Padroado Deportivo Carballo

Padroado Deportivo Carballo

Servicios De Planificación De Eventos cercanos

Dime Sí Quiero
Dime Sí Quiero
15100

También te puede interesar

Bon Vivant Resto Bar
Bon Vivant Resto Bar

Servizo Municipal de Deporte do Concello de Carballo

Photos from Turismo Carballo's post 24/09/2024
17/09/2024

🔴 XUVENIL "A" 24/25 ⚪️

⚽️ 1ª XORNADA 1ª FUTGAL⚽️

🔴 S.D. Sofán 3
🔵 Liceo de Monelos SD 1

Goles:

1-0.- Manu Breijo (46')
2-0.- Dani Rodríguez (70')
3-0.- Rubén Porteiro (80')
3-1.- Guillermo (81')

Debut nesta nova categoría cunha victoria ante o actual campión de copa da Coruña.

Gran inicio de tempada dos nosos rapaces que o están facendo xenial nestas 6 semanas que levan adestrando.

Seguide así‼️

♥️🤍 Imos SD 💪💪

Concello de Carballo
Padroado Deportivo Carballo
Real Federación Galega de Fútbol - Futgal

Photos from Padroado Deportivo Carballo's post 03/09/2024

Co xa tradicional saque de honra do alcalde arrincou a sétima edición do Aberto de xadrez clásico Concello de Carballo, organizado polo Club Xadrez O Toque Xiria Carballo a e no que participan medio cento de xogadores e xogadoras. E, como tamén se está convertendo en tradición, o concelleiro Xosé Regueira fixo o saque inicial do Torneo Maxistral. Pero non se limitou ao saque, senón que se atreveu con todo un mestre coma Mihail Marin (Rumanía), un dos dez grandes mestres internacionais que podes ver en acción se te achegas esta semana polas tardes ata o mercado municipal. Todo un espectáculo!

30/08/2024

Do 2 ao 7 de setembro o xadrez volve por partida dobre a Carballo coa sétima edición do Aberto de Xadrez Clásico e a segunda do Torneo Maxistral, organizados polo Club Xadrez O Toque Xiria. Últimos días de inscrición!!!
+ info 👉 http://www.carballo.es/novas.php?id=9525&idioma=gl&sec=30

28/08/2024

O xadrez volve a Carballo do 2 ao 7 de setembro coa sétima edición do Aberto de Xadrez Clásico, organizado polo Club de Xadrez O Toque Xiria coa colaboración do Concello. Representantes das dúas entidades presentaron o cartel no taboleiro xigante da Praza do Concello.

Aínda estás a tempo de participar! Infórmate en www.carballo.gal

E se queres desfrutar dun gran espectáculo non perdas o II Torneo Maxistral, no que participarán dez grandes mestres internacionais.

Photos from Club Ciclista Carballo's post 26/08/2024
26/08/2024

⚽️Planificación Semanal⚽️
Moi boas siareir@s, deixámosvos a planificación do equipo senior desta semana, recordándovos que o Martes 27/08/24 e o Sábado 31/08/24 temos partidos amistosos: o Martes contra a S.D. Cabana e o Sábado o triangular da S.D. Oza, onde xogaremos contra a S.D. Sofán e o S.D. Oza. Agardaamos seguir coas boas sensacións amosadas nesta pretempada.
Esperamos a vosa presencia.

Concello de Carballo Padroado Deportivo Carballo

26/08/2024

🔴PROGRAMA NACIONAL DE TECNIFICACIÓN🔴

➡️Hoxe comezou a concentración de praia do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva pola na 📍Praia de Somo, Loredo.

➡️A localidade Cántabra acollerá esta concentración ata finais de semana, na que participan o noso deportista xuvenil Brais Pensado Albertí, e o noso adestrador David Orgeira Seoane facendo parte do equipo técnico.

Moitos parabén!!!

Photos from Federación Galega de Ciclismo's post 25/08/2024
25/08/2024

| Tomás Pombo (Club Ciclista Padronés Cortizo) anotouse este sábado a vitoria no Trofeo Júnior Carballo e na xeral da

Club Ciclista Carballo

25/08/2024

🔴ANDREA CHEGA A AUSTRALIA🔴

➡️A xa coñecida representante do en Australia, chega a 📍Goald Coast e xa se encontra adestrando e rematando ca posta a punto para o comezo do CAMPIONATO DO MUNDO DE NACIÓNS.

➡️Andrea representará a España na praia ao comezo da competición, para posteriormente competir na piscina. Unha semana de competición que se inaugurará cunha xornada de presentación do Lifeving World Championships 2024 nos próximos días.

