Programación Expandida TRC Danza

Arquivo do proxecto de mediación para o ciclo de danza do Teatro Rosalía de Castro (2014–2022).

O proxecto de Programación Expandida do TRCDanza é un programa de mediación cultural vinculado ao programa anual de danza do Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Un proxecto onde aplicar de maneira práctica o concepto de Programación Expandida adecuándoo a un programa de danza que, dende o ano 2012, foi activado dende un teatro público desta cidade. A nosa vontade é a de expandir todas as potenci

21/11/2022

Escribe Mercedes L. Caballero sobre Cía Daniel Abreu e sobre o que significa na súa traxectoria.

"Se trata de un solo que es asamblea escénica de su homilía; una pieza que encuentra en la figura del descendiente (de padres y madres, de la naturaleza e incluso de uno mismo) un exuberante litigio creativo. Y una obra que converge en la hondura y la contundencia coreográfica e interpretativa.

El Hijo, se concreta en un trabajo imprescindible en el presente y en la memoria de la danza de este país."

🟡 Pre-texto 95 por Mercedes L. Caballero: https://bit.ly/3EZCwGd
🟡 Repositorio Pre-textos 2014-2022: https://www.pe-trcdanza.gal/pre-texto

Qué pracer pechar os pre-textos de 2022 con esta lectura, grazas Mercedes polo teu traballo!

Photos from Programación Expandida TRC Danza's post 14/11/2022

Este sábado estivemos con Furia Sotelo Nuria Sotelo no Centro Ágora, compartindo unha práctica de danza e sexoloxía baixo o título . Grazas Nuria por achegarnos con tanto coidado ao imaxinario de , vémonos na seguinte ✨

09/11/2022

Non podemos imaxinar mellor maneira de pechar o TRC Danza 2022 que coa Cía Daniel Abreu presentando sobre o escenario do Teatro Rosalía Castro o venres 25 de novembro.

fala do vínculo cos proxenitores e o que se fai con iso. Entendérmonos como individuos independentes, pero enredados profundamente nas raíces que nos acompañan. Un espectáculo de danza que nos leva ao primario, ao contexto, á familia e á natureza.

Na obra altérnase un corpo de hoxe, móbil e consciente, fronte a outros mundos que, non sendo accesibles á vista, nos afectan e guían os nosos camiños. A danza permite a celebración de estar vivos e ter unha historia, a experiencia de ser fillo e o seu entusiasmo.

Somos seres afectados de emoción, en contextos, de eventos na natureza.

Daniel Abreu é un creador cunha gran presenza na escena da danza actual no noso país e que conta cunha ampla traxectoria internacional. De orixe tinerfeño, ten colaborado con multitude de compañías tanto en España como en Europa. Funda a súa compañía no ano 2004 e, dende entón, ten presentando as súas creacións en máis de 40 países, sendo galardoado en numerosas ocasións, entre as que destaca o Premio Nacional de Danza en 2014.

🟡 Cando e onde
venres 25 de novembro ás 20.30h no Teatro Rosalía Castro

🟡 Entradas https://bit.ly/3A1qclK
Entradas Ataquilla.com

Oxalá que nos podades acompañar para pechar o ano como se merece, con moita danza no noso teatro 💛

08/11/2022

O venres 25 de novembro, súbese de novo ao escenario do Teatro Rosalía Castro, o bailarín Daniel Abreu para presentar o seu espectáculo "El hijo". Para acompañar a súa visita ao teatro e pechar as accións expandidas deste 2022 no TRC Danza, vos convidamos a unha práctica de movemento baixo o título "Do sólido ao sutil".

O teu corpo sentido desde o máis sólido ao máis sutil. O que o corpo xera cando se move e o rastro que deixa no aire. Os puntos de apoio do corpo e as infinitas direccións, que combinados e afastados das partituras que coñeces, poidan dar ao teu corpo outra fluidez.

Na práctica propoñeranse pautas de movemento simples, continuas, e desde aí, deixarémonos levar. Parar o xuízo constante do que o corpo debe facer ou non é fundamental para poder avanzar nas anotacións que se propoñan. Desde estas pautas imos recollendo aspectos que máis tarde, aplicados aos teus estudos das técnicas ou percorridos formais da danza, axudan a unha maior conciencia e mellora dos percorridos.

Aínda que é un taller eminentemente práctico, a proposta de Dani é que veñas cun caderno no que poidas anotar percorridos ou palabras que che axuden a reconectar e profundar. O uso do corpo en movemento e a imaxinación serán os motores para a experiencia e a aprendizaxe.

