Sala A Reserva

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Sala A Reserva, desiderio varela n7, Carballo.

17/01/2024

Temos malas novas.

Por motivos persoais, a sala A Reserva de Carballo cesa a súa actividade. Grazas á xente que nos acompañou nesta etapa.

As persoas interesadas no traspaso poden contactar coa propietaria no seguinte teléfono:

Mar
670 72 31 58

15/12/2023

Mañán temos o último asalto deste primeiro ciclo de concertos! 🏹

13/12/2023

TU FUTURA EX MUJER 💋

Desde o poboado indíxena, noso Carballo natal,  chega a banda veciña por excelencia! traerán o seu Indie-Garage psicodélico pra facervos bailar! Si, bailar, cousa de antiguos pero modernos. Chegan co álbum Novos Millonarios baixo o brazo. Botádelle un ollo e unha orella porque como ritual chamánico non ten perda.

Tu Futura Ex Mujer, y cada vez la de más gente.

PD: permítese a entrada de parellas, monturas, coyotes, cadelos, e demais animais carroñeiros e de compañía. 🤠

🏹 Sábado 16 ás 23:00
🏹 8 ouros
🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

12/12/2023

DAVID BROWN EXPERIENCE 🚜

Imos contarvos unha de vaqueiros:

Corría o ano 1937 en West Yorkshire cando David Brown se alía con Harry Ferguson para traer ao mundo o primeiro tractor Ferguson-Brown, sobre o cal sentarían as bases do éxito da marca, chegando a fabricar dende vehículos agrícolas ata coches deportivos. Pasarían case 80 anos ata que David López e David Moss se aliaran. Igual que os británicos incluían novas marcas e inventos, os de Cerceda foron sumando á súa causa novos integrantes (Roi, Eloy, Cha, Alberto...) para traer un repertorio todoterreo e variado de versións (e versións de versións). Banda residente no Cochinella Fest, achéganse á Reserva de Carballo na súa primeira experiencia en sala! 🤠

🏹 Sábado 16 ás 23:00

🏹 8 ouros

🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

02/12/2023

Esperámosvos esta noite, rostros pálidos! ♥️

28/11/2023

Adhara & Ritman ⚡

Co corazón na nosa Costa da Morte, Adhara & Ritman é unha das bandas de maior proxección do panorama folk-rock coruñés.

Na Reserva sabémosche un bo feixe de conxuros, mais non damos descifrado a maxia de Adhara "A Cuncheira de Sofán", Tito Barbeito e compañía sobre os escenarios. 🧙

Tomando ingredientes do noso folklore, do reggae, do blues e da música latina, poderedes catar a pócima segreda este sábado no terceiro asalto á Reserva Underground! 🏹💥

🏹 Sábado 2 de decembro ás 23:00
🏹 8 ouros
🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

27/11/2023

Mr. Kamándula ⚡

Desde a incansable factoría de Cerceda chega !Unha especie en perigo de extinción co seu "straightforward Hard Rock in Galician language". Este venres estrean sinxelo pra iluminar os nosos rostros pálidos. 🤠

Esperámosvos como auga de decembro no terceiro asalto do underground galego á Reserva! 🏹💥

🏹 Sábado 2 de decembro ás 23:00
🏹 8 ouros
🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

25/11/2023

Hau! ✋

Esperámosvos esta noite no segundo asalto á Reserva! 🏹

22/11/2023

CRU ⚡

Desde Carral chegan os , un power trío de ases cargados de ferro e carraxe!

Unha pócima que xunta a forza do hardcore e a densidade do stoner. Xa sabedes o que nos gusta a boa tralla 🥲. Curtidos en mil batallas, non vai quedar rostro pálido en pé! 🤠

🏹 Sábado 25 ás 23:00
🏹 8 ouros
🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

21/11/2023

LENINCAT 💥

Se alguén pode facer á Reserva Noisy Again son os .oficial !

Xenuíno Street Punk compostelán coma un frechazo directo ao peito. Presentarannos Años de Locura (2023) nesta segunda incursión na Reserva. Coidade as cabeleiras!

