Down Pontevedra Xuntos

Down Pontevedra Xuntos

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos

Federación ASPACE-Galicia
Federación ASPACE-Galicia
Plaza 8 de Marzo, 1

Down Pontevedra - "XUNTOS", Asociación de Síndrome de Down

31/07/2024

En agosto os programas de atención directa suspenden as sesións, excepto o Programa de Emprego con Apoio que continua coa súa actividade. Para calquera consulta haberá profesionais que atenderán as vosas demandas en horario de mañá.
Vémonos en setembro, bo verán!! 🏖☀

30/07/2024

O equipo de profesionais da nosa entidade realizou a semana pasada o curso de habilitación para a utilización do Desfibrilador Semiautomático (DESA), que temos nas nosas instalacións. Grazas a Óscar, da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, por impartirnos esta formación tan importante!

26/07/2024

Un ano máis participamos no proxecto Arte Compartida. Grazas a Tere e ao seu equipo por convidarnos a visitar o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campo Lameiro) e facernos un percorrido guiado polo mesmo.

23/07/2024

Dende o mes de xuño as familias da nosa entidade recibirán tres sesións informativas a cargo do avogado Ricardo Fernández Palacios Martínez, nas que abordará a Lei de apoios 8/2021 sobre capacidade xurídica. Esta actividade enmarcouse no "Programa de Empoderamento e Atención Integral a Mulleres coa Síndrome de Down–Discapacidade Intelectual e familiares mulleres" subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Photos from Down Pontevedra Xuntos's post 18/07/2024

Onte estivemos na presentación dos xigantes e cabezudos de Carril, que este ano estrean vestiario e engaden dúas incorporacións ao equipo. A localidade é a segunda de España en dar exemplo de diversidade e inclusión coa Bígara, unha cabezuda coa síndrome de Down doada pola familia de Aroa, socia da nosa entidade.

10/07/2024

Un ano máis as persoas que formamos parte de Xuntos celebramos a nosa xuntanza na Illa do Covo. Grazas ao catering 5 sentidos e a Pedro Campos por amenizarnos a sobremesa!

08/07/2024

🔴 O TSXG DÁ A RAZÓN A DOWN GALICIA E CONSIDERA DISCRIMINATORIA A ORDE DE LIBROS DE TEXTO DA XUNTA

👉 Segundo esta sentenza, a Xunta de Galicia discrimina ao alumnado con discapacidade, favorecendo a educación especial. O tribunal considera que a orde infrinxe a Constitución Española e vulnera o dereito fundamental á educación inclusiva

💙Down Galicia levaba 10 anos reclamando a modificación da orde, que outorga ao alumnado matriculado en réxime de educación especial a contía máxima sen requisitos, mentres que o escolarizado en educación ordinaria depende da renda e con menor importe

⚠️ Mentres o TSXG anula os artigos discriminatorios da orde do curso 2023-24, a Federación insta á administración autonómica a modificar canto antes a orde do curso escolar 2024-25, publicada o pasado mes de maio nos mesmos termos que as anteriores

🔗 Máis información, na nosa web, downgalicia.org

01/07/2024

🆕 DOWN GALICIA DIXITALIZA A AVALIACIÓN DO ENVELLECEMENTO 🧓
🔸 A través da convocatoria 2023 das axudas á dixitalización Industria 4.0, xestionada polo IGAPE e cofinanciada pola Unión Europea, Down Galicia vén de crear unha plataforma dixital con tests para a avaliación do envellecemento de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual
💻Os obxectivos deste proxecto foron analizar as necesidades para a súa realización, desenvolver a batería de tests, validalos a través dun estudo piloto, crear unha base de datos e facer un plan de difusión do seu rendemento
🧠 Como resultado, Down Galicia vén de deseñar unha plataforma dixital de avaliación do envellecemento composta por 5 probas que avalían a memoria, a memoria de procedemento, a memoria semántica, as gnosias visuais e a atención
🔗 Máis información ▶️ https://bit.ly/4eGdE62

25/06/2024

Unha vez mais a empresa 𝙐𝘾𝘼𝙇𝙎𝘼 volve a apostar pola contratación de persoas con . Desta vez, Verónica terá un contrato temporal como auxiliar de servizos de restauración. Grazas por continuar formando parte do noso programa de ᴇᴍᴘʀᴇɢᴏ ᴄᴏɴ ᴀᴘᴏɪᴏ.

