Comercio Xusto SIG

Tenda de comercio xusto impulsada por Solidariedade Internacional de Galicia. Cómo chegar?: https://goo.gl/6di1BX

As tendas abren as súas portas co obxectivo de ofrecer unha alternativa comercial, social e medioambientalmente sostible. Isto é posible grazas a un grupo de xente que cre que se pode consumir de forma diferente.

27/09/2024

Tiñades tantas ganas de outono coma nós?!🌰🍂🍁

Pois recén estreada a estación, comezamos co INTERCAMBIADOR DE ROUPA EDICIÓN OUTONO🍄🍂!

Dende o día 28 de setembro ata o 11 de outubro, pásate pola Tenda de Comercio Xusto de e trae aquelas prendas desta tempada que xa non uses e queiras darlles unha segunda vida.

Súmate á loita contra a contaminante industria téxtil 🙌.

Photos from Comercio Xusto SIG's post 20/09/2024

Estase a piques de cumprir un ano dos bombardeos en . Por este motivo, alzamos a voz do que está a suceder alén; violación de dereitos humanos, do dereito internacional humanitario e os asasinatos de poboación civil non paran de empeorar.

A situación en toda Palestina é moi preocupante e non ten precedentes.

Por esta razón continuamos coa campaña da Coordinadora Galega de Ongd, La Coordinadora de Organizaciones para el Desarrollo e decenas de de todo o Estado.

Tedes novamente nas nosas tendas de Comercio Xusto as chapas de sandía🍉 como símbolo de apoio ao pobo Palestino.

18/09/2024

📣 Atención! 👇

📣ATENCIÓN!

Sentindoo moito, temos que pospoñer o CINE NA RÚA: UNHA VENTÁ AO MUNDO no Concello Silleda do día 20 de setembro polas previsións meteorolóxicas.

Nos vindeiros días daremos unha nova data, asi que estade atentas/os as nosas redes.

Desculpade as molestias🙏

17/09/2024

😋🍫Seguimos celebrando o mes do chocolate!

Por iso dámosche unha opción para elixir: chocolate BIO 72%, procedente de Haití. Lembra que ao comprar en comercio xusto promoves a igualdade 🤝🏽, salarios dignos, desenvolvemento sostible e o respecto ao medio ambiente 🌱.

Pasa polas nosas tendas en Coruña, Ourense e Pontevedra; atoparás máis opcións de chocolates 🍫 que transforman vidas e coidan o noso planeta 🌍🫶.

13/09/2024

🍫🌍 Hoxe celebramos o Día Mundial do Chocolate.

Non só celebramos o seu delicioso sabor, senón tamén o impacto que as nosas eleccións poden ter na vida de miles de familias. Ao elixir chocolate de Comercio Xusto, apoiamos aos pequenos produtores que reciben un pago digno polo seu traballo, fomentando mellores condicións laborais e respectando o medio ambiente 🌱 🙌

Por iso, estes días, desde Solidariedade Internacional de Galicia, teremos un pequeno detalle coas persoas que visiten as nosas tendas de A Coruña, Ourense e Pontevedra: agasallando con chocolates 🍫 de Comercio Xusto, sabendo que con cada bocado contribúes a un futuro máis xusto e humano.

Celebra sendo parte do cambio! 🍫🤝

10/09/2024

Descobre o novo Vermut Bio Rojo “Las Manos” 😋🥃

Presentámosche o Vermut Rojo “Las Manos”, un produto que combina tradición, sustentabilidade e compromiso social. Elabórase seguindo métodos tradicionais, utilizando ingredientes ecolóxicos que garanten un produto final de alta calidade e respectuoso co medio ambiente ♻️🌱

Atópalo nas nosas tendas de Coruña, Ourense e Pontevedra.

Celebremos a sustentabilidade e o compromiso social!! 🥃

26/08/2024

Chega 🎥Cine na rúa ao Concello de Laxe con: “Unha ventá ao mundo” 🌍
Un espazo para compartir inquedanzas sociais e reflexións colectivas 💡🤝🏽

📆 Esperámosvos mañá 27 de agosto ás 20:00 horas en 📍Laxe, diante do concello.

Esta iniciativa é posible grazas ao , á colaboración do .concello e ó financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia

26/08/2024

🎨✨Debuxo especial: Bonecas Quitapesares ✨🎨

As bonecas quitapesares vistas polos ollos dunha nena de 12 anos🥰.

Artesanía feita por mulleres que contan historias de vida e que inspiran a outras.

Celebremos a creatividade e o poder das pequenas cousas!🧸🎉

Maia, grazas por esta preciosa ilustración❤️.

23/08/2024

Hoxe estaremos no mercaecovaldovino, cun posto con produtos de Comercio Xusto, nunha edición especial nocturna onde haberá unha morea de actividades ben chulas:

📚Troco de libros
🍿 Degustación de flocos de millo
📽Proxección do vídeo "Hidolatrias. Valdoviño, un paraíso ligado a auga"
🎤Concerto de Black a quinteto co seu espectáculo de disco funk

Alí nos vemos!