🏹 Sábado 25 ás 23:00
🏹 8 ouros
🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

15/11/2023

Broa 💥

Dos fornos de Cerceda nace , un artefacto gastropolíticomusical capaz de alimentar a unha tribo enteira.

Con Cucú (2020) puidemos catar os riffs densos do stoner e a calidez do hardcore melódico. Gañadores dos Premios Martín Códax na categoría Metal 🤘, voltan a Carballo máis fortes ca nunca coa incorporación da guitarra afiada de Gustavo Brea (Nao). 

Avecíñase unha cerimonia brutal! Poñan as súas mellores galas e acudan á Reserva co armamento adecuado para a batalla 🐴🎸🥁

🏹 Sábado 18 ás 23:00

🏹 8 ouros

🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

14/11/2023

Rusty Nuts 💥

leva o underground de Carballo por bandeira! Influenciados polo punk clásico californiano e australiano (non confundir co de zapas guapas, táboas de surf e mechas loiras), veñen de presentar o seu primeiro EP autoproducido "No Time".

O seu último sinxelo é "Luceiro e Guía", rendindo homenaxe a Castelao cun poema de Avelino Díaz que figura no libro "11 Poemas a Castelao" publicado a título póstumo.

Chegan fresquiños despois de derrubar o Live In Cances a finde pasada, así que aproveiten esta oportunidade única e aposten polo underground 🃏💸💰

🏹 Sábado 18 ás 23:00
🏹 8 ouros
🏹 Anticipada no propio local ou no 633 621 420

13/11/2023

🔊 Venda de entradas anticipadas na e tamén podedes reservalas no 633 621 420 indicando a data e nome completo 📝 como sabedes o aforo é limitado!

O horario habitual de dispensación espirituosa é venres e sábados de 23h a 5h, os días de concerto ábrese a ranchería ás 22:30h 🦅

Agardamos resulte unha actividade necesaria, vervos os rostros sexan pálidos ou non, e así poder desfrutar de máis directos nesta reserva cultural underground in your face! 👊

Esta música ao vivo está moi viva 4.0…. ???

Hau! ✋

🎨

09/11/2023

Hau! 🤚

Xa presentados os eventos pra esta primeira fornada de música indíxena na Reserva Underground de Carballo. 💀

Tan só 8 centavos de cabeza india por velada. P**a da paz incluída, cabeleiras a parte. 🏕️🏹

Achéguense, vaqueiras e vaqueiros. 🤠🐴

Broa + Rusty Nuts na Reserva de Carballo
Lenincat + Crú na Reserva de Carballo

08/11/2023

Hau!

Encargadas de traer a fin de festa para este bloque de concertos David Brown Experience e Tu Futura Ex Mujer desde o mesmo

Sábado 16 de decembro 22:30h 8 centavos de cabeza india

Make A Reserva great again!!

06/11/2023

Hau!

Na terceira quenda temos ración de mar e montaña!

Unha honra poder contar con Adhara&Ritman desde a e Mr. Kamándula de

Sábado 2 de decembro 22:30h 8 centavos de cabeza india

Make A Reserva great again!!

03/11/2023

Hau! 🤚

Coméntase que a finais de mes está deserto... Será porque todas virán bater con CRU e Lenincat .oficial?

Sábado 25 de novembro 22:30h. 8 centavos de cabeza india

Fai unha reserva xenial de novo!!

01/11/2023

Hau! 🖐️

O grupo local Rusty Nuts e Broa de Cerceda son as encargadas de poñer banda sonora a esta nosa “re-inauguración” 🎶🛶✊

O 18 de novembro abrimos a ranchería ás 22:30h con acceso previa entrega de 8 centavos de cabeza india 🪙

Non dispoñemos de billeteira online mais nas próximas lúas daremos conta de puntos de venda de anticipada física 🛖

Make A Reserva great again!!

🎨

26/10/2023

🔊 🔊

Primeiro bloque de concertos nos que agardamos vervos para que esta aventura saia adiante con toda a forza 🛶✊

.oficial

Entre todas podemos lograr a reactivación que siginifique toda unha nova etapa de moita música en 🌳🎶

Hau! 🖐️

Sala A Reserva (@salaareserva) • Instagram photos and videos 19/10/2023

Podedes seguirnos na nova conta de instagram, onde publicaremos os anuncios de concertos e demais eventos.