Photos from Down Pontevedra Xuntos's post 20/06/2024

🅐🅒🅣🅘🅥🅘🅓🅐🅓🅔🅢 ​ 🅒🅞🅝🅧🅤🅝🅣🅐🅢 do Proxecto de Atención Integral ao Envellecemento:
🔵 Cociñamos a rosca de pascua con Soremay Residencia de Mayores
🟡 Visitamos o Museo de Pontevedra con DomusVi Pontevedra
🔵 Visitamos o Mercado de Pontevedra con Saraiva
🟡 Tomamos café na nosa Horta Urbana Cooperativa con Caser Residencial Pontevedra
🔵 Actividade "herbas de San Xoán" con AFAPO

Photos from Down Pontevedra Xuntos's post 11/06/2024

🤝 ENCONTRO BILATERAL DE LUGO E PONTEVEDRA 🤩

A xente moza de Down Lugo recibiu á da nosa entidade nun Encontro Bilateral onde 21 participantes pasaron un día na cidade amurallada. Percorrer a zona vella, un xantar e varias visitas culturais foron as principais actividades.

ℹ O encontro foi posible grazas á subvención de Política Social destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF

Photos from Down Galicia's post 06/06/2024
06/06/2024

🏅 RECOÑECEMENTO AO PROTOCOLO ASE DE DOWN GALICIA

👉Onte, nos IV Premios Innovación en Saúde do SERGAS, o “Protocolo de Avaliación e Seguimento do Envellecemento (ASE)” de Down Galicia foi distinguido como finalista entre todas as iniciativas recibidas na categoría de pacientes 💙

🙌 É de vital importancia que a Consellería de Sanidade veña de recoñecer o valor do Protocolo, dando validez ao traballo levado a cabo polas entidades de Down Galicia nos últimos 10 anos

✨ Parabéns ao resto de proxectos galardoados!!

🔗 Máis información na web, downgalicia.org!

03/06/2024

Continuamos facendo a 𝓐𝓬𝓽𝓲𝓿𝓲𝓭𝓪𝓭𝓮𝓼 𝓭𝓮 𝓼𝓮𝓷𝓲𝓫𝓲𝓵𝓲𝔃𝓪𝓬𝓲𝓸́𝓷 𝓮𝓷 𝓬𝓮𝓷𝓽𝓻𝓸𝓼 𝓮𝓭𝓾𝓬𝓪𝓽𝓲𝓿𝓸𝓼, desta vez no CEIP San André de Xeve. Acompañounos a nosa amiga Cebra que, xunto a Matías, Laura e Rebeca, contaron algúns contos sobre a inclusión 🤩

31/05/2024

Xa están de volta os viaxeiros e viaxeiras do ᴘʀᴏxᴇᴄᴛᴏ ᴅᴇ ᴀᴛᴇɴᴄɪᴏ́ɴ ɪɴᴛᴇɢʀᴀʟ ᴀᴏ ᴇɴᴠᴇʟʟᴇᴄᴇᴍᴇɴᴛᴏ, que estiveron catro días de vacacións na illa de Tenerife 🌴

30/05/2024

Hai uns días participamos nunha xornada de para contarlles aos traballadores e traballadoras como poden colaborar coa nosa entidade. Grazas polo convite!

29/05/2024

Hoxe, acompañamos ao equipo de Bonobo, nas xornadas de 𝙀𝙦𝙪𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚 𝙚 𝙚𝙙𝙪𝙘𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣, enmarcadas no Festival , nas que presentaron a curta ARUNA, na que participaron varias persoas usuarias de Xuntos e onde Laura Pérez e Laura Madriñán, puxeron voz aos protagonistas.

Animámosvos a seguir a súa programación cultural e musical esta fin de semana na Alameda de Pontevedra. Trátase dun festival baseado na diversidade, a cooperación e a inclusión: https://www.incodefest.es/

29/05/2024

Nova sesión de primeiros auxilios impartida por Laura Mirás, coordinadora do servicio de salvamento do concello de Sanxenxo e técnica de ambulancias. Moitas grazas!
Agradecemos tamén a "Salvar Formar y Socorrer" o préstamo do material para levar a cabo o obradoiro.

28/05/2024

O pasado sábado visitamos a Illa de San Simón coas familias e persoas socias de Xuntos, esta actividade enmarcouse no programa +CONVIVENCIA da Deputación Pontevedra.

27/05/2024

A semana pasada visitamos a exposición de Manuel Piñeiro, "Los colores de la alegría", no Liceo Casino de Pontevedra. As súas obras invitan a reflexionar sobre a importancia das cores na vida e como poden influír nas emocións e percepcións, convidando a reflexionar sobre a beleza e a diversidade a través das súas pinturas.

