Concello de San Sadurniño

Concello de San Sadurniño

También te puede interesar

Centro de día Moratalla
Centro de día Moratalla
PT Ocara
PT Ocara
Photos from Concello de San Sadurniño's post 21/09/2024

Hoxe estamos aprendendo con Kevin Lorenzo un xeito distinto de reflectir o paso do tempo. A idea é simple: collemos unha foto antiga que teña un certo significado para nós, imos ao sitio en que se tomou e volvemos sacala de novo coa mesma perspectiva, encaixando na escena a imaxe antiga.

A cousa ten a súa complicación, pero probando é moi doado sacar fotos que nos permiten, cunha única ollada, ver como cambiaron os lugares e incluso a xente co paso dos anos.

O obradoiro de hoxe, o primeiro desta temporada do ciclo Tempos para compartir, servirá de base para unha exposición colaborativa que imos facer con motivo do 15 de outubro, Día Internacional das Mulleres Rurais.

Ti tamén podes participar enviándonos fotos con esta técnica, ademais dun título, o lugar e ano (se o sabes) en que se tomou a imaxe antiga e unha pequena descrición da escena e do significado que teña para ti. Mándanola ao correo [email protected] antes do 8 de outubro.

Photos from Concello de San Sadurniño's post 20/09/2024

Pouco a pouco van xuntándose os participantes na BTT nocturna. Arrancamos en dez minutos. Se vedes luces polo monte, non vos preocupedes, seguramente sexa a xente das bicicletas. Biela E Chaveta Xeoparque Cabo Ortegal

Photos from Concello de San Sadurniño's post 20/09/2024

Hoxe o noso Centro de Día sopra 14 candeas. Un aniversario do que nos sentimos parte por tratarse dun servizo que foi posible grazas ao empeño do Concello e das veciñas e veciños que, con altura de miras, fixeron posible dispor dos terreos para a súa construción. Tamén sentimos fachenda porque neste tempo quedou máis que demostrado que era un servizo moi necesario que se está prestando cun equipo humano empático, comprometido e moi profesional. Parabéns!!!

O Concello completa a reparación de 8 quilómetros de pistas municipais 20/09/2024

Nestes días remataron os proxectos acollidos ao Plan de camiños de titulariedade municipal e ao Plan de camiños en zonas de concentración parcelaria, con obras en Lamas, Santa Mariña, Bardaos, San Sadurniño e Igrexafeita. Ademais, nestes momentos tamén se están executando as obras viarias do POS+ provincial, con obras nestas parroquias e nas de Naraío e Ferreira.

O Concello completa a reparación de 8 quilómetros de pistas municipais Aínda que os investimentos na rede viaria de San Sadurniño se financian principalmente con fondos procedentes da Deputación da Coruña, o Concello tamén se acolle ás convocatorias de Medio Rural para a reparación de camiños de titulariedade municipal e en zonas de concentración parcelaria. E...

O Tempos para compartir volverá o sábado 21 cun obradoiro fotográfico 19/09/2024

Lembrade que ata este venres podedes inscribirvos no obradoiro fotográfico de Tempos para compartir que dirixirá Kevin Lorenzo o sábado pola mañá.

O Tempos para compartir volverá o sábado 21 cun obradoiro fotográfico Malia que aínda queda máis dun mes para o Día das Mulleres Rurais, que se celebra o 15 de outubro, desde a área de Igualdade do Concello xa están a preparar o obradoiro que servirá como base para unha exposición fotográfica participativa, principal actividade desa xornada. O actor e colabora...

19/09/2024

📰| Novas: A XLI Copa Voleibol Xunta de Galicia 2024 chega a San Sadurniño.

🏆💙🏐 Os vindeiros días 28 e 29 no Pavillón Municipal de Concello de San Sadurniño o mellor en acción ! Toda a info na nosa web:

https://buff.ly/4e47I67

Club Deportivo Aldebarán San Sadurniño

A ruta BTT nocturna e unha exhibición de rugby, últimos acontecementos deportivos do verán 19/09/2024

🚵42 bicis de montaña tomarán este venres pola noite varias pistas e camiños de San Sadurniño, Naraío e Ferreira, dentro da BTT nocturna que organiza o Concello en colaboración con Biela e Chaveta.
🏈 E ao día seguinte pola tarde temos unha exhibición de rugby no campo de fútbol de Santa Mariña do Monte co Club de Rugby Ferrol, o e a Asociación Llanerense de Rugby. Será a partir das 17:00h. Levade a rapazada, seguro que lle gusta. Neste caso organizan o club ferrolán e a ACRD de Santa Mariña do Monte.

A ruta BTT nocturna e unha exhibición de rugby, últimos acontecementos deportivos do verán O Concello de San Sadurniño pechará esta fin de semana o calendario de actividades deportivas do verán. E farao coa Ruta BTT nocturna organizada para este venres a partir das 21:00h en colaboración con Biela e Chaveta,e cunha exhibición de rugby que se desenvolverá o sábado pola tarde -17:00h...

