Facultade de Belas Artes
Universidades cercanos
Rúa Maestranza
Rua Maestranza
También te puede interesar
Páxina para alumnado, ex-alumnado, profesorado, amigos e colaboradores da Facultade de Belas
🔥Dentro das Xornadas de Pensamento e Creación da Semana da Creatividade, a artista e docente da facultade Andrea Costas impartirá a charla "Corpos de memoria", unha presentación comentada dalgúns dos traballos que desenvolveu ao longo das últimas dúas décadas, na que afondará tanto na súa xénese como na súa formalización final.
📅Este venres á partir das 17.30 h na Casa das Campás. 👀Primeiro, escoitaremos a Andrea Costas e logo poderemos presenciar a actuación de Silvia P***s e Cintaadhesiva nun recital poético/musical.
💥Non o perdades💥
💜Para finalizar este percorrido do proxecto "8 mulleres para o 8M", a artista e deseñadora Teresa Búa preséntanos o traballo de Conway and Young.
"Conway and Young son un dúo de artistas, deseñadoras gráficas e educadoras que traballan no potencial crítico, social e político do deseño. Levan traballando xuntas en proxectos persoais e por encargo dende 2006. Utilizan o seu traballo como iniciativa para crear colectivos. A súa creación é movida pola práctica do DIY, inclusiva e discursiva".
En concreto, Teresa Búa pon o foco na obra “Milk report”, unha peza impresa en 2019 e máis tarde levada a cabo como performance. "En “Milk report” exploran a política e a economía dos coidados a través da lactancia materna. Neste traballo rexístranse as horas e minutos que Young dedicou á lactancia materna nos 6 meses despois do parto. A finalidade desta peza gráfica é remunerar o intenso traballo realizado a través dunha edición de 720 exemplares que se venden a 8,21 libras (equivalente ao salario mínimo vital nacional)".
“Milk Report” forma parte da Birth Rites Collection, que é a primeira e única colección de arte contemporánea dedicada ao tema do parto.
👀O vindeiro martes 30 de abril contaremos cunha interesante conferencia da artista e investigadora Marián López Fernández-Cao. 👉"Deconstruíndo a hexemonía cultural desde a perspectiva feminista no sistema da arte". A guía educativa ´Maestras` como proposta".
🕙De 10.30 a 12.30 h no Espazo 16. Non a perdades!
💜8 mulleres para o 8M: Susana Guerrero 💜
👉A artista e doutoranda Isabel Flores recomenda a Susana Guerrero dentro do proxecto “8 mulleres para o 8 M”, sobre a cal comenta:
🗣️Susana Guerrero (Elche, 1972), é doutora, docente e artista plástica. Influenciada polas súas estancias en Grecia e México e a súa experiencia persoal coa maternidade, nos seus proxectos reinventa o mito prestando especial atención á feminidade e ao corpo. Desde a experiencia persoal, mitos, lendas, tradicións e ritos mistúranse para investir o sentido da dor.
👀Destacamos a obra “Bata de cola” (2016), do proxecto “La madre. Anatomía del mito”. Nesta peza amosa un vestido tecido con cable, latón e terminais co que nos fala dos cambios que se producen no corpo feminino durante a xestación e o parto.
💥Nova entrevista! Estivemos a falar con Ventura A. Pérez sobre a súa obra e aventuras varias!
🗣️Ventura A. Pérez é graduado e doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Actualmente atópase en Nova York desenvolvendo un traballo de investigación co apoio da bolsa de ampliación de estudos artísticos Xunta/Fulbright. O seu traballo centra o foco de interese nas relacións entre a miniatura e a arquitectura, derivando a formatos como a escultura, a pintura ou o debuxo. Ademais, nas súas propostas nunca falta unha grande dose de humor!
