Artigo 14 Cooperativa Xuridica

Artigo 14 é a primeira cooperativa xurídica que se constituíu en Galicia. Cooperativa de avogados adicada á prestación de servizos xurídicos en Galicia.

Photos from Artigo 14 Cooperativa Xuridica's post 05/10/2023

Como xa sabedes, ARTIGO 14 mantén un firme compromiso ca defensa dos animais e do seu benestar.

Por iso queremos aclarar algunhas novidades da Lei de Benestar Animal, que entrou en vigor o pasado día 29/09/23.

Hoxe comezamos falando sobre a nova prohibición de venta de animais de compañía en tendas abertas o público.

17/03/2023

SENTENZA TXUE 16.03.2023 SOBRE A COMISIÓN DE APERTURA EN PRÉSTAMO HIPOTECARIO.

O Tribunal de Xustiza ditou sentenza este 16 de marzo de 2023 en relación ao litixio do que coñece o Tribunal Supremo que enfronta a Caixabank cun consumidor en relación co carácter supostamente abusivo da cláusula de comisión de apertura dun contrato de crédito con garantía hipotecaria.

O Tribunal de Xustiza sinalou que, segundo o indicado por un dos órganos xurisdicionais remitentes daqueles asuntos, a Lei 2/2009 esixía que as comisións e gastos repercutidos ao cliente respondesen a servizos efectivamente prestados ou a gastos nos que incorrese a entidade bancaria.

Neste sentido, considera que, sen prexuízo da valoración do Tribunal Supremo, non parece que a comisión de apertura que ten por obxecto a remuneración de servizos relacionados co estudo, o deseño e a tramitación singularizada dunha solicitude de préstamo ou crédito hipotecario, os cales son necesarios para a súa concesión, poida incidir negativamente na posición xurídica na que o Dereito nacional sitúa ao consumidor, a menos que non poida considerarse razoablemente que os servizos proporcionados como contrapartida préstanse no ámbito das prestacións antes descritas ou que o importe que debe abonar o consumidor en concepto da devandita comisión sexa desproporcionado en relación co importe do préstamo.

En calquera caso, serán os xulgados españois os que deberán apreciar se consta acreditado o servicio que a comisión de apertura remunera ou polo contrario, esta cobrouse de forma xenérica a tanto alzado.

A carga da proba lle corresponde as entidades financeiras.

Para saber mais [email protected] 981.075.538.

12/01/2023

Comenzamos o ano ca Sentencia 1/2023 de 2 Ene. 2023, do Xulgado do Mercantil 1 de Pontevedra na que condena a ORANGE por prácticas abusivas o incluir datos de exclientes en ficheiros de morosidade de forma inxustificada.

Resulta que Orange veu mantendo como práctica habitual con antigos clientes, que xa se deron de baixa nos seus servizos, mesmo aos que prestaba eses servizos de maneira defectuosa, a de incluír os seus datos en ficheiros de solvencia patrimonial por falta de pagamento de débedas reclamadas unha vez finalizada a súa relación contractual con eles, a pesar de que eses clientes nunca faltaran ao pago doutras débedas con anterioridade.

Trátase, ademais, na xeneralidade dos casos, de débedas de escasa contía para cuxo cobranza Orange non iniciara ningunha acción xudicial.

Cando a débeda non foi xudicialmente reclamada, unido ao feito de que a persoa afectada nunca incorrera en falta de pagamentos nin fora incluída por outros acredores en ficheiros de morosos con anterioridade, non existe motivo real para dubidar acerca da súa solvencia patrimonial nin tampouco para poder considerala como alguén con risco de incorrer en morosidade no cumprimento das súas obrigacións dinerarias en xeral.

Por tanto, a inclusión das persoas que se atopan nestas circunstancias nos ficheiros de morosidade só pode ter o obxectivo real de prexudicar a súa reputación, a modo devendetta por opoñerse ao pago dunha débeda que Orange considera lexítima, ou ben o de servir de medio de presión para que se plieguen ás esixencias da empresa e procedan a pagar a débeda cuxa procedencia inicialmente discutían.

O anterior supón un claro incumprimento da finalidade lexítima dos ficheiros de solvencia patrimonial, o que implica a ilexitimidade da inclusión.

Con iso, atopámonos ante unhas prácticas abusivas, consistentes nunha presión ilexítima dirixida a que os afectados paguen débedas controvertidas, que vulneran os dereitos máis básicos dos consumidores (incluído xeralmente o dereito fundamental á honra).

