno

🍃 Moi lixeiras

👜 Caixiña protectora de bambú

🌾 Semente de bambú de regalo

Podes reservar o que máis che guste!!

14/12/2023

Este Domingo estaremos en Campo da Leña!

Bos días! 👏🏻

Traemos por aquí a publicación do que será o mercado deste domingo día 17 que se celebrará na Praza España, no Campo da Leña 📍 de 10h a 15h.

Teremos aos seguintes vendedores/as 💚

Os Biosbardos Os Biosbardos • Cultura de Leira
A Horta de Ana
Granxas de Lousada Granxas de Lousada s.c.
Seitura Seitura Agricultura Ecolóxica
Ataxentas
Galo Celta Galo Celta
Carmen Pazos
Slow
Pura Vida Pura Vida Ecocentro
Cos pés na terra Cos Pés Na Terra
Livegens Livegens Brand
Raíña Rainha Paraiso
Comercio Xusto Comercio Xusto SIG
Horta de Soandres
Bensenta
Casa Curtis
Mel do Covo
Ecoterra Ecoterra.4eco.O Burgo
Ohliva Goumet Ohliva
Jerolas Jerolas
Minaxoia MINA XOIA
Velas Crunia

Ademais, gozaremos de:

👧🏼 Espazo de dinamización infantil de 10h a 15
✨ Stand dos desexos de 10 a 15
🎁 Sorteo dunha cesta de Nadal
🎨 Obradoiro de Postais de Nadal ás 11.30h

Vémonos alí! Mercade de forma xusta 💚

Photos from Cos Pés Na Terra's post 10/11/2023

Cestiño que fixen hai un tempo co querido 🤍 Encantada de crear co que temos na natureza 🍁

13/07/2023

Marchamos de vacacións! Do 24 de xullo ao 6 de agosto descansaremos en .

Aproveita estes días para encher a túa despensa, repoñer deterxentes a granel e cosmética natural 🌿

Photos from Cos Pés Na Terra's post 07/03/2023

Novas incorporacións na sección de a granel en 🥰🤗
Desliza para velas todas!
Maca crúa moída 🧅 Fariña de mandioca 🥔 Castañas pilongas 🌰 Mango sen azucre🥭 Xilitol ( azucre de bidueiro) 🌳 Améndoa crúa con pel 🌱

Estas semanas veñen cargadiñas de novidades 🤗

Photos from La Revolución de los Graneles 4eco's post 26/01/2023
Photos from Cos Pés Na Terra's post 15/12/2022

Algunas ideas para agasallos sostibles. Lembra que podes facer a túa cesta personalizada cos produtos que queiras. Ven por aquí ou chama e prepararemos teus paquetes con moito amor e decoración natural. Non é necesario contaminar máis nestas datas 🤗🥰🌏

02/11/2022

Noso escaparate non está entre os finalistas do concurso 😅 Haberá que esforzarse mais o ano que ven 🤗🎃
Non deixedes pasar a oportunidade de participar no sorteo de vales de 50€ para gastar nos comercios participantes. Podedes facelo en www.samaincoruna.gal
E para que o próximo Samaín non dea tanto medo coma este, lembrade gardar a decoración e disfraces, ou darllo a alguén para reutilizar🤗

Photos from Cos Pés Na Terra's post 21/10/2022

Comeza o concurso de escaparates do Samaín🎃🎃🎃 Para quen non o saiba, esta é unha festa de orixe celta e pagana. Contaremos mais detalles desta festividade nestes días. Podedes votar en www.samaincoruna.gal polo noso escaparate ( ou polo que queirades😅) e participar no sorteo de bonos agasallo para consumir nos establecementos participantes. Tede coidado se ides de paseo non vaiades atopar á Santa Compaña💀🕯

TENDA ECOSOSTIBLE 🤍🌏 on Instagram: "Adeus aos olores nas túas botellas e vasos @stojo 👌😊 Podes rematar a limpeza cos cepillos especiais para botellas que temos en @cospesnaterra #coruñavegana #acoruñamola" 28/09/2022

Descubre este truco para eliminar olores das túas botellas e vasos reusables 🤩👌

TENDA ECOSOSTIBLE 🤍🌏 on Instagram: "Adeus aos olores nas túas botellas e vasos @stojo 👌😊 Podes rematar a limpeza cos cepillos especiais para botellas que temos en @cospesnaterra #coruñavegana #acoruñamola" TENDA ECOSOSTIBLE 🤍🌏 shared a post on Instagram: "Adeus aos olores nas túas botellas e vasos 👌😊 Podes rematar a limpeza cos cepillos especiais para botellas que temos en ". Follow their account to see 174 posts.