Queres saber máis? Convidámoste a ler a entrevista na nosa web 👇👇https://belasartes.uvigo.es/gl/entrevistas/entrevista-a-ventura-a-perez/
💜Colaborando co proxecto “8 mulleres para o 8M”, a artista Ana Gesto preséntanos o traballo de unha das grandes da historia da arte: Elsa von Freytag-Loringhoven (1874-1927), coñecida popularmente como a Baronesa Dadá.
👉Unha muller pioneira, que desafiou as normas do seu tempo, levou un estilo de vida pouco convencional e experimentou libremente coa súa sexualidade. Sobre ela, Ana Gesto destaca: “Elsa von Freytag foi a raíña do Dadá de Nova York. Interésame moito porque foi pioneira da performance urbana. Construiu a súa identidade a través dunha actitude performáñtica e unha vestimenta escultórica deseñada e construida por ela mesma, coa que realizaba diversas accións na rúa entendendo o eu coma arte”.
🔸Tamén foi precursora do readymade, traballaba con obxectos atopados e reciclados que ensamblaba para outorgarlle unha nova función, convertindo calquera acto ou obxecto ordinario nun potencial elemento poético. 👀🔸Moitos estudos sinalan á Baronesa Dadá como a verdadeira autora de “La Fuente”, atribuida a Marcel Duchamp.
E ti, que pensas?👀👀
💜Para a súa colaboración con “8 mulleres para o 8M” a artista Arantza Pardo elixiu falar da obra de Marina Núñez, artista e docente da Facultade. Sobre ela, fai esta interesante análise:
💥As obras de Marina Núñez presentan figuras distorsionadas, corpos híbridos ou criaturas que apelan á ciencia ficción e aos videoxogos. Interésame especialmente a súa relación co sublime. O sublime refírese a unha experiencia estética que provoca unha sensación de asombro, admiración e un sentido do trascendente ou de relación coa inmensidade. Na obra de Nuñez esta experiencia é recibida a través da exploración da escala, do descoñecido, e a transgresión dos corpos.
👉Nesta ocasión, destaca o proxecto de videoarte "Flores heroicas (lirios)" 2021, que podedes consultar na web da artista.
👀Queredes ler a reflexión completa de Arantza Pardo sobre Marina Núñéz? Visita a nosa web
💜Continuando con "8 Mulleres para o 8M" Deebo Barreiro achéganos o traballo de Quimera Rosa.
👀Quimera Rosa é un laboratorio nómada de experimentación e investigación sobre identidades, cuerpos e tecnociencias. Desde unha perspectiva transfeminista e postidentitaria, buscan experimentar con identidades híbridas e flexibles que poidan desdibuxar as fronteiras dos binomios do pensamento occidental moderno. O seu traballo céntrase no desenvolvimiento de performances e proxectos transdisciplinares.
👉Para esta ocasión, facemos zoom no proxecto Sexus 3 aka La violinista, performance ideada no ano 2014 onde xs participantes acóplanse prótesis con amplificadores electrónicos á súa carne para experimentar prácticas se***is non convencionais. O uso destes instrumentos sexo-sonoros xeran ondas en directo que se transforman en vibracións a través do contacto e fricción cos demais corpos.
💜Seguimos presentando a obra de mulleres artistas dentro do proxecto "8 mulleres para o 8M". Nesta ocasión pedímoslle á artista, exalumna e profe da facultade Lucía Romaní que nos recomendase a obra dalgunha artista do seu interese.
👉Lucía falounos de Rosa Neutro, unha artista galega que reflexiona sobre cuestións relativas á identidade e aos estereotipos vencellados ao feminino. Combina técnica como a colaxe, a fotografía, a palabra ou a instalación para levar a cabo un traballo no que enfatiza o carácter múltiple e indefinido do concepto de muller.