🟡 Cando e onde:
xoves 24 de novembro de 19 a 21 horas no escenario do Teatro Rosalía Castro​

🟡 Inscricións xa abertas
https://forms.gle/f8seXZP8wmiv7qsUA

A actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.

Desexando bailar xuntas para pechar este emocionante ano 💛

Photos from Programación Expandida TRC Danza's post 07/11/2022

Mónica García escribe sobre o caos e a ordenación, sobre os ritmos e as relacións no Pre-texto 94 para acompañar o paso de Furia Sotelo Nuria Sotelo polo Teatro Rosalía Castro

Tengo fe en el caos, o más bien en la auto organización.Más que en el diseño o la planificación pormenorizada,creo firmemente en la acción como garantía de una formade orden. Así entiendo la esencia del bailar en escena yfuera de ella. Devenir movimiento, gesto, o sostener elmomento sin premeditación. No digo que sea la únicamanera de hacerlo, es la que me interesa porque meinterpela. La vida está llena de variables que modificanel comportamiento de casi todo constantemente. Bailaren escena atendiendo a estas variables en medio de unaestructura más o menos flexible es lo más parecidoa la vida. Es el acto de bailar lo que genera el baile. Loirreversible está inscrito en el origen de la organización biológica.

🟡 Pre-texto 94 por Mónica García: https://bit.ly/3t7F9i9
🟡 Repositorio Pre-textos 2014-2022: https://www.pe-trcdanza.gal/pre-textos

03/11/2022

O próximo domingo 13 de novembro temos sobre o escenario do Teatro Rosalía Castro o espectáculo , unha peza de Furia Sotelo (Nuria Sotelo).

é un espectáculo que contén un paradoxo dende o seu plantexamento inicial, xa que xorde do desexo de encontro, da necesidade do encontro. Da vontade de continuar indagando na práctica da creación colectiva.

Un corpo vulnerable; fráxil ante as olladas que o fortalecen. Un corpo que se constrúe a través das outras. Un corpo ao servizo das olladas de diferentes coreógrafas que acompañan o proceso de creación.

Mortalidade e vulnerabilidade como aquelo que nos une, aquelo común a tódolos corpos, a tódalas existencias.
Un corpo como tódolos corpos; na súa particular e única materialización.
Unha existencia que se constrúe en relación.
Sempre a mútua referencia, sempre a interdependencia, o alimento, o colo, a entrega.
As gretas da fraxilidade creadas polo desexo.
O teu desexo fortaléceme, o meu desexo vulnerabilízame ante ti.

Nuria Sotelo é bailarina e creadora artística galega, que colabora como intérprete con numerosas compañías do territorio como Centro Coreográfico Galego, Elefante Elegante ou Matarile Teatro. En 2011 comeza a súa compañía Licenciada Sotelo, dende a que impulsa numerosas creacións, agora, tras 11 anos de traxectoria, a compañía recibe unha nova identidade baixo o nome de Furia Sotelo. No 2018, comeza co seu compañeiro Rubén Vilanova, o centro de creación A Casa de Vella, un espazo para a danza e as artes do movemento situado no rural, en Amiadoso (Ourense).

🟡 Cando e onde
domingo 13 de novembro ás 20.30h no Teatro Rosalía Castro
🟡 Entradas https://bit.ly/3hbPdEp
Entradas Ataquilla.com

Desexando atoparnos no teatro 🌼

Photos from Programación Expandida TRC Danza's post 02/11/2022

Claudia Solwat achéganos dende unha mirada emotiva ao universo de de Albert Quesada.

FLAMINGOS es un espectáculo de danza, una fantasíade color y de movimiento, un viaje por distintos paisajessonoros y corporales, una explosión, un tablao flamenco ensu esencia, unos intérpretes que están buscando en escenay encontrándose para satisfacer a un público expectante.

🟡 Pre-texto 93 por Claudia Solano Watson: https://cutt.ly/fNSJjbQ
🟡 Repositorio Pre-textos 2014-2022: https://www.pe-trcdanza.gal/pre-textos

31/10/2022

O domingo 13 de novembro estaremos desfrutando de no Teatro Rosalía Castro, un espectáculo de Furia Sotelo (Nuria Sotelo). Para acoller o seu paso polo teatro, temos preparada unha práctica de sexoloxía e danza titulada "Identidades sexuadas".