Moita sorte!!!

23/08/2024

Carballo acollerá do 2 ao 7 de setembro o VII Aberto de Xadrez Clásico Concello de Carballo, valedoiro para ELO FIDE clásico, no que se utilizará o formato clásico a 7 roldas e no que se repartirán 2.000 euros en premios. Xa hai máis de trinta xogadores inscritos, pero a cifra final será moi superior. O prazo para anotarse finalizará o 1 de setembro.

Pero o xadrez chegará por partida dobre a Carballo, porque, ademais do aberto, o Club Xadrez O Toque Xiria Carballo celebrará nas mesmas datas o II Torneo Maxistral O Toque Xiria, no que conta coa colaboración do Concello de Carballo e da Deputación da Coruña, e no que participarán dez grandes mestres internacionais: Mihail Marin e Félix Antonio Ilinca (Rumanía), Mariano Ortega Amarelle (Cabo Verde), Aleksa Strikovic (Serbia), Vladimir Petkov (Bulgaria) e os españois Alberto Portela Peleteiro, Jonás Prado Lobo, Xulio del Prado Rodríguez, Diego Cacheiro Blanco e Daniel Eduardo Pulvet Marín.Toda a información sobre o torneo maxistral, aquí.

Do 2 ao 7 de setembro achégate ao mercado municipal e engánchate ao xadrez!

20/08/2024

Mañá coñecerase a listaxe definitiva de participantes, pero a día de hoxe xa son máis de cen os/as ciclistas inscritos/as para a VI Challenge Júnior Carballo, unha das grandes probas que organiza ao longo do ano o Club Ciclista Carballo, e que, como non podía ser doutro xeito, conta co apoio da Federación Galega de Ciclismo e do Concello de Carballo.

A presidenta e o vicepresidente do club, Vanesa Loureiro e Juan Carlos Díaz del Valle, presentaron hoxe a competición acompañados polo alcalde, Evencio Ferrero, que cualificou ao Club Ciclista Carballo como unha entidade “exemplar” e puxo en valor o traballo que vén desenvolvendo ano tras ano. Tanto a presidenta como o vicepresidente agradeceron a colaboración municipal, así como da federación e de todo o voluntariado que se implica para facer posible esta gran cita do ciclismo júnior. Podedes escoitalos no vídeo que acompaña esta nova 👇
https://carballo.org/novas.php?id=9521&idioma=gl&sec=30

20/08/2024

Moitos parabéns, Andrea!
Moitos parabéns, Sysca Salvamento!

🔵 👤 Andrea Goimil Linares - 𝗝𝘂́𝗻𝗶𝗼𝗿 🇪🇸

𝐀𝐔𝐒𝐓𝐑𝐀𝐋𝐈𝐀 𝟐𝟎𝟐𝟒 🇦🇺

🥇🥈🥉 Conoce a los y las socorristas que representarán a España en el Campeonato del Mundo 🏆 🌎 en 𝗥𝗙𝗘𝗦𝗦.𝗲𝘀: https://rfess.es/lwc24-campeonato-del-mundo-de-salvamento-y-socorrismo/



Consejo Superior de Deportes

Photos from SD San Lorenzo Verdillo's post 14/08/2024
Photos from Sysca Salvamento's post 14/08/2024
Photos from Padroado Deportivo Carballo's post 12/08/2024

O Concello de Carballo está a realizar un investimento de 1,5 millóns de euros na mellora de varias instalacións deportivas.
📍Pavillón Carballo Calero. Instalación dun novo pavimento para baloncesto, fútbol sala, balonmán, bádminton ou voleibol, así coma para deportes sobre rodas, como patinaxe artística ou hóckey. Tamén contará cunha valla perimetral abatible para hóckey. En obras.
📍Reforma da pista polideportiva do CEIP Plurilingüe A Cristina, que conta con novo pavimento e equipamento. En obras.
📍Renovación do equipamento das salas fitness dos complexos deportivos Carballo Calero e Vila de Noia, en contratación.
📍Complexo deportivo As Eiroas. Hoxe regresa a actividade ao campo principal tras a renovación do céspede, que esgotara o tempo de uso de oito anos establecido pola Federación de Fútbol para a 2ª RFEF. O proxecto inclúe tamén un novo céspede para o campo anexo e a construción, xa en marcha, dun novo campo de fútbol 8.
📍Campo de fútbol do Carral. Construción nun novo graderío con espazos inferiores de lavandaría e ximnasio, ademais dun soto. En obras.