12/01/2023

SOBRE A PRESTACIÓN DE MATERNIDADE EN FAMILIAS MONOMARENTAIS.

Recente STC do TSJ Cataluña na que declara que a muller ten dereito a ampliar en 16 semanas a suspensión do contrato e a prestación de maternidade cando se trata dunha familia monomarental, coma se fose unha familia biparental.

Sobre a prestación de maternidade, a súa finalidade ademais da protección da saúde, tamén é moi importante a atención e coidado do menor, por iso non poden descontarse a muller nai monomarental as 6 primeiras semanas que corresponderían ao home

Debe primar o interese superior do menor e é obvio que as necesidades dun recentemente nado son iguais, teña un ou dous proxenitores.

Hoxe día existen moitísimas familias de dous membros, este modelo familiar ten maiores dificultades para atender aos seus fillos/as, particularmente no caso das mulleres traballadoras.

Non hai razón obxectiva para manter a diferenza de trato cos familias biparentais, debendo valorar se hai unha discriminación indirecta por razón de s**o xa que o 81% das familias monoparentais son encabezadas por unha muller.

O texto da Stc aquí:

laleydigital.laleynext.es

A reforma do delito de sedición, máis anos de prisión para a cidadanía mobilizada - Praza Pública 16/11/2022

"A desactivación do delito de sedición é unha mera escusa para unha modernización encuberta dos tipos penais represivos con severas consecuencias para o dereito á protesta, do que resulta un agravamento en bloque dos dispositivos legais de combate ordinario á disidencia política e social"

A reforma do delito de sedición, máis anos de prisión para a cidadanía mobilizada - Praza Pública O triunfalismo co que PSOE e Unidas Podemos promoven a reforma lexislativa do delito de sedición baixo a falsa bandeira da súa suposta derrogación ou da redución das p***s, dispón en realidade unha intensificación da represión sobre a protesta social.

Photos from Artigo 14 Cooperativa Xuridica's post 28/09/2022

Especialistas en reclamacións bancarias en Galicia (revolving, gastos hipotecarios, cláusulas abusivas).

Compartimos o enlace a última reportaxe publicada sobre o noso traballo e os resultados obtidos:

https://www.elidealgallego.com/articulo/sociedad/artigo-14-asi-primera-cooperativa-juridica-gallega-especializada-derecho-consumo-reclamaciones-bancarias-tarjetas-revolving-3903670

Para mais info contacta a través do 981.075.538 ou [email protected]

Especialistas en reclamaciones bancarias en Galicia (revolving, gastos hipotecarios, cláusulas abusivas).

Compartimos el enlace al último reportaje publicado sobre nuestro trabajo y los resultados obtenidos:
https://www.elidealgallego.com/articulo/sociedad/artigo-14-asi-primera-cooperativa-juridica-gallega-especializada-derecho-consumo-reclamaciones-bancarias-tarjetas-revolving-3903670

Para más información contacta al 981.075.538 o a través de [email protected]

21/07/2022

A Sala III do Tribunal Supremo anulou o requisito de ter unha estatura mínima de 1,60 metros esixido ás mulleres para ser admitidas nas probas selectivas de ingreso no Corpo Nacional de Policía, ao constituír unha discriminación indirecta das mulleres respecto dos homes, a quen se require unha estatura mínima (1,65 metros) menos esixente, xa que é moito maior a porcentaxe de mulleres (25 por cento) que o de homes (3 por cento) que non alcanzan a altura requirida.

diariolaley.laleynext.es

09/06/2022

PMEC Universidade da Coruña Módulo III
Outra experiencia de emprendimento en Galicia.
Presentación de Artigo 14. Cooperativa Xurídica

Eva Rosene, socia da cooperativa de traballo asociado, explica que
Artigo 14 Cooperativa Xuridica é un despacho multidisciplinar formado por un equipo de avogadas con sede física en Santiago de Compostela e na Coruña.
O emprendemento como opción sendo importante a actitude e motivación para crear o teu posto de traballo; e a cooperativa como outra forma xurídica.

Photos from Artigo 14 Cooperativa Xuridica's post 27/04/2022

«Recentemente lograron que un cliente de Lugo recuperase 50.000 euros e que lle condonaran unha débeda doutros 13.000 por un litixio relacionado con tarxetas revolving.
Tamén están a reclamar a ampliación de permisos de maternidade en familias monoparentais e contan cun volume alto de traballo en reclamacións por abuso na contratación pública»

«Vemos na avogacía unha ferramenta de transformación social e a nosa profesión como un instrumento que pode cambiar a realidade na que vivimos»

Artigo 14: primera cooperativa jurídica nacida en Galicia 25/04/2022

Compartimos a entrevista de onte na Voz de Galicia na que tivemos a oportunidade de explicar a nosa forma de exercer a avogacía, os servizos mais demandados, e a traxectoria do despacho.