A peza de Furia Sotelo achégase á investigación de Efigenio Amezúa, un dos pais da sexoloxía en España e director do Instituto de Sexoloxía Incisex, onde Nuria Sotelo realizou o Mestrado en Sexoloxía que lle abriu a ollada cara un novo xeito de analizar a realidade dos suxeitos sexuados e as súas relacións. Hoxe en día, o facer artístico de Nuria Sotelo está impregnado desta nova perspectiva.

A artista propón unha práctica física e achegamento teórico á base conceptual desta peza. Neste espazo compartido exploraremos a construción das nosas identidades e o noso ser e estar no mundo non como suxeitos interdependentes que nos imos construíndo en relación.

🟡 Cando e onde:
sábado 12 de novembro de 17.30h a 19.30h no Centro Ágora

🟡 Inscricións xa abertas
https://forms.gle/8YFffCqsWpuFavyM6

​A actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.

Photos from Programación Expandida TRC Danza's post 26/10/2022

David Climent escribe, con moita admiración e verdade sobre Hermanas Gestring e .

A muerte es una declaración de intenciones, un golpeen la mesa de estas dos sevillanas que tienen mucho quedecir, y sí o sí, les dejen o no, lo dirán. A muerte, es un aquíestamos –de momento– pues sobrevivir al paupérrimopanorama cultural de este país, conseguir hacerse unhueco en la mesa de las que se comen todo el pastel, bienpuede compararse a salir decapitadas y dando palmas delmismísimo Hades. Si les dejan, aunque puede que si no,también, Las hermanas Gestring serán muy grandes.

🟡 Pre-texto 92 por David Climent: https://bit.ly/3W1EDj4
🟡 Repositorio Pre-textos 2014-2022: https://www.pe-trcdanza.gal/pre-textos

20/10/2022

Desexando sentarnos na butaca o próximo 5 de novembro para desfrutar do espetáculo de Albert Quesada.

é o resultado de colocar a Carmen Amaya no medio dunha escena de John Waters. O impulso do flamenco para compartir o interior da alma humana mistúrase coa música, o vestiario e o imaxinario máis pop. Cal é o noso propio flamenco? Cal é a nosa música e que danza convida a bailar?

Corpos, desexos, medos e referencias adultéranse para crear unha jam session máxica. Unha festa na que os 7 intérpretes expoñénse coa única intención de festexar.

Albert Quesada fórmase en danza na MDT (Amsterdam) e PARTS (Bruselas). Flamingos é a segunda parte dunha triloxía que reflexiona e investiga sobre o mundo do flamenco e a súa complexidade, coa intención de atopar a orixe do movemento e do canto. O coreógrafo quere descubrir o motor do flamenco e desplazalo a outros corpos e outras músicas para xerar un novo sentido.

🟡 Cando e onde
sábado 5 de novembro ás 20.30h no Teatro Rosalía Castro

🟡 Entradas https://bit.ly/3s9p1fF
Entradas Ataquilla.com

Vémonos no teatro 🦩

18/10/2022

O sábado 5 de novembro acollemos no Teatro Rosalía Castro a Albert Quesada e ao seu equipo, que presentarán o seu espectáculos .

Para acompañar o seu paso polo teatro, Albert nos convida a unha práctica de movemento co título .

Nesta práctica, Albert Quesada compartirá pautas que moven e guían aos bailaríns de Flamingos. Algunhas destas pautas orixínanse nunha inspiración e reflexión sobre os corpos flamencos, e acompáñanse cun imaxinario con músicas que van desde o pop, até a ópera e o flamenco. Unha oportunidade para achegarse en profundidade ao universo creativo desde coreográfo catalán.

🟡 Cando e onde:
sábado 5 de novembro de 10 a 12 horas no escenario do Teatro Rosalía Castro.

🟡 Inscricións xa abertas
https://forms.gle/2JuBgsbVs78M5q5Z8

​A actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.

Desexando bailar xuntas🦩

14/10/2022

Mañá continuamos a construir un posible horizonte para o Teatro Rosalía Castro Danza 2023 🔥

Se te queres sumar aínda estás a tempo, aquí o formulario de inscrición: https://forms.gle/4gJZ9653G24wt6cXA

Será un pracer atoparnos 💛

Que queremos acoller no noso teatro en 2023?

Por terceiro ano consecutivo activamos o exercicio de curadoría colectiva dentro do proxecto de Programación Expandida do TRC Danza. Continuamos dándolle espazo aos público(s) no proceso de toma de decisións do teatro, con este convite aberto para propoñer unha aproximación ao posible programa anual de danza do Teatro Rosalía Castro no 2023.