👉En concreto, escolleu unha peza da serie Corpos mudos (2020-2021), sobre a cal comenta:
"Sempre me interesou o traballo enigmático de Rosa Neutro impregnado de sombras e misterio, de identidades múltiples e relatos inconclusos. Na serie Corpos mudos a artista dirixe o seu punto de mira cara as mans, centrándose no seu movemento, forma e posición. Unha mirada profunda que abre a porta ao xesto inconsciente a través dunha linguaxe non verbal, que se escapa do control convidando a desvelar aquilo que se atopa oculto, ao coidado do invisible, da propia existencia. Dalgún xeito, esas mans están a contarnos cousas (e nos delatan)".
💯Aberto o prazo de presentación á RESIDENCIA DE CREADORES E CREADORAS EMERXENTES (Encontros de Mariñán), residencias artísticas no Pazo de Mariñán (Bergondo) da Deputación da Coruña. Nela reúnense estudantes para, traballando de forma conxunta, desenvolver in situ proxectos creativos de índole interdisciplinaria. Cada institución docente seleccionará a un grupo de estudantes que se integrarán nos distintos equipos interdisciplinares de traballo cara os días de convivencia nos Encontros.
🗣️Convocatoria na Universidade de Vigo (ver titulacións nas bases)
👉O alumnado seleccionado aloxarase nas instalacións do Pazo de Mariñán en réxime de pensión completa.
👉Emitirase un certificación de asistencia
📅Solicitudes de participación ata o 2 de abril
📍+ info nas bases👇👇
https://drive.google.com/drive/folders/19OKoVwFoRlv6ccPKk5dT_lVc9oU234kD
💥Nova entrevista na web! Desta vez falamos coas artistas Lara e Noa Castro Lema
👀Traballando colectivamente, as irmás Lara e Noa Castro Lema reivindican o espazo dos soños e a poesía como ferramentas de resistencia fronte aos sistemas hexemónicos, así como a profunda e complexa relación que existe entre as tradicións orais humanas e non humanas, e como estas poden axudarnos a comprender e a transformar aspectos da memoria, a violencia, o coidado, etc.
🗣️Na entrevista falamos de moitas cousas: dos seus inicios, do traballo colectivo, da impronta de Galicia, da construción de historias... Moi extensa e interesante. Non vola perdades!
👇👇
https://belasartes.uvigo.es/es/entrevistas/entrevista-a-lara-e-a-noa-castro-lema/
💥A artista e exalumna Verónica Vicente decidiu falarnos de Alma Haser con motivo da conmemoración do 8M.
👀Alma Haser (1989) é unha fotógrafa e artista alemana. O seu traballo está cheo de capas e pregamentos cos que explora temas relacionados coa identidade e a percepción. Repensar o xénero do retrato lévaa a manipular insistentemente a imaxe fotográfica que toma como base con técnicas como a colaxe ou a papiroflexia.
👉Hoxe achegámonos a unha das súas series máis populares “Cosmic surgery” (2011), da cal Verónica Vicente sinala: «Alma Haser oculta o rostro da persoa retratada cunha sorte de máscara realizada en papiroflexia, dando a posibilidade visual de recompoñer de múltiples xeitos a súa identidade. O resultado final -inquietante e divertido a partes iguais- é bidimensional xa que o volve a fotografar de novo, mais as creacións tridimensionais recólleas nun libro pop-up que autoedita co mesmo título»
💯Este xoves 14 de marzo agardámosvos na inauguración do proxecto de producción e exposición "The making of a Painting / Fazer unha pintura" que está a realizar o artista inglés Simon Callery na nosa facultade coa colaboración dun grupo de estudantes.
📅Xoves 14 marzo ás 19.00 h
📅Do 14 de marzo ao 30 de abril de 2024
📍 Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
📸 Ruth Vidal
💜💜Un ano máis, conmemoramos o día 8 de marzo con: "8 Mulleres para o 8M". Este proxecto, que comezou no 2021, continúa a crecer co obxectivo de mapear as diversas propostas que as mulleres artistas achegan á nosa comunidade.
👀Nesta edición, decidimos ampliar a nosa busca de inspiración pedindo a artistas exalumnas que compartan as súas recomendacións connosco. Queremos estender a pegada da nosa comunidade académica e construír unha narrativa colectiva que celebre a diversidade e a creatividade das mulleres artistas.