Artigo 14: primera cooperativa jurídica nacida en Galicia Los dos despachos que forman este proyecto llevan sobre todo temas con trascendencia social y apuestan por hacer pedagogía con los clientes

20/04/2022

Unha reserva de hotel a través da web de Booking provocou que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) veña de establecer que cando un/unha consumidor/a pulsa sobre o botón de “finalizar reserva” non ten por que entender que está a formalizar un pedido, e consecuentemente, que ten que pagar.

Desta maneira, podería evitar pagar pola cancelación se se determinase que a expresión é ambigua.

As empresas poden recorrer a calquera expresión da súa elección, sempre que da devandita expresión resulte inequivocamente que o consumidor/a está suxeito a unha obriga de pago desde o momento no que pulse o botón de pedido ou active a función similar.

21/03/2022

Esta semana recuperamos todo o importe pagado en intereses de clientes de tarxeta de crédito de BBVA.

Van dous anos da entrevista a nosa compañeira Eva Rosende na laSexta l Noticias sobre tarxetas de crédito revolving.

Pregúntanos sen compromiso en [email protected] e no Tlf. 981.075.538

Tarxetas revolving - Artigo 14 03/03/2022

Novas sentenzas obtidas por ARTIGO 14 dando á razón a clientela bancaria fronte a Banco Santander e WIZINK BANK na reclamación da usura das tarxetas de crédito.

Para saber en qué casos reclamar, qué reclamar, e cómo presentar a reclamación, accede ó seguinte enlace:

https://artigo14.es/tarxetas-revolving/?fbclid=IwAR1x_T9xz18VYNvkiTeLlVTZeEYKFQkn7rCqp9cobBnk6XBk4t-qR-uEN20

Tarxetas revolving - Artigo 14 Qué é crédito revolving? As tarxetas de crédito Revolving son aquelas nas que o seu titular pode dispoñer ata o límite de crédito concedido a cambio do pago das cotas periódicas fixadas no contrato, as cales poden ser unha porcentaxe da débeda (cun mínimo segundo contrato) ou unha cota fix...

El TSXG condena a Inditex por denegar la adaptación horaria a una trabajadora para cuidar a su bebé 19/01/2022

Unha empregada dunha tenda de Stradivarius solicitou unha redución de xornada e a concreción do seu horario de luns a venres en quenda de mañá para coidar ao seu bebé.

Agora, o TSXG condena a Inditex por denegar a adaptación horaria.

El TSXG condena a Inditex por denegar la adaptación horaria a una trabajadora para cuidar a su bebé Una empleada de una tienda de Stradivarius solicitó una reducción de jornada y la concreción de su horario de lunes a viernes en turno de mañana

Garantía de los productos: mejores condiciones 03/01/2022

Atención Atención¡¡¡¡

O 2022 comeza con boas noticias para o dereito de consumo.

O prazo de garantía pasa de 2 a 3 anos para os produtos vendidos a partir do 1 de xaneiro de 2022, e os fabricantes deberán asegurar as pezas de reposto dos seus produtos durante 10 anos, e non durante 5 anos, como ata o de agora.

Garantía de los productos: mejores condiciones Novedades en la garantía. El plazo de garantía de los productos pasa de 2 a 3 años, y los fabricantes deberán asegurar las piezas de repuesto de sus productos durante 10, y no durante 5 como ahora. Buenas noticias para los consumidores.

Lotería de Navidad: claves jurídicas para compartir ilusión sin conflictos 22/12/2021

Ademais das alegrías das persoas premiadas, a Lotería de Nadal é fonte de conflitos legais nos tribunais, a maioría na xurisdición penal.

Se existe un pacto verbal de repartición do premio, ao adquirirse o décimo conxuntamente, o tenedor do décimo está obrigado a darlle o destino especialmente pactado, e se non o fai, torna en propiedade ilexítima do seu importe total.

Agora ben, é preciso que dito pacto tivese lugar e que se acredite.

Mais info no seguinte enlace.