Neste proceso colectivo, atravesaremos algunhas pezas, tanto galegas como do territorio nacional, que sobrevoan a posible programación que prepara o director do teatro, Xosé Paulo Rodríguez. A vontade deste proceso é a de analizar, sopesar e fundamentar de xeito colectivo a selección dalgún dos traballos que formarán parte do programa 2023, nun exercicio de curadoría colectiva entre o público de danza do noso teatro e a comunidade artística local; miradas diversas, que se relacionan coa danza dende sitios distintos. O obxectivo deste proceso é o de construir xuntas un horizonte do que queremos acoller no noso teatro o vindeiro ano.

Coma vén sendo habitual, esta iniciativa ocorre en diálogo co Taller de Público(s) que dende 2018 mantemos activo acompañando cada unha das propostas artísticas que visitan o noso teatro. Para nós, conseguir a continuidade deste exercicio de curadoría colectiva é un xeito de seguir afondando no campo da investigación e da crítica para as persoas que se achegan ao noso programa, creando un punto de encontro entre público(s) e artistas locais, un espazo de diálogo coa comunidade da danza arredor do que acontece no teatro da cidade. Orgullosa deste noso teatro, que cada vez se abre mais á cidadanía.

🟡 Datas e horario
sábado 8 de outubro de 10h a 13h
sábado 15 de outubro de 10h a 13h
sábado 22 de outubro de 10h a 13h

🟡 Inscricións
Actividade gratuíta, prazas limitadas poder inscribirte na seguinte ligazón: https://forms.gle/4gJZ9653G24wt6cXA

Aínda que non é obrigatorio, agradecemos o compromiso de asistencia a todas as sesións, para favorecer a dinámica e continuidade do grupo.

Será un pracer compartir esta experiencia contigo!

11/10/2022

Xa vos podedes inscribir na proposta unha práctica de movemento coas Hermanas Gestring 💛

Como Hermanas Gestring sempre usamos o lema a muerte para enfrontarnos a todas as nosas propostas, e sempre nos empodera para adentrarnos no mundo do descoñecido con toda a confianza e sentido do humor. Desde esta premisa presentamos a práctica. A través de pautas xogaremos coa improvisación e o traballo coreográfico. Usando o noso corpo, a voz e o corazón buscaremos o pracer de ir a muerte sexa o que sexa que iso signifique para cada un de nós. A nosa forma de traballar ten sempre tres fases: a primeira é propoñer a imaxe/desexo, a segunda é buscala desde onde cada persoa a visualice e, sen xulgala, compartila coa outra; a terceira é desechala ou ir a muerte.

🟡 Cando e onde:
Venres 28 de outubro de 17.30 a 19.30 horas no Centro Ágora

🟡 Inscricións
https://forms.gle/GxVkEbiZ6wvnmN8o8

​A actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.

10/10/2022

O sábado 29 de outubro teremos no Teatro Rosalía Castro ás Hermanas Gestring co seu espectáculo .

A muerte como lema.
A muerte como forma de vida.
Así cremos que ten que ser unha obra, así ten que ser representada, a muerte.

A muerte é unha explosión de situacións; a peza plásmase coma un vómito, como un xogo macabro onde o descanso ou a dúbida non valen, morres.

Greta García e Laura Morales son dende 2013, as Hermanas Gestring. Fillas do século XXI, a ironía, a espontaneidade, a macarrería e o cambio constante forman parte intríseca da súa identidade. Artistas multidisciplinares presentan os seus traballos en formato video-creación, performance, concertos ou danza misturada con outras disciplinas artísticas.

🟡 Cando e onde
sábado 29 de outubro ás 20.30h no Teatro Rosalía Castro
🟡 Entradas https://bit.ly/3fSrsjS
Entradas Ataquilla.com

Photos from Escola de Imaxe e Son's post 07/10/2022

Onte pola tarde estivemos na Escola de Imaxe e Son con Paloma Hurtado (Paloma.pieldearena), Alfredo Díez e Luca Sala, coñecendo de primeira man o proceso de INA poñendo o foco na parte técnica, especialmente na iluminación e no rigging.

Grazas ao equipo pola xenerosidade e ao alumnado e profesorado do centro pola participación e o interese. Atopámonos mañá no Teatro Rosalía Castro.

