Aula Castelao de Filosofía
A Aula Castelao de Filosofía formouse no curso académico 1981-1982 a partir dun colectivo de profesionais de diferentes ámbitos do saber.
“Arteria temporal” Silvia P***s e CintaAdhesiva. Xornadas "Pensamento e creación" da Aula Castelao coa Universidade de Vigo
“Corpos de memoria” Andrea Costas. Nas xornadas de "Pensamento e creación" da Aula Castelao coa Universidade de Vigo.
1ª Xornada "Pensamento e Creación"
Xornadas "Pensamento e creación" da Aula Castelao e a Universidade de Vigo
Venres 26 de abril ás 19:00 h. na Casa das Campás en Pontevedra
“Arteria temporal”
Silvia P***s e CintaAdhesiva
Cintaadhesiva parte dos puntos de unión que comparten varios ámbitos artísticos para crear intervencións onde conflúen a intermedialidade e a interdisciplinariedade. Poesía, música, videoarte e posta en escena reúnense nun proxecto pensado para o directo, para a acción. Desta vez, será o concepto do tempo o que ocupe o seu repertorio e guíe o recital e a acción escénica.
Silvia P***s (Vigo, 1980)
Como poeta ten publicados varios volumes e foi galardoada en diferentes certames, como As uñas crecen, poemario gañador do certame Manuel Lueiro Rey de poesía ou Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores, co que obtivo o premio Avelina Valladares. Vén de publicar recentemente o poemario Retratos de vodas, partos e funerais (Ed. Galaxia)
Participou como actriz e co-creadora da obra de teatro Sofía e as Postsocráticas da compañía Inversa Teatro. Conta tamén con algunhas pezas no ámbito da performance. Forma parte do dúo de poesía escénica Cintaadhesiva e do colectivo interdisciplinar LÍMITES.
Jesús Andrés Tejada (Málaga, 1970)
Deseñador gráfico, músico e videocreador.
Realizou diversos proxectos artísticos: Cía. Branca Novoneyra, Cía. Druida danza, Sulxeitos, ISGA collective, Dandylady, Cía. de danza Indio Palo, Mago Teto e o Centro Coreográfico Galego, nestá última cos espectáculos Etheria e Verde Transparente.
Formou parte do proxecto de poesía escénica Tender a Man xunto a Yolanda Castaño, Mónica de Nut, Isaac Garabatos e Branca Novoneyra.
Na actualidade participa nos proxectos COSTA ESCURA (krautrock) e CINTAADHESIVA (perfopoesía) e forma parte do colectivo interdisciplinar LÍMITES.
A Semana da Creatividade propón cinco días de actividades centradas nas principais liñas do proxecto de especialización Campus Crea Do impacto da intelixencia artificial nos labores creativos ao proceso de invención dunha lingua, pasando polo deseño de carteis para cine, a creatividade na moda ou as conexións entre arqueoloxía e videoxogos. Un conxunto de temáticas conectadas coas principais liñas do proxecto de especializ...
Xornadas "Pensamento e creación" da Aula Castelao e a Universidade de Vigo
Venres 26 de abril ás 17:30 h. na Casa das Campás en Pontevedra
“Corpos de memoria”
ANDREA COSTAS LAGO
Artista visual e docente na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Desenvolve a súa labor creativa utilizando diversas linguaxes como instalación, vídeo ou performance, aínda que é mais coñecida polo seu traballo fotográfico. A súa persoal narrativa soe tratar temas tan cotiáns coma universais dende unha perspectiva emocional e psicolóxica. As súas pezas foron mostradas en exposicións como Desapego (MARCO, Vigo, 2023), A paisaxe e a súa pegada (Casa do Cabido, Santiago de Compostela, 2019); Alén dos xéneros (MARCO e Auditorio de Galicia, 2016) Alivio (Alterarte, Ourense, 2011); Mapas creativos. Novos nomes na arte galega (Galería Orígenes, A Habana, 2008); Marxes e mapas. A creación de xénero en Galicia (Auditorio de Galicia, Compostela, 2008); La jeune création photographique en Galicia (Toulousse, 2007); La buena vida (Ciclo de performance Arte no parque, CGAC, Compostela, 2006); O Feito Fotográfico (MARCO, Vigo, 2004). Así mesmo, a súa obra foi premiada en certames como Novos Valores (2001), Injuve (2002), Artes Plásticas Ourense (2007). Aparte dos libros de fotografía Formas de Ser (CEF 2002) e Persoal e transferible (CEF 2006), tamén é co-autora xunto Yolanda Castaño do libro Cociñando ao pé da letra (Galaxia 2011), evidenciando unha vez máis a súa permeable curiosidade cara á creación.