Lotería de Navidad: claves jurídicas para compartir ilusión sin conflictos El Centro de Estudios del ICAM elabora una guía para evitar los conflictos legales más frecuentes en torno al sorteo más importante del año

Una Juez declara nulo un contrato de tarjeta revolving suscrito hace 30 años 09/11/2021

Un Xulgado de Asturias ven de declarar a nulidade dun Contrato de Tarxeta Pass subscrito entre Carrefour e un consumidor en decembro de 1991.

O tipo de interés ascendía a un 30% TAE.

Una Juez declara nulo un contrato de tarjeta revolving suscrito hace 30 años Un Juzgado asturiano ha dictado una sentencia en junio de 2021 declarando la nulidad del Contrato de Tarjeta Pass suscrito entre Carrefour y un consumidor en diciembre de 1991. Fruto de ello, la entidad financiera deberá devolver a su cliente en torno a 8.500 euros y, además, pese a que se allanó...

Tarxetas revolving - Artigo 14 08/11/2021

ACTUALIZAMOS A GUÍA DE RECLAMACIÓN DE INTERESES EN TARXETAS DE CRÉDITO REVOLVING.

Consulta no link: https://artigo14.es/tarxetas-revolving/

Tarxetas revolving - Artigo 14 Qué é crédito revolving? As tarxetas de crédito Revolving son aquelas nas que o seu titular pode dispoñer ata o límite de crédito concedido a cambio do pago das cotas periódicas fixadas no contrato, as cales poden ser unha porcentaxe da débeda (cun mínimo segundo contrato) ou unha cota fix...

28/10/2021

RECLAMACIÓNS A BANCA POR TRANSFERENCIAS FRAUDULENTAS.

A Audiencia Provincial de Pontevedra pronunciouse sobre a obriga dos bancos de reembolsar os seus clientes os importes defraudados nas súas contas correntes (phishing).

Cando un cliente bancario teña coñecemento de que se tiver producido unha operación de pagamento non autorizada ou executada incorrectamente, deberá comunicar a mesma sen tardanza inxustificada o Banco a fin de poder obter rectificación deste.

Cando un cliente bancario negue ter autorizado unha operación de pagamento xa executada ou alegue que esta executouse de maneira incorrecta, corresponderá ao seu Banco demostrar que a operación de pagamento foi autenticada, rexistrada con exactitude e contabilizada, e que non veuse afectada por un fallo técnico ou calesquera outra deficiencia.

Sendo Internet unha rede pública de comunicacións, a seguridade das operacións bancarias precisa de solucións tecnolóxicas avanzadas a adoptar polo Banco, e inasumibles polos clientes.

É o Banco quen ten a obligación de facilitar un sistema de banca telemática segura, e non son os seus clientes usuarios os que deben previr nin averiguar as modalidades de riscos que o sistema conleva, non podendo en suma a parte obligada legalmente a ofrecer un modelo de servizo de Caixa que require dun especial nivel de seguridade, obxectar que o usuario debía coñecer aspectos técnicos tales como identificar unha web como falsa -cando non consta que fora burda e por tanto, evidente de toda falsidade-.

Una financiera se lanza a reclamar una deuda en vía judicial aportando un contrato sin la firma del cliente 27/10/2021

Un Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Tudela (Navarra) declarou, nunha recente sentenza do 11 de outubro de 2021, que non pode prosperar unha reclamación de débeda de case 4.000 euros, se a financeira demandante só achega un contrato sen a firma do cliente e unha liquidación elaborada pola propia entidade.

Para saber mais [email protected]

Una financiera se lanza a reclamar una deuda en vía judicial aportando un contrato sin la firma del cliente Un Juzgado de Primera Instancia e Instrucción de Tudela (Navarra) ha declarado, en una reciente sentencia de 11 de octubre de 2021, que no puede prosperar una reclamación de deuda de casi 4.000 euros, si la financiera demandante solo aporta un contrato sin la firma del cliente y una liquidación e...

07/10/2021

O vindeiro 20 de decembro terá lugar o xuízo dun proceso xudicial que busca encubrir unha actuación abusiva e desproporcionada por parte das forzas e corpos de seguridade do Estado durante as protestas polo desaloxo da CSOA Escarnio e Maldizer en maio do ano 2017, é a nosa obriga non esquecer o circo mediático e policial que se activou durante eses meses coa clara intención de criminalizar e silenciar a protesta social na rúa o que ataca directamente a dereitos humanos básicos

Iberia, Vueling y otras 14 aerolíneas pagarán los vales de los vuelos anulados en la pandemia 06/10/2021

A Asociación de consumidoras europea consegue que as compañías aéreas reembolsen en efectivo os bonos que impuxeron na pandemia no prazo de 7 días desde a solicitude.