Photos from Cos Pés Na Terra's post 22/09/2022

Hai tempo fixen estes comedeiros con madeiras recicladas 🔨 🪚

O primeiro é para Mesi e o segundo para as gatiñas. Púxenlle por diante este vídrio para que Mesi non se esqueza da súa dieta e deixe comer ás gatiñas 😌

Hoxe miro para eles e só podo estar orgullosa do que fixen con tan pouco, que contenta estou! 🤩

01/09/2022

🚨ATENCIÓN🚨 A partir de hoxe xoves 1 de setembro volvemos ao noso horario habitual:

⏰⏰⏰
Luns 17.00 a 20.00
Martes 11.00 a 14.00
Mer. Xov. Ven. 11.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00
Sábado 11.00 a 14.00
⏰⏰⏰

Benvido setembro! 🥳

Photos from Cos Pés Na Terra's post 24/08/2022

Labial de fresa e colorete 2 en 1? 😚 Marchando! Non testado en animais, con ceras de orixe vexetal e remolacha como tinte natural 🫦✨

Photos from Cos Pés Na Terra's post 18/08/2022

Macetas que fun artellando con materiais reciclados 😌✨ Nunca máis volvín mercar unha 🙊

Photos from Cos Pés Na Terra's post 12/08/2022

Manteca corporal sólida, unha opción natural e residuo cero para hidratar en profundidade 🫶

Desliza para coñecer os ingredientes!

Photos from Cos Pés Na Terra's post 04/08/2022

Cousiñas novas na sección de alimentación a granel:

🌱 Coquito de brasil

🌱 Semente de papoula

🌱 Allo en po

🌱 Copos de espelta con azucre de cana integral

😋😋😋

Photos from Cos Pés Na Terra's post 26/07/2022

Este é Mesi 🐶 e hai uns meses tiña as almofadas das patiñas en moi mal estado 🙁
Pero a boa noticia é que fomos capaces de curarllas. 🐾 E sabes como? Co ungüento infantil a base de aceite de caléndula e macela!

Despois de meses de tratamento, Mesi xa está pronto para os seus paseos polo monte, grazas 🤍

Photos from Cos Pés Na Terra's post 20/07/2022

Levamos uns meses traballando este deshodorizante e despois de falar connvosco podemos dicir que en xeral estades moi contentes con el ✨

É un produto de alta gama, feito con ingredientes de primeira calidade que minimizan o risco de irritación e por suposto a súa composición está libre de químicos.

Probáchelo? Cóntanos a túa experiencia! 🤩

15/07/2022

En estamos de aniversario 🎊 Este mes hai tres anos que abrimos a tendiña 🤍🤍🤍

Neste tempo moita xente mudou o seu xeito de consumir grazas ás alternativas que lles propuxemos ♻️ Achegamos a responsabilidade medioambiental a moitxs e aforramoslle miles de envases ao planeta 🌏🌱

Grazas a quen fai un esforzo polo ben de todos. Grazas ás que facedes que este espazo siga existindo, sen vos isto non sería posible.

Por moitos anos! 🙏🤍

Photos from Cos Pés Na Terra's post 06/07/2022

Que vos parece a nova incorporación en ? 🤩

Tuppers de acero inoxidable en varias formas e capacidades, desliza para velos todos! Están deseñados con acero de grao alimentario, son lixeiros, a proba de verteduras e son bonitísimos 🤍

⚠️Unidades limitadas!⚠️

30/06/2022

Compostar o teu cepillo de bambú é así de sinxelo! 🤍♻️

27/06/2022

Ola, ola! 🙋‍♀️ Xa que no verán o barrio dos Rosales diminue notablemente a sua poboación e xa que eu estou terriblemente cansa 😰 en estreamos HORARIO ESPECIAL ESTIVAL.

Durante xullo e agosto será o seguinte:

⏰ Luns de 17.00 a 21.00
⏰ Martes, mércores, xoves e venres de 10.00 a 15.00
⏰ Sábado de 11.00 a 14.00

☎️ Tentarei adaptarme na medida do posible ás vosas necesidades: se a alguén non lle cadra este horario, que non dubide en chamarme.

🚚 Lembrade tamén que temos o servizo a domicilio, polo que as vosas despensas estarán surtidas cada semana ☺️

Graciñas pola comprensión 🤍

¿Quieres que tu empresa sea el Supermercado mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Galiza ecosostible

Sentímonos na obriga de facer desta terra un mundo mellor. Para iso ofrecemos unha ampla variedade de produtos de limpeza ecosostible a granel, hixiene persoal bio e alimentación non perecedoira. Desexamos reducir ao máximo o consumo de plástico e procuramos traballar con produtores locais e distribuidores que camiñen na nosa sintonía.

Dirección


Emilio González López, 51, Bajo 7
A Coruña
15011

Horario de Apertura

Lunes 17:00 - 20:00
Martes 11:00 - 14:00
Miércoles 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Jueves 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Viernes 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Sábado 11:00 - 14:00