👉Comezamos falando da obra de Shirin Neshat (Irán, 1957), escollida pola artista e educadora Eva Monroy, da cal comenta:
🗣️Shirin Neshat explora, a través do vídeo e a fotografía, as condicións da muller na cultura islámica. Desde un feminismo interseccional entrecruza as problemáticas do corpo, etnia, violencia e política cos dereitos humanos básicos.
🗣️A obra que presentamos titúlase “Allegiance with Wakefulness” (1994) e forma parte da serie fotográfica “Women of Allah” (1993-1997). Cada imaxe contén símbolos asociados ás representacións occidentais do mundo musulmán: o veo, a arma, o texto e a mirada, suxerindo unha realidade complexa que busca subverter os modelos de representación e reflexionar sobre a identidade das mulleres iraníes.
💯Seguiremos actualizando este arquivo nos vindeiros meses, que poderedes consultar cando queirades a través da nosa web! Tes algunha artista que queiras destacar ou recomendarnos? Escribenos ou etiquétanos, e compartirémolo nas nosas stories! 🎨✨
💥O fin da escritura. A condición electrónica.
💯Seminario con Aldo Mazzucchelli
Seminario de dúas sesións: Luns 4 de Marzo (18h) e Martes 5 de Marzo (11:30h).
📍Lugar: Espazo 16. Facultade de Belas Artes Universidade de Vigo. Pontevedra.
😎Aberto a alumnado, profesorado e público externo á facultade, sen inscrición.
Aldo Mazzucchelli é escritor uruguayo, poeta e ensaísta. PhD por la Universidade de Stanford, posteriormente profesor na Universidade de Brown, e actualmente catedrático de Humanidades na Universidade da República no seu Montevideo natal. Ten publicado, entre outros, unha serie de ensaios e libros sobre a condición electrónica e os seus efectos no pensamento, cunha mirada historizadora da idea do suxeito dende a perspectiva das tecnoloxías da información.
💥Como parte do proxecto de produción e exposición "The making of a Painting / Fazer unha pintura" que está a desenvolver Simon Callery para a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, o artista ofrecerá unha charla seguida dun coloquio sobre o seu traballo e o presente proxecto.
📍Na Sala Manuel Moldes, o martes 5 de marzo, ás 16:00.
Simon Callery (Londres, 1960) é licenciado en Belas Artes polo Cardiff College of Art, 1983. Ten exposto en prestixiosos espazos e institucións de Londres, Berlín ou Nova York, entre outros.
💥E outro obradoiro + ao que vos podedes anotar!
👉Expresión e Experimentación Sonora
Este obradoiro de extensión universitaria ten como obxectivo principal introducir ao alumnado nas disciplinas da arte e deseño sonoros, proporcionándolles os recursos teóricos, técnicos e prácticos necesarios para desenvolver un discurso sonoro propio.
🔸Docentes: Marco Maril, músico, compositor, artista e deseñador sonoro e Iria Vázquez; artista mutidisciplinar e investigadora.
📅Datas Obradoiro: Do 4 ao 22 de Marzo 2024 de 10:00h a 13:00h
📍Facultade de Belas Artes. Espazo 14
📅Prazo matrícula: Do 5 ao 16 de Febreiro 2024
👀Programa completo: https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=4506
💯Obradoiro "Relacións Proceso Creativo / Terapéutico. O libro de artista como fío conductor".
Docente: Lucía Romaní
👇Contidos👇
- Introdución ao concepto de libro de artista.
- Análise das características, variedades e tipoloxías do libro-arte.
- Abordaxes para a creación dun proxecto persoal orixinal a través dun proceso de autocoñecemento.
- Introdución a técnicas corporais, sensorias e plásticas que permitan a toma de consciencia no proceso creativo.
📅Datas: 12 e 19 de marzo, 2, 9 e 16 de abril de 2024.