̃o

09/08/2024

Está semana tivemos a vista do grupo 🏕️ Asociación Xuvenil Amencer na nosa tenda de Ourense. Tendo a experiencia de converterse en catadores de cacao 🍫 e coñecer sobre o que é comercio xusto. Nosas compis Alba e Lara foron as encargadas de facer que esa experiencia sexa única e chea de aprendizaxe .
É un pracer que todos os anos conten connosco para dedicar un día de campamento e visitar a nosa tenda.

Ata o próximo ano!! 🤗

07/08/2024

📆 Hoxe cúmprense 10 meses despois do inicio dos bombardeos sobre
➡ A violación de dereitos humanos, do dereito internacional humanitario e os asasinatos de poboación civil non para de empeorar. A situación en toda Palestina é moi preocupante e non ten precedentes.
Por esta razón unímonos á campaña xunto coa , e decenas de ONG de todo o Estado.
Animámosvos a subir ás vosas redes fotografías de apoio con símbolos como a kufiya, a sandía, chaves ou mapoulas co hashtag e
⚫🔴🟢

07/08/2024

Gústache o coco 🥥 e o chocolate 🍫?

Pois imaxina xuntalos!! 🤤

Tableta de chocolate con leite e anaquiños de coco relado, para eses momentos especiais e non tan especiais. Cacao procedente de Perú, de agricultura ecolóxica. De comercio xusto.

Anímaste a probalo? 😋🍫

29/07/2024

Buscas un café único☕? Aquí tes unha opción 👇

➡️Café moído Tierra Madre é 100% arábica, suave de marcada acidez e aroma floral. Ecolóxico de Jinotega (Nicaragua), cultivado en sombra entre 1000 e 1350m de altitude.🏞️
Os cafés son producidos por mulleres socias da cooperativa Aldea Global en Nicaragua🇳🇮. Grazas a este proxecto as mulleres reciben apoio para converterse nas propietarias legais das terras que tradicionalmente están a nome dos homes.

Pasa polas nosas tendas Coruña, Ourense ou Pontevedra. Se aínda non o probaches, non te deixará indiferente☕😊.

.

26/07/2024

Imos coñecer un pouco máis sobre Aldea Global, unha cooperativa Nicaraguana 🇳🇮

👉Aldea Global é unha asociación de pequenos produtores e produtoras que ten como obxectivo a promoción de prácticas agrícolas sostibles que contribúan á protección do medio ambiente🌱. Promove un modelo de xustiza, igualdade e equidade, pon énfase no desenvolvemento humano de todos os seus membros e no fortalecemento do liderado das mulleres ♀️. 

Para iso financia o apoio ás beneficiarias no difícil proceso de adquirir a titularidade da terra.

O café que producen as súas asociadas distribúese baixo a marca “Tierra Madre”.

👀 Descobre máis nas nosas tendas en Coruña, Ourense ou Pontevedra.

Photos from Comercio Xusto SIG's post 23/07/2024

📚Libretas de Ekilikua
Están feitas en España (Navarra) Son de papel 100% ♻️ reciclado e tanto a creación como a fabricación faise dende pequenas e medianas empresas, baixo o criterio de produción sostible e comprometidos co medio ambiente 🌱.

Coloridas imaxes acompañadas de bonitas citas que nos transmiten mensaxes positivas sobre ecoloxismo, feminismo, diversidade, comercio xusto ou defensa dos dereitos humanos ⚖️🤝

Ideais para dar un agasallo cheo de cor! 🎁

Gala de entrega de premios do III Premio Galego de ECG 19/07/2024

Gala de entrega de premios do III Premio Galego de ECG O 19 de xuño de 2024 o CSC Santa Marta de Santiago de Compostela acolleu a entrega dos galardóns da terceira edición do Premio Galego de Educación para a Cid...

19/07/2024

Bonecas quitapesares
Sabedes sobre estas bonitas bonecas? Comentámoscho: 👇

➡️Cóntase unha lenda entre as comunidades indíxenas maias de Guatemala que di: "Cando teñas un problema compárteo co teu quitapesar. Antes de ir durmir cóntalle todos os problemas e ponla debaixo da almofada. Mentres ti dormes, ela quitará todas as túas preocupacións!"

Estas pezas están feitos a man 🙌 por mulleres artesás e conservan as raíces e tradicións dos pobos mayas Tz’ utujil, Quiche’ e Kaqchiquel, en Guatemala🌎. As técnicas de trenzado e tecido son de un coidado e calidade inigualables.

🎁 Ideal para agasallar ou agasallarse!
Nas nosas tendas de comercio xusto poderás atopar pezas como estas que contan historias de vida de mulleres que as fixeron posible.