📸 Nacho Romero

04/10/2022

é unha continuidade do encontro Iluminación e coreografía, que convida ao alumnado da Escola de Imaxe e Son a participar activamente da montaxe de xunto a Paloma Hurtado, Daniel Morales e o equipo técnico da compañía no propio Teatro Rosalía Castro, o mesmo día da función.

Moi contentas de poder coñecer o traballo da compañía tan de cerca acompañadas do alumnado da Escola de Imaxe e Son 🔥

04/10/2022

Esta semana temos actividade dobre con Paloma Hurtado e Daniel Morales ✨

Iluminación e coreografía
Un encontro con Paloma Hurtado, Daniel Morales, Alfredo Díez e Luca Lorenzo Sala

A creación en danza contemporánea parte normalmente de sensacións, improvisacións, músicas e sons, momentos e situacións. O movemento, non ten porque estar limitado ao plano do escenario adoito (ancho e fondo), sendo todo o volume (altura) un espazo susceptible de ser explorado, e desde o cal a linguaxe do corpo adquire outros significados.

Existe outra linguaxe, a luz, que forma parte deste tipo de pezas. Esta axuda a reforzar as ideas que se queren expresar, ou mesmo expor ideas paralelas, funcionando como un medio no que os e as artistas do movemento habitan.

Este encontro é unha oportunidade para achegarse, tanto desde a vertente técnica como a creativa, aos procesos de concepción, deseño e montaxe de iluminación e coreografía aérea, tomando como exemplo o espectáculo INA.

Este xoves 6 de outubro de 18.30h a 20.00h achegámonos á Escola de Imaxe e Son para compartir este encontro co alumnado dos ciclos de Produción e Realización, con moitas ganas!

Photos from Programación Expandida TRC Danza's post 03/10/2022

José Luis Rivero achéganos ao universo INA e á traxectoria de Paloma Hurtado e Daniel Morales neste pre-texto número 91!

"INA posee un par de alas sobre fondo negro cosidas porla mirada. Alas que se rompieron alguna vez, como enun sueño de ícaros danzantes en busca de la luz del sol,de todos los soles, rastros ancestrales de una humanidadplena que se fragmenta en cada nuevo paso, en cadanuevo movimiento, la unidad separada de cada personaen un viaje único hasta completarse."

🟡 Pre-texto 91 por José Luis Rivero: https://bit.ly/3CpCfuC
🟡 Repositorio Pre-textos 2014-2022: https://www.pe-trcdanza.gal/pre-textos

INA de Paloma Hurtado (Paloma.pieldearena) e Daniel Morales este sábado 8 de outubro ás 20.30h no Teatro Rosalía Castro
Entradas https://bit.ly/3EsT75p Entradas Ataquilla.com

30/09/2022

Que queremos acoller no noso teatro en 2023?

Por terceiro ano consecutivo activamos o exercicio de curadoría colectiva dentro do proxecto de Programación Expandida do TRC Danza. Continuamos dándolle espazo aos público(s) no proceso de toma de decisións do teatro, con este convite aberto para propoñer unha aproximación ao posible programa anual de danza do Teatro Rosalía Castro no 2023.

Neste proceso colectivo, atravesaremos algunhas pezas, tanto galegas como do territorio nacional, que sobrevoan a posible programación que prepara o director do teatro, Xosé Paulo Rodríguez. A vontade deste proceso é a de analizar, sopesar e fundamentar de xeito colectivo a selección dalgún dos traballos que formarán parte do programa 2023, nun exercicio de curadoría colectiva entre o público de danza do noso teatro e a comunidade artística local; miradas diversas, que se relacionan coa danza dende sitios distintos. O obxectivo deste proceso é o de construir xuntas un horizonte do que queremos acoller no noso teatro o vindeiro ano.

Coma vén sendo habitual, esta iniciativa ocorre en diálogo co Taller de Público(s) que dende 2018 mantemos activo acompañando cada unha das propostas artísticas que visitan o noso teatro. Para nós, conseguir a continuidade deste exercicio de curadoría colectiva é un xeito de seguir afondando no campo da investigación e da crítica para as persoas que se achegan ao noso programa, creando un punto de encontro entre público(s) e artistas locais, un espazo de diálogo coa comunidade da danza arredor do que acontece no teatro da cidade. Orgullosa deste noso teatro, que cada vez se abre mais á cidadanía.

