Padroado Deportivo Carballo, Carballo Videos

Videos by Padroado Deportivo Carballo in Carballo. Servizo Municipal de Deporte do Concello de Carballo

Dúas novas sinaturas figuran desde hoxe no novo Libro de Honra do Deporte Carballés, que, como lembrou o alcalde, estreamos co centenario do Bergantiños e o 40° aniversario de Escola Lubiáns e Xiria. Evencio Ferrero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, recibou hoxe aos multimedalistas Andrea Goimil e Gabriel Rodríguez Colferai, dous deportistas de élite dun club de referencia a nivel estatal como o Sysca. A gran familia do salvamento e socorrismo carballés acompañou aos galardoados, que amosaron a súa gratitude, destacaron o esforzo realizado e animaron aos máis novos a seguir levando con orgullo polas piscinas e praias de todo o mundo as cores do Sysca e o nome de Carballo.

Grazas, Andrea e Gabriel, por facernos sentir tanto orgullo 👏👏👏

Other Padroado Deportivo Carballo videos

Dúas novas sinaturas figuran desde hoxe no novo Libro de Honra do Deporte Carballés, que, como lembrou o alcalde, estreamos co centenario do Bergantiños e o 40° aniversario de Escola Lubiáns e Xiria. Evencio Ferrero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, recibou hoxe aos multimedalistas Andrea Goimil e Gabriel Rodríguez Colferai, dous deportistas de élite dun club de referencia a nivel estatal como o Sysca. A gran familia do salvamento e socorrismo carballés acompañou aos galardoados, que amosaron a súa gratitude, destacaron o esforzo realizado e animaron aos máis novos a seguir levando con orgullo polas piscinas e praias de todo o mundo as cores do Sysca e o nome de Carballo. Grazas, Andrea e Gabriel, por facernos sentir tanto orgullo 👏👏👏

O pavillón Calero experimenta unha profunda transformación grazas ao investimento que está a realizar o Concello de Carballo, que acada os 300.000 euros. Os resultados xa están á vista, como puideron comprobar o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez. A actuación, que rematará nos vindeiros días, incluíu a renovación do pavimento dos 1.236 metros cadrados de superficie que ten o pavillón. O novo pavimento está especialmente deseñado para o adestramento e a competición de baloncesto, fútbol sala, balonmán, bádminton ou voleibol, así como para deportes sobre rodas, coma patinaxe ou hóckey. Para facilitar a práctica deste último deporte, ademais, está a colocarse unha valla de protección fixa agás nun dos laterais, que conta cun sistema hidráulico que permitirá subila e baixala segundo as necesidades.

Se tedes 14 anos ou menos e xuntades un grupo de cinco amigos xa podedes participar nas #Pekeolimpíadas, dúas xornadas de xogos en equipo que se celebrarán os días 7 e 14 de agosto nas praias de Razo e Baldaio, e nas que contamos coa colaboración de Sysca para que desfrutedes coma nunca do verán no noso litoral. Anotádevos hoxe sen falta cubrindo o formulario que atoparedes en www.carballo.gal. 👉En que consistirán as Pekeolimpíadas? Nunha carreira de obstáculos por equipos, na que teredes que chegar xuntos á meta, e nunha proba contra-reloxo da que sairá o equipo gañador dos nosos xogos olímpicos particulares. 👉Que tipo de obstáculos haberá? Na proba de Razo teremos vigas de equilibrio, rede vertical, movemento de carga, paso de valos e paso polo túnel, nas que teredes que usar toda a vosa habilidade e demostrar a vosa capacidade para xogar en equipo. 👉E cales serán os xogos de habilidade? Tamén haberá varios, como o de enterrar ao defunto, adiviñar un elemento típico de Carballo que deberá debuxar un dos membros do equipo ou a busca do tesouro. Mola, non si? Pois o dito: se tedes 14 anos ou menos... bulide e anotádevos! Quedamos este mércores 7 para empezar a xogar de 10.30 a 13.30 horas na explanada de Razo. #eu❤️Razo-Baldaio Sysca Salvamento

O alcalde, Evencio Ferrero, ofreceu onte unha recepción dobre a Escola Lubiáns. Con motivo do 40° aniversario da fundación do club, o seu presidente, David García, asinou no Libro de Honra do Deporte Carballés, reservado para os grandes eventos e logros deportivos. Pero tamén foi protagonista o equipo benxamín, que vén de proclamarse campión galego. Moitos parabéns e longa vida á Escola Lubiáns!

Mañá é o día! 1.786 deportistas de todas as idades participarán este ano na carreira popular 10k Carballo! 📢 Lembrade que hoxe, de 17.00 a 20.00 horas, seguiremos entregando dorsais no primeiro andar do mercado municipal.

Hoxe presentamos a 10k Carballo, que volve o 2 de xuño para converter as nosas rúas nun gran circuíto de atletismo. O alcalde, Evencio Ferrero; o presidente da Federación Galega Atletismo, Iván Sanmartín; o técnico de deportes do Concello, Manuel Varela Bardanca; o presidente da ADFogar, Gustavo Álvarez, e os representantes de A.D. Mediaducia José García Gesto e Moncho Ríos deron a coñecer todos os detalles da carreira popular, que atoparás en www.carballo.gal. Lembra que o prazo de inscrición está aberto ata o 29 de maio, e xa rondamos o milleiro de participantes entre todas as categorías.