Sala A Reserva (@salaareserva) • Instagram photos and videos 45 Followers, 195 Following, 1 Posts - See Instagram photos and videos from Sala A Reserva ()

19/10/2023

Volve a mellor programación musical á Sala A Reserva de Carballo!

Consolidada durante anos como unha das mecas da música underground de Galicia, Carballo contará de novo con ciclos de concertos habituais na súa sala máis emblemática.

Atentxs ás nosas redes, que comezamos prontiño!

10/10/2023

urge camarera o camarero para fines de semana razon 699481096 preguntar por Ramon

07/09/2023

SUBSANADA LA AVERIA MAÑANA VIERNES 8 SEPTIEMBRE ABRIMOS DE NUEVO OS ESPERAMOS A PARTIR DE LAS 23:00HORAS

24/05/2023

TODOS LOS JUEVES CAÑAS Y PINCHOS .............ESTE JUEVES CHORIZO AL VINO................OS ESPERAMOS

Photos from Sala A Reserva's post 10/05/2023
Timeline photos 18/02/2017

Viernes 24 de Febrero a las 23:30 conciertazo de Kostra da Morte!!! Os esperamos!!!😃😃😃

Timeline photos 25/01/2017

Y este fin de semana, el día 28 a partir de las 22:30 dos grupos geniales aquí en La Reserva.

Timeline photos 28/10/2016

NO OS PODÉIS PERDER EL SAMAÍN MÁS ESCALOFRIANTE AQUÍ, EN LA RESERVA; CON LA ACTUACIÓN DE ELVIS NEGRO, NIGHT BOYS Y MAIKEL DJ. LUNES 31 DE OCTUBRE A LAS 23:30, OS ESPERAMOS !!!!

28/10/2016

nocche de samain con un cocierto con dos grupos,ydespues maikel poniendo musica para todos vosotros.ven a pasar una noche terrorifica en la reserva

¿Quieres que tu empresa sea el Restaurante mas cotizado en Carballo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección


Desiderio Varela N7
Carballo
15100

Horario de Apertura

Viernes 23:00 - 05:00
Sábado 23:00 - 05:00
Otros restaurantes en Carballo (mostrar todas)
Cafetería  MAR Cafetería MAR
Eduardo Pondal 9 Bajo
Carballo, 15100

Belisco do Norte Belisco do Norte
Rúa Mar Caribe S/n. Razo
Carballo, 15107

Somos ese belisco de sol cando cae a tarde, o belisco de mar que deleita os nosos sentidos. Somos💙🧡

Café Bar Infinito Café Bar Infinito
Avenida De Razo N°6 Bajo Izq
Carballo, 15100

Cafe con Aroma...

O Farelo O Farelo
Rúa Vila De Ordes, 15
Carballo, 15100

O Farelo, a tua cafetería en Carballo. Almorzos, racións, pizzas, bocadillos, hamburguesas...

Quick Carballo Quick Carballo
C/Estrella, Nº9
Carballo, 15100

Harry Doner Kebab Harry Doner Kebab
Ruà. Perù, 11
Carballo, 15100

CastaÑeiro CastaÑeiro
Carballo
Carballo, 15100

asador de castañas

Harry Doner kebab Harry Doner kebab
Rua Peru 11 Bajo Carballo
Carballo, 15100

Comida rápida ( fast food �)

Cafetería Jayce Cafetería Jayce
Carballo, 15100

Restaurante Río Sil Restaurante Río Sil
R/Río Sil 43
Carballo, 15100

Restaurante Río Sil 🍴 Asador. Summum carnes rojas de Galicia, pescados y mariscos de las lonjas de la

Café Bar Os Delfins Café Bar Os Delfins
Pedra Do Sal, 42
Carballo, 15105

Acogedor establecimiento donde disfrutar tanto de un café como un refresco/cerveza. También disponemos de bocadillos, hamburguesas y raciones. Mesas exteriores para aprovechar los...

A Estación A Estación
Rúa Pontevedra 7, Esq. Baños Vellos
Carballo, 15100

Céntrico bar de copas.