Xornadas "Pensamento e creación" da Aula Castelao e a Universidade de Vigo
Venres 26 de abril ás 17:30 h. na Casa das Campás en Pontevedra
“Corpos de memoria”
Andrea Costas
“Non podes deter o presente. Cada día tes que abandonar o pasado. Se non podes acéptalo, se sentes a necesidade de non abandonalo, debes recrealo” Louise Bourgeois
A creación artística non ofrece respostas pero permite afondar e reflexionar sobre eses temas que todxs necesitamos procesar dalgunha maneira. As nosas problemáticas cotiás volven ser fontes infinitas de asombro, de temor, de fascinación… como xa foron para utrxs creadorxs antes ca nós e seguirán a ser despois. Non inventamos nada pero necesitamos expresarnos e facer visible o intanxible.
Nesta ocasión a autora fará unha presentación comentada dalgúns dos seus traballos persoais dende o ano 2000 ata a actualidade. Un percorrido no que se explicará cada peza dende a súa xénese ata a formalización final, pasando polas incertezas propias dos proxectos de creación. A exposición, clara e próxima, pretende tamén provocar debate sobre os temas abordados nas distintas obras (a maternidade, o paso do tempo, a exposición do corpo e a intimidade, a familia, a identidade…)
"A palabra no eido musical. Tradición e creatividade"
Actuación de Tino Baz
Mércores 24 de abril ás 17:30 h. na Casa das Campás (Pontevedra)
Dentro das Xornadas "Pensamento e Creación" da Aula Castelao e a Universidade de Vigo.
Tino Baz, cantor baixomiñoto orixinario do pobo da Guarda, estará presente nesta actividade da Aula Castelao xunto ao profesor, filólogo e poeta Calros Solla para abordar desde diferentes perpectivas da creatividade o eido concreto da memoria e a tradición. No caso concreto deste cantor, centrarase no emprego da palabra como segmento creativo no aspecto musical e vocal, a través da linguaxe poética como soporte fundamental da dimensión artística do canto como creación da memoria, e como esta se sementa da oralidade para desenvolverse a través de múltiples fontes.
"Soidades do alfabeto: Foulas e prodixios do pasado".
Calros Solla (Escritor)
Mércores 24 de abril ás 17:30 h. na Casa das Campás (Pontevedra)
Presentación do seu último libro dentro das Xornadas "Pensamento e Creación" da Aula Castelao e a Universidade de Vigo.
No libro "Soidades do alfabeto", Calros Solla fai un exercicio de memoria, requintada coa cerna da palabra. O autor rescata da gabeta dos extravíos un mañuzo de apuntamentos etnográficos, recollidos en Terra de Montes nos anos noventa. A recolla ofréceselles aos lectores en notas vestidas coa sobriedade do caderno de campo ou recreados en poemas e relatos onde a etnografía e a mitoloxía camiñan da man".
Calros Solla (Pontevedra, 1971). Filólogo, profesor, poeta, etnógrafo e investigador. Membro fundador do colectivo Capitán Gosende. Membro da sección de Literatura de Tradición Oral da Aelg. Artífice da colección Cerdedo in the Voyager (Ed. Morgante): máis dunha vintena de títulos cos que o autor eviscera o territorio de Cerdedo de Montes –transunto do país–, valéndose dos escalpelos da lingua, da historia, da etnoloxía e da antropoloxía.
Premio Johán Carballeira (2010), premio Victoriano Taibo (2011), premio Cidade de Pontevedra (2015), premio Cogave (2017). Mencións de honra da asociación Amigos da Cultura Celta (2011 e 2017) e da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (Apdr) (2018). Premio Galiza Mártir (2023).
XL Semana Galega de Filosofía. Filosofía e tempo Del dine videoer med venner, familie og verden
Xornadas “Pensamento e creación” 2024 A Aula Castelao de Filosofía colabora outro ano máis coa Universidade de Vigo na Semana da creativa coas xornadas de “Pensamento e creación”. O presente ano terán o seguinte contido: Mércores 24 de…
Arturo Leyte “O espírito e o tempo” ARTURO LEYTEO espírito e o tempoSe despois da "historia da filosofía”, a filosofía aínda puidese dicir algo arredor do tempo, só podería ser que deste non ha...
Ana de Miguel Álvarez “Tempo das mulleres, tempo de feminismo… " ANA DE MIGUEL ÁLVAREZTempo das mulleres, tempo de feminismo… Acaso nin sequera o tempo ten sido, é o mesmo para mulleres e homes?Reflexionar sobre o tempo im...
Carlos Callón “O galego e o tempo do inconsciente” CARLOS CALLÓNO galego e o tempo do inconscienteAínda que o tempo existe, cada persoa sabe que hai unha certa dimensión no fondo de si mesma que é allea á pas...
XORNADAS PENSAMENTO E CREACIÓN 2014 – Aula Castelao de Filosofía XORNADAS PENSAMENTO E CREACIÓN 20142024-04-17/in ACTIVIDADES, Portada/by aulacastelaoUn ano máis, en colaboración coa Universidade de Vigo, presentamos estas xornadas sobre pensamento e creación: Mércores 24 de abril ás 17:30 h. “Soidades do alfabeto: Foulas e prodixios do pasado”. Calros ...