Todos os detalles 👉https://carballo.org/novas.php?id=9512&idioma=gl&sec=30

31/07/2024

📢 Atención, entidades!
Mañá remata o prazo de solicitude de usos das instalacións deportivas municipais para actividade física e deportiva de iniciativa privada co patrocinio municipal para a tempada 2024/2025.

Podes descargar as bases aquí 👉 https://i.mtr.cool/ormurnhujj

30/07/2024

Lembra que durante o verán temos horarios especiais nos complexos deportivos Vila de Noia e Carballo Calero.

23/07/2024

Xa está aberta a convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividade física e deportiva de iniciativa privada co patrocinio municipal para a tempada 2024/2025.
🔹 O prazo de solicitude para a liña 1 será de 10 días naturais, que empezan a contar hoxe.
🔹 Para a liña 2 as solicitudes presentaranse polo menos con 45 días de antelación ao comezo da actividade prevista.
Podes descargar as bases aquí 👉 https://carballo.org/novas.php?id=9499&idioma=gl&sec=32

Photos from Padroado Deportivo Carballo's post 21/07/2024

Este sábado en Carballo celebramos o Día Mundial do Xadrez, nunha iniciativa conxunta da Concellaría de Deportes e do Club Xadrez O Toque Xiria Carballo que incluíu un torneo de partidas rápidas, a estrea dos taboleiros xigantes da Praza do Concello, unha exposición de libros sobre xadrez, manualidades e pintacaras. Dúas horas intensas que respectou a chuvia e nas que se puxo de manifesto o auxe do xadrez no noso concello e na contorna, sobre todo entre a rapazada. Aquí tedes algunhas fotos da actividade.

18/07/2024

A Federación Galega de Deporte Autóctono celebra en Carballo o Campionato de Seleccións de Billarda e Chave. Os mellores equipos de cada modalidade deportiva daranse cita o sábado a partir das 16.30 h na Praza do Concello. Non perdas o espectáculo!
+ info: https://www.carballo.org/novas.php?id=9494&idioma=gl&sec=30

16/07/2024

O 20 de xullo celébrase o Día Mundial do Xadrez, un antigo e tradicional xogo de mesa que require dunha gran destreza e axilidade mental. Con motivo da efeméride, o Concello de Carballo e o Club Xadrez O Toque Xiria Carballo organizan unha celebración conxunta que ten como finalidade contribuír á promoción desta disciplina deportiva entre toda a sociedade. Presentámola hoxe, no mesmo espazo no que se celebrará a xornada, coa presenza do alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez; o presidente de O Toque Xiria, Xavier Teixeira; Laureano Faya, secretario, e Óscar de Prado, vogal.

Este sábado, de 11.00 a 13.00 horas, o xadrez terá un protagonismo especial na Praza do Concello, onde, ademais das dúas mesas permanentes que vimos de instalar, o club O Toque Xiria colocará outras para que todas as persoas que o desexen poidan xogar unha partida e mesmo participar nun torneo de rápidas. Pero tamén estrearemos os taboleiros xigantes, con pezas especialmente deseñadas para eles e fabricadas, ao igual que as mesas, con material reciclado.

Durante a mañá, así mesmo, estarán a disposición do público libros sobre xadrez cedidos polas bibliotecas municipais para a ocasión, e ademais teremos un recuncho con actividades para nenos e nenas no que haberá pintacaras e un obradoiro de manualidades relacionadas coa celebración. Achegádevos en familia e gozade da festa do xadrez!

15/07/2024

Lembra que mañá é o último día do prazo de solicitude das subvencións convocadas polo Concello de Carballo para o financiamento de proxectos de actividade deportiva.

A Concellaría de Deporte promove tres liñas de actividades subvencionables:
🔹 Proxectos de actividade xeral durante o ano 2024, cunha dotación total de 150.000 euros.
🔹 Eventos deportivos e actividades de carácter extraordinario, con 10.000 euros.
🔹 Organización e participación en fases de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España, con 15.000 euros.

As bases e o impreso de solicitude poden descargarse en www.carballo.gal (sección Deportes)

Photos from Padroado Deportivo Carballo's post 03/07/2024

O concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, achegouse hoxe ata Vila Nova de Famaliçao para compartir unha xornada cos 63 deportistas que representan a nos Xogos do Eixo Atlántico. Aquí o tedes con algúns dos nosos campións e campioas!

02/07/2024

Lembra que ata o 16 de xullo está aberto o prazo de solicitude das subvencións convocadas polo Concello de Carballo para o financiamento de proxectos de actividade deportiva.