Carballo é a sede da Final 4 de balonmán sénior nas categorías masculina e feminina, que se disputará os días 20 e 21 no pavillón Vila de Noia. Na categoría feminina haberá representación local, xa que o Xiria é un dos equipos que optan á fase de ascenso xunto con Cangas, Carballal e Lavadores. Na categoría masculina o espectáculo tamén está asegurado, xa que competirán O Grove, Atlético Guardés, Magope e Seis do Nadal. O presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, estivo hoxe na casa do concello para presentar a competición, na que colaboran as Escolas Balonmán Xiria e o propio Concello de Carballo. O club carballés estivo representado no acto por José Antonio Rodríguez Fraga, vicepresidente primeiro; Sheila Ferreiro, xogadora, e Pablo Iglesias, responsable da área deportiva do club; en tanto que por parte do concello asistiron o concelleiro de Deporte, Daniel Pérez, e o alcalde, Evencio Ferrero.

Di o refrán que de ben nacidos é ser agradecidos, e hoxe o piloto carballés Francisco Jose Gomez Pallas quixo agradecer a colaboración do Concello de Carballo na súa última aventura no Dakar Rally facéndolle entrega ao alcalde duns agasallos moi, moi especiais: area do deserto e un cadro asinado. Evencio Ferrero amosouse moi agradecido e tamén orgulloso de que o nome de Carballo estea ligado a un evento que vai moito máis alá do deportivo e que ten repercusión en todo o mundo.

Aos seus 18 años, o mozo de Ardaña Rubén Castro vén de proclamarse campión autonómico de K1 na categoría de menos de 75 quilos. No campionato galego, celebrado en Cotobade (Pontevedra), tamén acadaron medallas outros tres representantes do club carballés Molíns Team: Nuria Carrillo, subcampioa en K1 -52; José Sosa, terceiro en lowkick -63, e Víctor Cancela, bronce en lowkick -71. Moitos parabéns!

Hoxe en Carballo puxemos á rapazada a correr. O noso concello acolleu un ano máis a fase comarcal de cros escolar do programa #Xogade, que reuniu a u milleiro de alumnos e alumnas de 11 coles bergantiñáns, seis deles do noso concello. Así foi a saída dunha das oito carreiras disputadas.

O alcalde, Evencio Ferrero, recolleu este xoves na Coruña o galardón concedido ao Concello de Carballo como mellor entidade pública galega do 2023 en xestión deportiva. Ao acto asistiron tamén o actual concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, e o seu antecesor, Marcos Trigo, e persoal de Carballo Deporte. Así foi o acto 📹

O presidente da AD Fogar, Gustavo Álvarez; o da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión; o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentaron o I Memorial Pedro Luis Fernández Pombo, que se disputará esta fin de semana na piscina municipal Carballo Calero. Como dixo o concelleiro de Deportes, “un pobo ten que lembrarse sempre das persoas que contribúen a crear rede social”, e Carballo vai lembrar esta fin de semana a unha persoa que fixo unha importante contribución nos ámbitos cultural, político, social e tamén deportivo. Para homenaxealo como merece, esta fin de semana vanse dar cita en Carballo 288 deportistas de 28 equipos na primeira edición dun memorial qué nace con vocación de permanencia. Atoparás os detalles en www.carballo.gal e nestas declaracións do presidente da ADFogar

Ambientazo no pavillón Vila de Noia nas Xornadas do Nadal de Judo, que reuniron a 500 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. O concelleiro Iván Andrade desfrutou do espectáculo e participou na entrega de medallas. Parabéns ao Judo Club Bergantiños!

Aquí tedes a Ruth Fuentefría preparando a gran cita que ten mañá no Campionato do Mundo Júnior de Halterofilia, que se disputa en Guadalajara (México). A deportista carballesa, que acadou o sexto posto no mundial absoluto disputado en setembro en Arabia Saudita, competirá mañá en México, a partir das 13.00 horas (20.00 horas aquí en Galicia), na categoría de menos de 45 quilos. Moita sorte 💪

Aquí tes a 15 atrevidos e unha atrevida que se enfrontan a esta hora a todo un gran mestre do #xadrez, o paraguaio Neuris Delgado, nas partidas de simultáneas que se están a disputar na planta alta do mercado municipal. O alcalde tamén moveu peza... con algo de axuda 😉

O futuro do ciclismo galego, reunido esta fin de semana na Challenge Júnior Carballo. Espectacular a proba organizada polo Club Ciclista Carballo 👌

♟️ Como xa é tradición, Evencio Ferrero fixo o saque de honra do Aberto de Xadrez Concello de Carballo, organizado por O Toque Xiria, e no que participan 80 xogadores/as de niveis moi diversos. O alcalde moveu o primeiro peón seguindo as indicacións de Neuris Delgado Martínez, número 1 do ránking. Moita sorte a tod❤s!

Aquí está o vídeo resumo da #10kCarballo. Grazas a participantes, colaboradores/as e público por un evento espectacular 👏👏👏 📽️youtube.com/watch?v=beZZM8…

Así arrincou a #10kCarballo! 🎥 Diario de Bergantiños

Xa está aquí unha nova edición do Carballo Handball Festival, a gran festa do balonmán, que reunirá no noso concello a centos de nenos e nenas esta Semana Santa. Presentárona hainuns minutos Marcos Trigo, Jessica Posse, Toñito Rodríguez e Evencio Ferrero.