🟡 Datas e horario
sábado 8 de outubro de 10h a 13h
sábado 15 de outubro de 10h a 13h
sábado 22 de outubro de 10h a 13h

🟡 Inscricións
Actividade gratuíta, prazas limitadas poder inscribirte na seguinte ligazón: https://forms.gle/4gJZ9653G24wt6cXA

Aínda que non é obrigatorio, agradecemos o compromiso de asistencia a todas as sesións, para favorecer a dinámica e continuidade do grupo.

Será un pracer compartir esta experiencia contigo!

26/09/2022

Continuamos coa programación de outono da man de Paloma Hurtado (Paloma.pieldearena) e Daniel Morales que compartirán o seu espectáculo o vindeiro sábado 8 de outubro.

é un espectáculo que pon o foco no concepto da luz, esa luz que non vemos pero que brilla con intesidade dentro de nós. Unha viaxe que nos convida a mirar ao ceo e ás estrelas que o compoñen, na búsqueda de facernos sentir a conexión coa esencia, con ese foco de luz que nos alimenta e nos fai iguais. Sobre o escenario, Paloma e Daniel, dous corpos e a luz.

Vivimos a noite en caída libre cara ás estrelas. O planeta perdeu a gravidade e subímonos a esa estrela que acaba de pasar. Desaparecemos mentres soan as súas risas de lonxe. Un estalido de luz conéctanos cos nosos soños.
Somos po de estrelas

é a colaboración desexada entre Paloma Hurtado e Daniel Morales, que tras anos cruzándose as súas traxectorias, finalmente atopan o espazo-tempo para coincidir e compartir viaxe. Ambos intérpretes comparten unha linguaxe de danza contemporánea que vai mais alá da forma, atendendo ao contido, á mensaxe e á relación da creación escénica coas audiencias.

🟡 Cando e onde
sábado 8 de outubro ás 20.30h no Teatro Rosalía Castro
🟡 Entradas https://bit.ly/3dN1qxW
Entradas Ataquilla.com

Photos from Programación Expandida TRC Danza's post 16/09/2022

Onte estivemos no estudio de Manolo Cremallera compartindo a tarde con Javier Martín, Sabela Mendoza, Álvaro M. Leiro, Manolo Cremallera, Marieta González e Pilar Peña, coñecendo de primeira man o proceso, os piares e os referentes que inspiraron o vestiario e os artefactos coreográficos do seu espectáculo "Figuras do limiar". Foi oportunidade única para conversar con artistas e artesáns sobre as raíces e as temáticas que constrúen o espectáculo.

Esta noite estaremos acompañando á compañía no Teatro Rosalía Castro ás 20.30h para desfrutar de "Figuras do limiar". Entradas dispoñibles en https://bit.ly/3AW4qR3 ou na billeteira do propio teatro.

Volta a danza ao TRC ✨

Photos from Programación Expandida TRC Danza's post 12/09/2022

Abre a temporada de outono e con ela a dos pre-textos 💛

Hoxe, o escritor e poeta portugués Tiago Alves Costa
escribe sobre "o mapa de afectos (caos e ritmo)" da obra de Javier Martín.

pre-texto número 90!

https://cutt.ly/XCH0MMp

01/09/2022

Xa están abertas as inscricións para (DES)VESTIR AS FIGURAS, un encontro arredor do vestiario do espectáculo Figuras do limiar de Javier Martín artes del movimiento.

Convidámosvos a un coloquio sobre a creación do vestiario e os artefactos da coreografía Figuras do Limiar de Javier Martín, no atelier da cidade onde se elaboraron parte dos mesmos.

O proxecto inspírase nalgunhas das figuras espectrais do patrimonio cultural galego que poderían ocupar o arquetipo do gardián do limiar, dende a Santa Compaña ata os moitos personaxes do entroido como o Peliqueiro, o Felo, a Pantalla...

Participan os deseñadores Manolo Cremallera e Marieta González, produtores de moitos dos tocados e artefactos da obra, o artesán e cesteiro Álvaro M. Leiro, quen elaborou a coroza con xunco que se baila no espectáculo, Pilar Peña de Castro do Centro Coreográfico Galego, que coproduce e cede diferentes mantóns dos seus fondos, a xestora cultural Sabela Mendoza e Javier Martín, creador da peza.

🟡 Cando e onde:
xoves 15 de setembro de 19 a 21 horas, o encontro terá lugar en Manolo Cremallera Studio, Rúa Torreiro 11, 1º, 15001, A Coruña

🟡 Inscricións
https://forms.gle/M6Vrt9iQnAE5eZbz6

​a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.