Franco Bifo Berardi “Tempo, morte, abstracción” FRANCO BIFO BERARDITempo, morte, abstracciónNo seu libro Orde do tempo o físico Carlo Rovelli fala da relación entre o tempo e a morte como a soa posibilidad...
María Leyra “O tempo dos vencidos e das vencidas María Zambrano e Rafael Dieste” MARÍA LEYRAO tempo dos vencidos e das vencidas: María Zambrano e Rafael DiestePartindo das figuras representativas do vencido, coma fío condutor nas obras do...
Isabel Balza “Algúns tempos de Zambrano graza e melancolía” ISABEL BALZAAlgúns tempos de Zambrano: graza e melancolíaNunha primeira parte da miña intervención, presentarei os trazos fundamentais do proxecto de ontolox...
Cristina García Sainz “Os tempos sociais do traballo con perspectiva de xénero” CRISTINA GARCÍA SAINZOs tempos sociais do traballo con perspectiva de xénero“… unha hora ben contada non acabaría nunca de se contar” A. Machado, Juan de ...
Alicia H Puleo “Filosofía e ecofeminismo en tempos de hybris” ALICIA H. PULEOFilosofía e ecofeminismo en tempos de hybrisO concepto que cada época ou cada cultura posúe sobre o ser das cousas condiciona a percepción do ...
Anselmo López Carreira “Tempo, historia, nación” ANSELMO LÓPEZ CARRERATempo, historia, naciónO desenvolvemento da sociabilidade humana no tempo configura a nación, cuxa ostensíbel centralidade coma suxeito ...
La Semana de Filosofía dice adiós con una invitación a hablar de paz y marcos éticos Arturo Leyte pronunció la lección de clausura de esta 40 edición del congreso | En las conclusiones también alerta de una nueva generación precaria y con fragilidad afectiva
Sobre la vigencia de María Zambrano La figura de la filósofa española protagoniza la jornada del jueves en la Semana Galega de Filosofía ▶ "Su pensamiento tiene profundidad, tiene mucho interés y hay que seguir trabajándolo"
Alicia Puleo: “El ecofeminismo nos recuerda la ayuda mutua de la naturaleza, que la vida buena es solidaridad” La filósofa Alicia H. Puleo cuenta su historial personal con la filosofía y aborda, desde claves ecofeministas, temas como la sensibilidad de los animales no humanos, la desmesura neoliberal o la crítica de la Ilustración.
Clara Corbelhe
Xurxo Mariño “Mente e tempo Reflexións sobre a percepción e a construción do tempo” XURXO MARIÑOReflexións sobre a percepción e a construción do tempoA nosa vida mental transcorre sobre un claro fluír do tempo, no cal diferenciamos pasado, p...
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Videos (mostrar todas)
Categoría
Página web
Dirección
Pontevedra
36000
Rua De Cobas
Pontevedra, 36143
Aquí vense a comer e a beber ata reventar, ninguén marcha con fame, garantido!! E a pasalo ben todos!!
Pontevedra
Amigos de los vehículos históricos, antiguos y clásicos de la ciudad del Lérez. Nuestra idea es juntarnos y mostrar la cultura automovilística en nuestra ciudad.
Pontevedra
El propósito de esta Asociación es rescatar perros necesitados, con el fin de encontrarles buenos
Rúa EStrada De Vilariño, 208, Vilariño
Pontevedra, 36945
A Asociación Cultural e Ecolóxica A Dema do Hío está formada por un grupo de veciñas e veciños da parroquia comprometidos coa dinamización da nosa cultura e coa defensa activa do p...
Pontevedra, 36002
En Rotary Pontevedra encontrarás a vecinos, amigos y líderes comunitarios que unidos, impulsan caminos. Ven a descubrirnos.
Foxo 9
Pontevedra, 36700
asociacion socio-cultural,deportiva y ocio
Calle Da Serra
Pontevedra, 36002
Ayunt. de Pontevedra - Galicia - España 🇪🇸 📲 Búscanos en Instagram y Twitter 🏞Paseos: MARTES Y JUEVES 16-18:30 y SÁBADOS 16:30-18:30 (INDIVIDUALES) www.teaming.net/protectoradean...
Benito Corbal
Pontevedra, 36001
Enseñamos a las personas sobre los lobos, su relación con el medio ambiente y el papel humano en la protección de su futuro.
Pontevedra, 36162
Plataforma veciñal con vontade de facer avanzar ao noso barrio, o máis grande da cidade de Pontevedra, Monte Porreiro
Rúa Xeneral Antero Rubin, 3
Pontevedra, 36001
ANPA San Xosé Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEP Campolongo
📍Primeiro Andar Da Praza De Abastos
Pontevedra, 36002
“Ponte ao choio” é un proxecto de emprego orientado a adquisición de novas fórmulas para axudar a mellorar a empregabilidade das persoas do Concello de Pontevedra.
Villafranca 1
Pontevedra
Club de billar situado en Pontevedra. Disponemos de cuatro mesas Longoni de 9 pies y una mesa Carrinho Discovery Competition de 7 pies, todas tienen paño Simonis 860 y bolas Aramit...