Xornada de portas abertas na Fusquenlla 19/09/2024

O centro ofrece este venres unha xornada de portas abertas que require inscrición previa, aínda que calquera persoa que se achegue por alí ao longo da mañá será igualmente ben recibida e poderá visitar as instalacións, ademais de coñecer en detalle este proxecto pioneiro aberto tanto a profesionais como a particulares.

Xornada de portas abertas na Fusquenlla O centro de transformación situado no recinto feiral de San Ramón ofrece este venres unha xornada de portas abertas co gallo do Rede Coworking Fest da Deputación

Concello e Casa do Mel reeditan o seu acordo de colaboración anual 18/09/2024

Secundino García e Manuel Ferreira (presidente de Casadomel Goente As Pontes) asinaron hai escasos días o convenio para a promoción da apicultura en San Sadurniño que, entre outros aspectos, inclúe o mantemento do colmear didáctico da Cortiña e o curso que se lle ofreceu este ano de balde á veciñanza de San Sadurniño.

Concello e Casa do Mel reeditan o seu acordo de colaboración anual O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e o presidentes da Asociación Casa do Mel, Manuel Ferreira, asinaron hai uns días o convenio de colaboración entre o Concello e a entidade para a promoción da apicultura ao longo deste 2024. O acordo reflicte o apoio ao consistorio neste ámbito, p...

O Concello apoia as plantacións de mazá autóctona cunha convocatoria de subvencións pioneira en Galicia 17/09/2024

🍏 As axudas ás plantacións de mazá Príncipe e/ou Ollo mouro poden solicitarse desde este mércores até o 17 de outubro. Trátase dunha convocatoria pioneira en Galicia coa que se pretende fomentar a replantación de pomares con estas castes do país, que teñen un grande futuro tanto para mesa como para a súa transformación en zumes e marmeladas.

As chegas municipais, dirixidas á compra de plantas no portaenxertos MM-106, poden chegar ata os 2.000 euros.

O Concello apoia as plantacións de mazá autóctona cunha convocatoria de subvencións pioneira en Galicia O Concello de San Sadurniño volve ser referente na promoción do desenvolvemento rural e na aposta pola soberanía alimentaria. E é que o Boletín Oficial da Provincia deste martes 17 de setembro publica as subvencións municipais para a plantación de maceiras autóctonas. Trátase dunha convocat...

Abertas as inscricións para a ruta BTT nocturna do venres 20 de setembro 16/09/2024

Lembrade que tedes até o mércores para apuntarvos na Ruta BTT nocturna deste venres.

Abertas as inscricións para a ruta BTT nocturna do venres 20 de setembro O Concello e mailo club MTB Biela e Chaveta propóñennos para o próximo 20 de setembro unha ruta nocturna ao longo de 15 quilómetros de pistas e camiños. Arrancará ás 21:00h de diante do CPI e, tras facer un pequeno percorrido pola zona urbana, collerá rumbo a Cornide, Naraío e Ferreira, seg...

“Aloumiños” para fomentar as relacións sociais no rural 16/09/2024

Para presentar o programa "Aloumiños", dirixido ás persoas de máis idade, organizáronse varios encontros con café e biscoito que se desenvolverán en Naraío o martes 24 de setembro, en Santa Mariña do Monte o mércores 25 e en Lamas o xoves 26 de setembro. As xuntanzas serán nos locais sociais ás 17:00h.

"Aloumiños" é un proxecto do SERGAS financiado polo Ministerio de Sanidade que se está levando a cabo en varios concellos en colaboración co Colexio de Educación Social de Galicia. Con el preténdense fomentar as relacións sociais no rural e previr a soidade non desexada.

“Aloumiños” para fomentar as relacións sociais no rural O proxecto “Aloumiños” é unha iniciativa promovida polo SERGAS e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia que se pretende poñer en marcha en varios concellos do rural galego, entre eles San Sadurniño, con financiamento do Ministerio de Sanidade. A idea é promover as relación...

Photos from Concello de San Sadurniño's post 14/09/2024
Photos from Concello de San Sadurniño's post 14/09/2024

Pois o trofeo do noso torneo internacional volve marchar para as vitrinas do Leixoes Sport Club de Portugal (xa ten dúas placas), despois de impoñerse no tie-break ao CV Palma. Foi unha xornada de volei apaixoante e dunha altísima calidade. Grazas aos catro equipos participantes e ao Club Deportivo Aldebarán San Sadurniño pola fantástica organización.

A partir do 5 outubro, volve a liga na SM2. Vémonos no pavillón!!!

14/09/2024

Palma e Leixões disputan arestora unha intensa final que se decidirá no tie-break

Photos from Concello de San Sadurniño's post 14/09/2024

Rematou o primeiro partido da tarde do Torneo Internacional Concello de San Sadurniño. O Club Deportivo Aldebarán San Sadurniño caeu por 0-3 ante un Club Voleibol Emevé intratable. Agora, cun chisco de retraso sobre o horario previsto, vai comezar a final entre o CV Palma e o Leixões.