30/08/2022

Volvemos a sentarnos nas butacas do Teatro Rosalía Castro, neste caso da man do artista coruñés Javier Martín, que presentará o seu espectáculo o vindeiro venres 16 de setembro.

Na era aceleracionista, os corpos están cheos de velocidade residual: unha inercia que suspende o desexo, fragmenta e extrae a nosa atención. Entender agora quere dicir practicar o ritmo, porque non estamos feitos para saber senón para actuar coma se soubésemos.

En Javier Martín inspírase no arquetipo do “gardián do limiar”. Un limiar referido ao tránsito, concepto característico de ritos e cerimonias de paso, presentes en multitude de culturas dende tempos ancestrais.

“É necesario vestir as peles das bestas, habitar as máscaras. Vibrar coa forma do monstro e incorporar a diferenza.”

é unha proposta escénica do coreógrafo coruñés Javier Martín, co-producida polo Centro Coreográfico Galego. A iluminación está a cargo de Octavio Más e a produción e o acompañamento de Sabela Mendoza, dúas colaboradoras e compañeiras de viaxe habituais do artista. Javier desenvolve un proxecto de investigación -de corte epistemóloxico e crítico- en torno ás artes do movemento e conta cunha extensa traxectoria como creador escénico con pegada estatal e internacional.

🟡 Cando e onde
venres 16 de setembro ás 20.30h no Teatro Rosalía Castro

🟡 Entradas https://bit.ly/3AW4qR3
Entradas Ataquilla.com

29/08/2022

Volve o TRC Danza coa tempada de outono 2022 e con el, regresa o noso benquerido Taller de Público(s) da man de Caterina Varela e Sabela Mendoza ✨

6 datas para coñecer, reflexionar, achegármonos aos 6 espectáculos de danza que teremos a oportunidade de desfrutar sobre o escenario do Teatro Rosalía Castro entre os meses de setembro e novembro 💛

Acompáñasnos? Inscricións xa abertas na seguinte ligazón https://forms.gle/Zovv6PuDGzGVknik8

Vémonos moi pronto no teatro!

Photos from Mercat de Cultura Infantil d'Orpesa's post 21/05/2022

Muchas gracias a Asociación Te Veo Artes Escénicas para Infancia y Juventud y la organización del Mercat de Cultura Infantil d'Orpesa por invitar a nuestra coordinadora Caterina Varela Garea a participar de las jornadas y poder compartir pensamientos con personas tan interesantes como Grego Navarro, gerente del Teatro Gayarre de Pamplona, José María Viteri, director del Teatro Calderón Valladolid y Pilar López de Teatro Paraíso.

Han sido unos días intensos en Oropesa del Mar 😀
Nos vemos pronto!

13/05/2022

Hoxe no Teatro Rosalía Castro a compañía Elahood co seu espectáculo NÓ 🌀

Entradas en https://bit.ly/3s3rx7G Entradas Ataquilla.com

Vémonos no teatro!

Chega Elahood ao Teatro Rosalía Castro para presentar o seu novo espectáculo NÓ 🌀

"Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é”
é un collage que parte da intuición más naif de dúas mulleres galegas que se rinden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión
colectiva das preocupacións actuais.

O espectáculo convida ao público nunha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía deixa ver pegadas do debate actual que atende a decontrucción de xénero e a conciencia de clase.

é o segundo espectáculo para teatros da compañía Oleirense que dirixen Sabela Domínguez e Julia Laport. Veñen de gañar o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid polo seu traballo Intempestiva. Cunha linguaxe e estética moi particular, traballan a prol de normalizar o concepto de danza urbana nos circuitos profesionais de distribución e exhibición de artes escénicas en Galicia. A perspectiva de xénero e q***r forma parte intrínseca da súa práctica artística.

🟡 Cando e onde
venres 13 de maio ás 20.30h no Teatro Rosalía Castro.
🟡 Entradas https://bit.ly/3s3rx7G
Entradas Ataquilla.com

12/05/2022

Esta tarde ás 20.30h VOID VOID VOID de María R Soares / Oasis Paraíso Colectivo rpm

Entradas https://bit.ly/37VptHY Entradas Ataquilla.com

Vémonos esta tarde no Teatro Rosalía Castro 💛

Un ano máis a nosa cita con Residencias Paraíso danos a oportunidade de achegarnos á unha nova investigación artística construída no marco do programa de residencias artísticas de Colectivo rpm, que conta coa colaboración dende 2017 do Teatro Rosalía Castro.