Iberia, Vueling y otras 14 aerolíneas pagarán los vales de los vuelos anulados en la pandemia Las dieciséis principales aerolíneas europeas, entre las que figuran Iberia, Vueling, Ryanair, Air France o Lufthansa, se han comprometido a informar mejor y a reembolsar los vales que impusieron a los pasajeros que vieron cancelados sus vuelos durante la pandemia, según ha anunciado la Comisión...

Dos nuevas sentencias declaran la nulidad de las revolving de Wizink 30/09/2021

Dúas novas sentenzas declaran a nulidade das revolving de Wizink.

Os tres contratos litixiosos tiñan unha TAE do 26,82%, 24,60% e 26,70%.

Para reclamar os intereses de tarxetas de crédito contáctanos a través de [email protected]

Dos nuevas sentencias declaran la nulidad de las revolving de Wizink Si agosto no se libró de la nulidad de las revolving, septiembre no podía quedarse atrás con la cada vez más habitual declaración de nulidad, por usura, de los contratos de tarjeta de crédito revolving de Wizink Bank. Así, en sus sentencias de 7 y 10 de septiembre, los Juzgados de Primera Ins...

Sentencia pionera contra una entidad de tarjetas 'revolving' por vulneración del derecho al honor 27/09/2021

Sentenza pioneira contra unha entidade de tarxetas 'revolving' por vulneración do dereito á honra.

A enttidade financeira incluiu os datos do consumidor no CIRBE (Central de Información de Riscos do Banco de España) cando se iniciou o proceso xudicial de anulación da tarxeta revolving, polo que a débeda non era veraz.

Esta inclusión supón a vulneración do dereito a honra do consumidor e a entidade financeira terá que abonarlle unha indemnización.

Sentencia pionera contra una entidad de tarjetas 'revolving' por vulneración del derecho al honor La inclusión en el CIRBE (Central de Información de Riesgos del Banco de España) se realizó cuando se había iniciado el proceso judicial de anulación de la tarjeta revolving, por lo que la deuda no era veraz

La financiera Cofidis, condenada por usura, deberá devolver 6.600 euros a un cliente de una tarjeta «revolving» 21/09/2021

A financeira Cofidis, condenada por usura en Vigo, deberá devolver 6.600 euros a un cliente dunha tarxeta « revolving».

Continuamos a reclamar a usura as entidades financeiras e obtendo sentenzas a favor das consumidoras.

Para saber máis [email protected]

La financiera Cofidis, condenada por usura, deberá devolver 6.600 euros a un cliente de una tarjeta «revolving» La magistrada dice que no está justificado un cobro de intereses del 23,85 % anual

Rebus sic stantibus y alquileres de locales de negocio o de industria 06/08/2021

Sobre a suspensión do pago do aluguer de local de negocio:

A crise provocada pola COVID-19 afectou excesivamente aos locais de negocio, sendo unánime a cualificación da mesma como un fenómeno sobrevido, imprevisible e extraordinario, requisitos necesarios para a aplicación da doutrina « rebus sic stantibus».

Pero para ver ata que grao está a ser de aplicación dita doutrina, faise imprescindible estudar os distintos Autos e Sentenzas que sobre o particular ditáronse ata a data, nos que se ha resolto sobre posibles suspensións ou reducións do pago da renda en tanto continúe a situación actual.

Aquí enlace para saber máis:

https://diariolaley.laleynext.es/Content/Documento.aspx?params=H4sIAAAAAAAEAMtMSbF1CTEAAmMjIxNLS7Wy1KLizPw8WyMDI0MgMlfLy09JDXFxti3NS0lNy8xLTQEpyUyrdMlPDqksSLVNS8wpTlVLTcrPz0YxKR5mAgBvqYSVYwAAAA==WKE

Rebus sic stantibus y alquileres de locales de negocio o de industria La crisis provocada por la COVID-19 ha afectado sobremanera a los locales de negocio, siendo unánime la calificación de la misma como un fenómeno sobrevenido, imprevisible y extraordinario

22/07/2021

Ademais das revolving tamén hai préstamos o consumo nos que os xuros son moi elevados, tanto que a Audiencia Provincial de A Coruña ven de declarar un crédito o consumo concedido por CETELEM como usurario.

A consecuencia, a devolución a demandante de todo o importe pagado en intereses.