17/07/2024

🤤Probaches as galletas de mel e panela? Estas galletas 🍪 teñen un equilibrio perfecto entre a dozura do mel 🍯 e a panela, cun sabor suave e envolvente. Perfectas para mollar e ideais para un espertar doce, para unha merenda ou o que gustes. De Comercio Xusto.
Podes atopalas nas nosas tendas de Coruña, Ourense e Pontevedra

                  

11/07/2024

📢Xa chega!!!📢
☀️O Intercambiador de Roupa edición verán!☀️

A partir do martes 16 e ata o martes 30 de xullo podes pasar pola nosa Tenda de Comercio Xusto de e intercambiar as túas prendas veraniegas.
Alonga a vida útil das prendas e loita contra a contaminante industria do téxtil.💪

09/07/2024

Chega 🎥Cine na rúa a (Pontevedra), con: “Unha ventá ao mundo” 🌍
Un espazo para compartir inquedanzas sociais e reflexións colectivas 💡🤝🏽

📆 Esperámosvos o día 18 de xullo ás 19:30 horas en 📍Redondela, diante da fachada principal do concello.

Esta iniciativa é posible grazas ao e Soliedaridade, á colaboración do e ó financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia

08/07/2024

📢Atención📢 Voltamos a ofrecer este maravilloso taller!

🌱Esta actividade nace coa intención de acercar a todas as idades a unha reconexión cun mesmo, a través da respiración e o movemento consciente.
💨Nun mundo en constante cambio, acelerando ao ritmo da notificación e gratificación constante...
✅Aprende a calmar a túa mente e a escoitar ao teu corpo
✅Aprende a liberar tensións e a vivir con calma en movemnto
✅Aprende a reconectar coa túa intuición

❤️Non é necesario ningún coñecemento previo
❤️Nenos de ata 12 anos de balde (acompañados por un adulto)

🧘‍♀️Actividade guiada por dunha maneira sinxela, divertida e intuitiva.
📍Tenda de Comercio Xusto Ourense: C/Bailén 4, detrás do Concello, 32005 OURENSE
💌Para máis información e reservas ponte en contacto no 655 045 054

24/06/2024

Gústache charlar sobre temas actuais, coñecer novas persoas e escoitar diferentes perspectivas?
Entón esta oportunidade é para ti!🙋

📅 Esperámosche o venres 28 de Xuño na nosa Tenda de Comercio Xusto de Ourense para pasar un bo rato en compañía discutindo de temas actuais e relevantes utilizando a metodoloxía Conversation Café 🗣☕ da man de Asociación Sociocultural BreGal

📌A participación é gratuíta baixo inscrición a través do seguinte formulario: https://forms.gle/vbXazRTW4Ceyq2oR7

Photos from Comercio Xusto SIG's post 18/06/2024

Este 📅 sábado 22 de xuño estaremos no con dúas actividades:

Ás 11:15h estaremos con Cine na rúa e activismo rural
🎥Proxectando a curtametraxe “OS POUSOS DO CAFÉ”, a través da cal nos achegaremos ao Comercio Xusto dende a perspectiva dunha caficultora en orixe.

A partir das 12:45h
Para todas as persoas amantes do chocolate 😋, estaremos facendo unha deliciosa cata de cacao🍫. Lembrade que hai prazas limitadas. Inscrición o día do evento 📝.

E ademais estaremos cun posto de comercio xusto dentro do Mercado Sostible ♻️

Agardámosvos a todas/os!!

Esta iniciativa é posible grazas ao financiamento da Conselleria de Política Social e Xuventude da

Photos from Comercio Xusto SIG's post 09/06/2024

O día de hoxe foi moi emotivo para todas as persoas que loitamos por unha xustiza social. Nosa querida amiga e compañeira nicaraguana 🇳🇮 recibiu o recoñecemento internacional pola súa loita na defensa dos dereitos humanos, outorgado por

Desde Solidariedade Internacional de Galicia celebramos este momento, e sumámonos á cadea de felicitacións á nosa compañeira.
Isto non acaba aquí; seguiremos defendendo a liberdade, xustiza e a paz ✊🏽

Parabéns, Haydée Castillo!

07/06/2024

Volve Cine na rúa!!🎉🎥

A nosa primeira parada será en Cangas, dentro da II Feira do Mercado social organizada por , será ás 11:00.

Esta iniciativa é posible grazas ao financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude da

¿Quieres que tu empresa sea el Tienda mas cotizado en La Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Dirección


La Coruña
Otros Compras y ventas al por menor en La Coruña (mostrar todas)
Rosacurro Vinted Rosacurro Vinted
Plaza Del Comercio
La Coruña, 15010

Mi armario en Vinted . Os mostraré todos mis artículos para que aprovechéis los precios

Tillandsias Floristeria Dayfi Tillandsias Floristeria Dayfi
Calle Sobre Iglesia. Bajo N:41 , Cp: Guisamo
La Coruña, 15640

Tenemos vivero propio y trabajamos sin intermediarios directamente del productor al cliente. Con los

Bolsos artesanales "Para ti" de Chus Santalices Bolsos artesanales "Para ti" de Chus Santalices
Riego De Agua
La Coruña, 15001

Venta de bolsos artesanales

La Casa de la Mampara La Casa de la Mampara
Calle Fuente Álamo, 2
La Coruña, 15010

Melimatica SL Melimatica SL
OTERO PEDRAYO 6 B MELIDE
La Coruña, 15800

Tu tienda de informatica " CADA DIA UNA OFERTA "

Merceria cascabel Merceria cascabel
La Coruña

merceria corseteria y gran variedad de productos en este sector