A Concellaría de Deporte promove tres liñas de actividades subvencionables:
🔹 Proxectos de actividade xeral durante o ano 2024, cunha dotación total de 150.000 euros.
🔹 Eventos deportivos e actividades de carácter extraordinario, con 10.000 euros.
🔹 Organización e participación en fases de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España, con 15.000 euros.

As bases e o impreso de solicitude poden descargarse en www.carballo.gal (sección Deportes)

Photos from Padroado Deportivo Carballo's post 02/07/2024

Aquí tes o balance da primeira xornada de competición dos nosos equipos nos Xogos do Eixo Atlántico 👇

🔸Balonmán masculino: Carballo, 29 - Amarante, 25
🔹Baloncesto masculino: Compostela, 80 - Carballo, 27
🔸Fútbol feminino: Carballo, 0 - Vila Nova de Gaia, 4
🔹Fútbol masculino: Carballo, 1 - Vila Real, 2
🔸Voleibol feminino: Carballo, 0 - Monforte, 2

Hoxe dispútase a segunda xornada. Xa vos contaremos!

Photos from Concello de Carballo's post 02/07/2024
¿Quieres que tu empresa sea el Servicio De Planificación De Eventos mas cotizado en Carballo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Carballo é deporte

O Concello de Carballo recoñece as funcións do deporte como elemento fundamental na formación integral e mellora da calidade de vida do cidadán e como favorecedor da cohesión social. Dende o Servizo Municipal de Deportes xestiónase esta área co fin de posibilitar o dereito de toda a cidadanía a coñecer e practicar actividade físicodeportiva axeitada aos seus intereses e características individuais.

Carballo Deporte desenvolve un modelo deportivo baseado nos seguintes principios:


  • Compatibilidade das tres manifestacións do deporte:

  • Deporte recreativo de ocio e saúde.
  • Categoría

    Dirección


    R/Corcubión S/n
    Carballo
    15100
    Otros servicios de planificación de eventos en Carballo (mostrar todas)
    Ferias y eventos Jesús Pombo Ferias y eventos Jesús Pombo
    Carballo, 15100

    creador de eventos

    Comisión Festas Xoane Comisión Festas Xoane
    Xoane/Goiáns
    Carballo

    Benvida a todos!A Comisión de Festas de Xoane xa está en facebook para manterte ben informad@ de todo

    Eventos Aturuxo Eventos Aturuxo
    Rua Do Muiño 81/83 Bajo
    Carballo, 15100

    Alquiler para fiestas privadas.

    milegadoemocional milegadoemocional
    Carballo

    CEREMONIAS DE DESPEDIDA LIBRO DE LEGADO EMOCIONAL HOMENAJE A TU FAMILIA ANIMAL

    DulcYnes DulcYnes
    Carballo, 15108

    Distribución patatas,aperitivos, gominolas, chocolates... Hacemos bolsas,cajas...para cualquier eve

    Joaopintoinfinity Joaopintoinfinity
    Carballo, 3885-675

    infinityfeelings.com.

    Pazo de Villar de Francos Pazo de Villar de Francos
    Villar De Francos, 2 (Artes)
    Carballo, 15108

    Espectacular Pazo para Celebraciones y Eventos. Finca de película para hacer vuestra boda inolvidable. Amplios jardines mágicos y salones con vistas que se funden con el paisaje.

    Floristería Bambú Carballo Floristería Bambú Carballo
    Calle Río Miño, Esquina C/Río Rosende Carballo
    Carballo, 15100

    Floristería de Co**ha y María Todo tipo de centros, flores,plantas, ramos, coronas y palmas Envío a domicilio Arreglamos iglesias para el día más importante de tu vida.

    Festival Pop Up Festival Pop Up
    Carballo

    Festival Surf & Pop 4,5 y 6 de Julio Playa de Razo, A Coruña

    Festas Carballo Festas Carballo
    Discoteca
    Carballo, ACORUÑA

    Anim-Arte Anim-Arte
    Carballo, 15100

    ORGANIZACION DE TODO TIPO DE EVENTOS PARA CENTROS COMERCIALES. AYUNTAMIENTOS, COMISIONES DE FIESTAS, HOSTELERIA, HOTELERIA Y PARTICULARES.

    Natalia Campos Concepto floral Natalia Campos Concepto floral
    Calle Del Sol 41 Bajo
    Carballo, 15100

    Somos una floristería que nos dedicamos a la venta por menor de flor cortada así como a la decoración de bautismos,comuniones,bodas funerales y todo tipo de eventos