⏰Horarios: De 16.30 h a 20.30 h.
📍Lugar: Espazo 14. Facultade de Belas Artes.
Prazo de inscrición: Do 5 ao 16 de Ferreiro.
+info e inscricións: www.campusactivo.gal
💯ATENCIÓN SORTEO EN INSTAGRAM!! OS REIS MAGOS CHEGAN Á FACULTADE!!
✨Estamos moi contentos cos catálogos de entrevistas da serie «En tránsito», xa temos tres na colección! Como sabedes, todos os catálogos están na web e pódense descargar en Pdf. Pero queremos que teñades a oportunidade de facervos con eles tamén en formato físico! Por iso, facemos este sorteo con tres packs dos catálogos: “Desbordamentos”, “Performance: unha arte intermitente” e “Pintura: presente continuo” para que poidades disfrutar das entrevistas a grandes artistas que pasaron pola facultade.
👉Ademáis, a edición en riso da man de Error es Bien Editorial e os deseños que se curraron Abraham Alonso e Andrea Núñez Pidre molan moito!!
👉Haberá 3 gañador@s. Participa!!
👀Para participar:
1. Entra no noso perfil de Instagram
2. Segue as instruccións da última publicación
Moita sorte🍀!
🗣️Este xoves día 30 de novembro ás 18.30 h teremos a sorte de contar coa investigadora Isabel María López Campos, quen ven dar unha masterclass sobre o concepto de autoetnografía no audiovisual. 👉Unha viaxe que analiza a experiencia persoal para comprender a experiencia cultural: o proceso creativo que levou á autora desde a súa primeira obra audiovisual, pasando por un proxecto (a súa tese doutoral) que puido realizar xunto a Bill Viola, Alan Berliner e Agnes Varda, ata un presente no que se explora a idea do suxeito extraviado no habitar contemporáneo.
👀Isabel María López Campos.
XOVES 30 novembro, ás 18:30h. ESPAZO 16.
🔥Nova entrevista na web!
👉Falamos con Lois Búa , quen se define como artista, deseñadora de son, drag e dj. Os seus traballos parten da análise da tradición e do presente para crear ficcións que especulen co futuro.
🗣️Conversamos sobre o corpo, a emigración, a mitoloxía, a tradición ou os traballos colectivos. Pasade a ler!
🗣️Este mércores día 22 de novembro inaugúrase a mostra "Formas de atrapar unha sombra" coas artistas Emilia Guimeráns, Maite Leyún, Salvador Cidrás e Nono Bandera. Baixo o comisariado de Marcos Covelo.
👉Inauguración: mércores 22 de novembro ás 20.00 horas na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
📅Do 22 de novembro de 2023 ao 23 de febreiro de 2024
💥Para non perder!
🔝Este xoves 9 de novembro falaremos con Manuel Vázquez sobre o papel da arte no negocio grazas á súa conferencia "Deseño estratéxico. A mirada da arte no negocio".
⏰Ás 12 h no Espazo 13 da
Non a perdades!!
💥Proxección do documental "Becoming CUCO", sobre a relación arte-intelixencia artificial e posterior debate coa presenza do artista, Cuco, e a directora do documental, Julia Casal.
📆Mércores 8 de novembro, no espazo 31 da ⏰11.00 h.
✨Esta actividade promóvese dentro da materia de Proxectos de Debuxo e Pintura e está aberta a todo o alumnado.
🔸Coordina: Lucía Romaní
✨PINTAR O ESPAZO, PENSANDO O LUGAR✨
👉Taller de artista impartido por Almudena Fernández Fariña no CGAC de Santiago.
📅Do 20 ao 24 de novembro de 2023
🔸Sesión aberta ao público no auditorio do CGAC:
Luns 20 ás 19:00 h
🔸Sesións de taller (Só para persoa rexistradas):
Martes 21 - venres 24, de 16:30 a 20:30 h
👉Matrícula: 20€
👉Prazas: 12
📅Inscrición ata o 7 de novembro
+info e inscricións: cgac.xunta.gal
💥Volve o congreso Fugas e Interferencias💥
"Fugas e Interferencias, VIII Conferencia Internacional de Arte de Performance", celebrarase en modalidade presencial os días 26, 27 e 28 de outubro de 2023.