Nesta ocasión, as portas do teatro ábrense para acoller o proceso de creación de , da portuguesa María R. Soares, unha tentativa de crear unha paisaxe cósmica onde a acción física e a acción sonora son traballadas e abordadas no mesmo campo creativo, procesual e metodolóxico. O proxecto -aínda en proceso- preséntase en formato performance onde se pensa, se observa e se actúa no espazo considerando sempre a súa dimensión sonora e física, as súas variacións e extensións, a velocidade en que se transforma e evoluciona, mais tamén aquilo que podería ser e non é: o espazo imaxinario.

Unha oportunidade para achegarnos a unha investigación en proceso e coñecer máis a fondo o traballo artístico de Maria R. Soares, bailarina e performer, e de Antonio Marotta, músico. Xuntos, baleiranse para ocupar o espazo, construíndo un espectáculo a través da amplificación e rexistro, en tempo real, dos sons que habitan o espazo performativo (xa existentes ou provocados) e, facendo a coreografia do xesto evolucionar en torno a esa paisaxe sónica.

María R. Soares é bailarina e creadora portugesa. Da súa formación destaca a Formación Avanzada en Interpretación e Creación Coreográfica da Compañía Instável (Porto) que frecuentou como bolseira e tamén o programa profesional de danza contemporánea Art Factory International (Boloña). É mestra en Teoría da Literatura e Literaturas Lusófonas pola Universidade do Miño.En 2021 crea, xuntamente con Carminda Soares, a peza “It’s a long yesterday”, que conta coa co-produción do Teatro Municipal do Porto e da Compañía Instável. Artista asociada do Visións Útiles durante 2019 / 2020.

🟡 Cando e onde
xoves 12 de maio ás 20.30h no Teatro Rosalía Castro
🟡 Entradas
https://bit.ly/37VptHY Entradas Ataquilla.com

¿Quieres que tu empresa sea el Arte Y Entretenimiento mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


Teatro Rosalía De Castro (C/Riego De Agua, 37)
A Coruña
15003
Otros Arte y ocio en A Coruña (mostrar todas)
COPRA PRODUCCIONES COPRA PRODUCCIONES
Calle Francisco Catoira, 3
A Coruña, 15007

COPRA Producciones Somos una productora promotora de A Coruña especializada en contratación artística

Migui Ocampo Migui Ocampo
A Coruña

Bodhrans by Hedwitschak Drums Percusión by Requena Percussión, Manels Percusión, Obradoiro JR

0,0 Social Club 0,0 Social Club
Rúa Gutemberg, 30
A Coruña, 15008

Estamos dentro de las instalaciones del club de pádel 00 Pádel Club.

Documentalmente Documentalmente
San Isidro
A Coruña, 15007

Documentalmente es una página educativa y de entretenimiento

Angeles del Alba Angeles del Alba
A Coruña, 15003

Creación de muñecas, patrones, tutoriales, y cursos.

Yuppy Yuppy
Mazaido 38
A Coruña

Lumos  Producciones - Galicia Lumos Producciones - Galicia
A Coruña

Tenemos como objetivo de enseñar diferentes talleres de Arte de una manera lúdica, creativa e innovadora para todo tipo de público. Contamos con el mejor equipo de profesionales en...

Xb_retratos Xb_retratos
A Coruña, Galicia
A Coruña, 15003

La flauta mágica. La flauta mágica.
A Coruña, 15350

En esta página encontrarás todo un mundo de posibilidades para poder tocar la flauta con muchísima calidad. No solo se trata de tocar la flauta dulce, también se mostrará y enseñar...

ExpOtaku A Coruña ExpOtaku A Coruña
Recinto Ferial ExpoCoruña/Calle Juana Capdevielle, 2
A Coruña, 15008

ExpOtaku A Coruña 2024 Re: Edition 16 y 17 de Noviembre Recinto Ferial EXPOCoruña C/ Juana Capdevielle, 2 Web: www.expotaku.com/a-coruna Email: [email protected]

¿ Se acuerdan ustedes de la discoteca "HELP"? ¿ Se acuerdan ustedes de la discoteca "HELP"?
EL QUINTO PINO
A Coruña, QUIENLOSABE

Esto va para toda la gente que quiera dejar sus comentarios acerca de aquella discoteca llamada "help".A lo largo de los dias les ire poniendo musica para que ustedes puedan record...

Enpreteritoseguinte Enpreteritoseguinte
Pla Y Cancela 15 Bajo
A Coruña, 15005