14/09/2024

A ACRD Santa Mariña anda hoxe de excursión por Viveiro. Mándannos foto da viaxe, que inclúe unha visita á fábrica de cerámica Regal, ao casco histórico da vila e un paseo polo Souto da Retorta. Tamén subiron ao miradoiro de San Roque.

Photos from Club Deportivo Aldebarán San Sadurniño's post 14/09/2024
Photos from Concello de San Sadurniño's post 14/09/2024

O Palma de Superliga convértese en primeiro finalista do Torneo Internacional de volei Concello de San Sadurniño. Os nosos, a base de orde e actitude, volveron ofrecer unha magnífica imaxe e un xogo de grande calidade co que mantiveron freados aos mallorquíns até forzar o quinto set. En nada comeza a segunda semifinal, que enfrontará ao Leixões co Emevé.

Photos from Concello de San Sadurniño's post 14/09/2024

Acaba de empezar o torneo internacional de volei. Na cancha están enfrontándose o Club Deportivo Aldebarán San Sadurniño e o CV Palma. Ás 12:00h, segundo partido entre o Leixões portugués e o Arenal Emevé de Lugo.

Celebrado un pleno extraordinario e urxente para aprobar a participación municipal no segundo POS+ Adicional 13/09/2024

No interior da noticia tedes acceso á gravación íntegra da sesión, dispoñible -coma sempre- en Youtube e iVoox.

Celebrado un pleno extraordinario e urxente para aprobar a participación municipal no segundo POS+ Adicional O salón de plenos da Casa do Concello acolleu a primeira hora desta mañá unha sesión de carácter extraordinario e urxente que levaba na orde do día dous únicos asuntos. O primeiro, a aprobación da propia urxencia do pleno, e o segunto, a participación de San Sadurniño no POS+ Adicional 02/...

O Concello abre as preinscricións nas escolas municipais 13/09/2024

No caso das escolas culturais fai falla preinscribirse no 981 490 027 para saber se se forman grupos mínimos que permitan levar adiante cada actividade.

O Concello abre as preinscricións nas escolas municipais O Concello volverá poñer en marcha a primeiros de outubro a súa oferta de escolas culturais e deportivas para todas as idades. Ximnasia para persoas maiores, fútbol, voleibol, gaita, pandeireta, baile tradicional e música moderna integran un catálogo formativo ao que cómpre engadirlle a activ...

Photos from Concello de San Sadurniño's post 12/09/2024

Preparádevos para a última grande festa do verán!!!
Esta finde temos O en Igrexafeita:

-O sábado erguéndonos cos Berros do Castro e bailando co Trío Antha e a Orquestra Acordes
-O domingo cunha sesión vermú alongada durante a tarde que estará sostida polas pezas do grupo Origen.

Ambos días haberá misa ás 13:30h.

O Concello apoia con 6.500 euros a presente edición do Festival do Río Castro 12/09/2024

O Concello apoia con 6.500 euros a presente edición do Festival do Río Castro O Concelleiro de Desenvolvemento local, Manolo Varela, e o presidente da AVV O Castelo de Narahío, David Dopico, asinaron este mércores o convenio de colaboración entre o Concello e a entidade veciñal para o desenvolvemento da 29ª edición do Festival do Río Castro, celebrada o primeiro sábad...

O Tempos para compartir volverá o sábado 21 cun obradoiro fotográfico 10/09/2024

O Tempos para compartir volverá o sábado 21 cun obradoiro fotográfico Malia que aínda queda máis dun mes para o Día das Mulleres Rurais, que se celebra o 15 de outubro, desde a área de Igualdade do Concello xa están a preparar o obradoiro que servirá como base para unha exposición fotográfica participativa, principal actividade desa xornada. O actor e colabora...

Igualdade conciencia á cativería e ás persoas maiores sobre a liberdade de ser e sentir 09/09/2024

Igualdade conciencia á cativería e ás persoas maiores sobre a liberdade de ser e sentir O Concello de San Sadurniño, a través das áreas de Igualdade e Servizos Sociais, volveu implicarse neste 2024 na campaña de concienciación e normalización das diversidades se***is e afectivas "Liberdade de Ser e Sentir!" da Deputación da Coruña. Chegado o outono, dentro da campaña programá...

O Chanfaina lab despídese ata dentro dunhas semanas 08/09/2024

O Chanfaina lab despídese ata dentro dunhas semanas Aló van tres días de intenso traballo para os grupos de creadoras e creadores que participan na IX edición do Chanfaina lab. E escribimos en presente porque malia chegarmos ao remate da última xornada de gravacións, o encontro audiovisual non remata hoxe. Agora cadaquén deberá poñer en orde ...

¿Quieres que tu empresa sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Lugar Do Casal 16
A Coruña
15560

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30
Otros Ayuntamientos en A Coruña (mostrar todas)
Coruña Deportes Coruña Deportes
Calle Manuel Murguía S/n
A Coruña, 15011

Páxina oficial da Concellería de Deportes do Concello da Coruña.

Coruña Educa Coruña Educa
Avda. Da Marina 18
A Coruña, 15001

Páxina oficial da Área de Educación do Concello da Coruña.