As sedes do congreso serán: A Casa das Campás (Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra) e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC, Santiago de Compostela).
📅Inscricións abertas ata o 22 de outubro.
👉Programa completo na web fugaseinterferencias.com
🌟Non o perdades!
📸 "Sintagma y corriente", performance de Haruna Takebe (piano) e Javier Martín (corpo). Música: Aitsi de Scelsi, Melancholy Galliard de John Dowland e un Adieu de Scelsi
💥Conferencia👉Corpo, obxecto e xénero na fotografía contemporánea.
📅Luns 16 de outubro ás 12.30 h 📍Espazo 16 da
Comisaria: Anxela Caramés
✨Vinde!
💥Atención!! Curso 👉Reciclando Arxila
🔸Proceso completo de reciclaxe de arxila e realización dunhas pezas cerámicas que se cocerán no forno do taller da facultade.
👉Matricúlate en [email protected] (por orde de chegada do email a partir do luns 9)
👉18 prazas
✨Conferencia de Alex Francés
📅Xoves 5 de outubro ás 20.00 h
🔸Espazo 14. Facultade de Belas Artes
👉O traballo de Alex Francés céntrase na relación entre corpo e imaxe; entende a obra de arte ou a imaxe artística como o lugar por excelencia onde o corpo dáse, maniféstase e prodúcese. Na conferencia do xoves 5 de outubro, o artista analizará os seus discursos de carácter máis intimista, materializados a través da fotografía.
💥Creación, paisaxe e xénero💥
✨Obradoiro teórico-práctico que ten como obxecto afondar na relación existente entre arte e natureza dende unha perspectiva de xénero.
📅Días 20 e 27 de outubro de 2023. 2,3,9,10,16,17 e 24 de novembro de 2023
⏰De 17:00h a 20:00h
👉Docentes: Xisela Franco e Iria Vázquez
🔸Coordinadora: Iria Vázquez
🔸Matrícula: do 25 de setembro ao 5 de outubro.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Videos (mostrar todas)
Categoría
Teléfono
Página web
Dirección
Rua Maestranza, 2
Pontevedra
36002
Pontevedra, 36002
Programa de doutoramento en “Creatividade e innovación social e sustentable” da Universidade de
Universidade De Vigo/Campus Universitario De A Xunqueira
Pontevedra, 36002
Páxina do Grao en Dirección e Xestión Pública (modalidades presencial e virtual) da Universidade
Rúa De Portugal 1
Pontevedra, 36162
Facultad de Psicología Uned Pontevedra, alumnos y ex alumnos.
Rúa Cruz Vermella S/n
Pontevedra, 36002
Pavillón Verde nace coa idea de integrar os criterios de sostibilidade e reducir a pegada de carbon
Campus A Xunqueira, S/n
Pontevedra, 36005
Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra - Universidade de Vigo
Campus A Xunqueira S/n
Pontevedra, 36005
Pontevedra
Título de Especialista y Máster en Industria musical de la Universidad de Vigo
Casa Das Campás. Rúa Don Filiberto 9-11
Pontevedra, 36002
Conta oficial do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.
Facultade De Ciencias Sociais E Da Comunicación/Universidade De Vigo
Pontevedra, 36005
Bienvenido al facebook oficial del Máster en Dirección Pública y Liderazgo Institucional. http:/
Campus De A Xunqueira
Pontevedra
Benvido á páxina oficial en facebook do grao en dirección e xestión pública.
Facultad De Ciencias De La Educación Y El Deporte, Campus A Xunqueira, S/n
Pontevedra, 36005
Grupo de investigación en repercusiones orgánicas en la actividad física, rendimiento deportivo y