Para saber máis: [email protected]

¿Quieres que tu empresa sea el Práctica Jurídica mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

A nosa historia

O noso proxecto consiste na posta en marcha dunha cooperativa de avogacía adicada á prestación de servizos xurídicos na CA de Galicia, situando o establecemento orixinal en Santiago de Compostela, contando ademáis cunha sede en Coruña.

A diferenciación co despacho de avogados tradicional atópase na adaptación da prestación do servizo xurídico aos novos escenarios de traballo colaborativo, a incorporación das novas tecnoloxías ao sector legal e o labor pedagóxico en relación ao cliente.

A principal motivación despacho é a de poder prestar un servizo rápido e de calidade nas nosas áreas de especialización, incorporando as novas tecnoloxías ás relacións co cliente a fin de lograr unha maior accesibilidade.

Así mesmo, queremos garantir a todas as persoas, tamén ás que viven nas contornas máis vulnerables, un acceso igualitario ao coñecemento, exercicio e defensa dos seus dereitos e obrigacións. Constituímonos como cooperativa porque vemos nos principios de democracia e de igualdade o fundamento da nosa forma de entender o traballo. Participamos no proxecto de forma colectiva, responsable e solidaria, no compromiso común coa nosa contorna, o seu coidado e a súa transformación.

Teléfono

Dirección


Avenida De Oza, 38, 1ºD
A Coruña
15006

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00
Otros Abogado y bufete de abogados en A Coruña (mostrar todas)
Carvajal de la Torre abogados Carvajal de la Torre abogados
Calle Rafael Alberti, 1, 1º B
A Coruña, 15008

Pagina creada para interactuar y socializar la web profesional de nuestro despacho y asi crear algo nuevo en el mundo de internet: mezclar el ambito empresarial con las web sociale...

Sánchez Pardo Abogados Sánchez Pardo Abogados
Avenida Finisterre, 257 Entlo. A
A Coruña, 15010

Especialistas en incapacidades y pensiones de incapacidad permanente de la Seguridad Social, desde 19

Hedo Gómez Abogados Hedo Gómez Abogados
Mariscal Pardo De Cela 8, 1ª Planta
A Coruña, 15007

Despacho de Abogados en Madrid y A-Coruña. Equipo de profesionales ampliamente cualificados para el asesoramiento y resolución de todo tipo de conflictos jurídico. Nos caracterizam...

ARP servicios juridicos ARP servicios juridicos
Calle Emilia Pardo Bazán Nº 3 Piso Nº 1 Izda
A Coruña, 15005

ARP Servicios Jurídicos es una firma creada desde hace mas de diez años. Donde con un trato cerca

TOGA Abogados TOGA Abogados
Juan Flórez 33/35, Entreplanta
A Coruña, 15005

Especialistas en Derecho Bancario y de Consumo

Vento Abogados & Asesores Vento Abogados & Asesores
Calle Fonseca 6 – 4º
A Coruña, 15004

Vento Abogados & Asesores es una firma de servicios jurídicos y de asesoramiento, con sedes en A Co

Xoán Antón Pérez-Lema Avogados e Consultores Xoán Antón Pérez-Lema Avogados e Consultores
Santiago Rey Fernández-Latorre, 57/7º
A Coruña, 15006

Máis de 20 anos de experiencia e unha moi ampla e intensa praxe profesional avalan a nosa profesionalidade e a nosa sintonía cos des**os e requirimentos do cliente.

Maldita Deuda Maldita Deuda
Rúa María Puga Cerdido 11
A Coruña

Vive una nueva vida sin deudas con la Ley de Segunda Oportunidad

Taibo y Paz Abogados Taibo y Paz Abogados
Rúa Sánchez Bregua, 11
A Coruña

Somos un equipo de abogados con más de 20 años de experiencia.

despacho_abogado_syf despacho_abogado_syf
A Coruña

Abogada en derecho de familia. Divorcios internacionales. Pensión de alimentos. Extranjería. Laboral.

Prieto &  Riego, Gende Y Asociados. Prieto & Riego, Gende Y Asociados.
ENRIQUE DEQUIDT, Nº 15 Loc 15
A Coruña, 15005

ABOGADOS DE EMPRESA; CIVIL, MERCANTIL, PENAL Y LABORAL

Ceán y González Abogados SCP Ceán y González Abogados SCP
Calle Rafael DIeste Nº 6/5º Dcha
A Coruña, 15009

Despacho de abogados en La Coruña