20/05/2024

Continuamos colaborando coa Universidade de Vigo, desta vez no grao de educación infantil. O noso compañeiro Ramón participou no ᴍɪᴄʀᴏᴘʀᴏʏᴇᴄᴛᴏ ʙɪʙʟɪᴏᴛᴇᴄᴀ ʜᴜᴍᴀɴᴀ: "ᴇɴᴛʀᴇ ʟᴜᴄᴇꜱ ʏ ꜱᴏᴍʙʀᴀꜱ: ᴄʀóɴɪᴄᴀꜱ ᴅᴇ ᴅɪᴠᴇʀꜱɪᴅᴀᴅ ʏ ᴇxᴄʟᴜꜱɪóɴ". O obxectivo do mesmo é dar a coñecer ao alumnado as dificultades en experiencias educativas/sociais, no noso caso das persoas con discapacidade intelectual. Graciñas polo convite!

18/05/2024

A empresa 𝐅𝐑𝐎𝐈𝐙 colabora novamente co programa de . Joel, socio da nosa entidade, traballa nun dos seus supermercados en Pontevedra. Grazas por continuar apostando pola das persoas con discapacidade.

Photos from Down Pontevedra Xuntos's post 16/05/2024

A semana pasada visitamos a .tangram para facer unha actividade de arte procesual, foi toda unha experiencia creativa! Graciñas por tan boa acollida 🤩

14/05/2024

Grazas ao convenio asinado coa escola Imua Paddle Surf Club Aguete, un grupo de mozas e mozos da nosa entidade participaron nunha sesión de iniciación ao 𝙋𝘼𝘿𝘿𝙇𝙀 𝙎𝙐𝙍𝙁 na praia de Aguete. Graciñas polo convite!

13/05/2024

Esta semana teremos na nosa entidade a 10 alumnas do 𝗚𝗥𝗔𝗢 𝗘𝗡 𝗟𝗢𝗚𝗢𝗣𝗘𝗗𝗜𝗔, da Universidade da Coruña. Esta actividade enmárcase no convenio de colaboración asinado, e consistirá nunha rotación por distintas entidades do terceiro sector para observar as sesións de traballo neste senso. Benvidas!

10/05/2024

Continuamos coas sensibilizacións na comunidade educativa, desta vez no CPI Alfonso VI en Caldas de Reis. Nesta ocasión foron Pedro e Sira as persoas da nosa entidade que relataron a súa realidade. No caso de Sira, fixo a presentación na súa clase, co apoio da súa compañeira Olivia. Graciñas polo convite!

06/05/2024

O pasado xoves recibimos na nosa entidade á directora da oficina CaixaBank en Pontevedra, Eugenia Rial. O motivo da súa visita foi a concesión dunha achega de 5.000 euros da Fundación “la Caixa” para o proxecto de formación sociolaboral. Grazas por dar continuidade ao proxecto.

30/04/2024

🔝 RÉCORD NO BALANCE DE EMPREGO: 240 CONTRATOS 👩‍💻

Ás portas do facemos balance do último ano. 205 persoas estiveron contratadas, un 77,4% d@s participantes en Emprego Con Apoio das entidades de Down Galicia

A parte negativa destas contratacións é a curta duración das xornadas de traballo, non chegando na gran maioría das ocasións á xornada completa

🔗 Balance de emprego 2023 xa dispoñible na web, downgalicia.org!

Photos from Down Pontevedra Xuntos's post 24/04/2024

Onte estiveron na nosa entidade 30 mozos/as procedentes de toda España, Portugal, Macedonia, Bulgaria e Italia, realizando distintas actividades do Programa de Vida Adulta. Esta visita enmarcouse no programa ERASMUS+ e foi xestionada pola asociación Ticket2Europe.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para ambas partes, aquí deixamos unha mostra!

¿Quieres que tu empresa sea el Organización Sin Fines De Lucro mas cotizado en Pontevedra?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


R/Gorgullón Nº41
Pontevedra
36003

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 20:30
Martes 09:00 - 20:30
Miércoles 09:00 - 20:30
Jueves 09:00 - 20:30
Viernes 09:00 - 15:00
Otros Organización sin ánimo de lucro en Pontevedra (mostrar todas)
Lumeira de San Xoán do Cruceiro da Rúa de Cobas Lumeira de San Xoán do Cruceiro da Rúa de Cobas
Rua De Cobas
Pontevedra, 36143

Aquí vense a comer e a beber ata reventar, ninguén marcha con fame, garantido!! E a pasalo ben todos!!

Clasicos del Lerez Clasicos del Lerez
Pontevedra

Amigos de los vehículos históricos, antiguos y clásicos de la ciudad del Lérez. Nuestra idea es juntarnos y mostrar la cultura automovilística en nuestra ciudad.

Asociación de Rescate Animal Ohana Asociación de Rescate Animal Ohana
Pontevedra

El propósito de esta Asociación es rescatar perros necesitados, con el fin de encontrarles buenos

A Dema do Hío A Dema do Hío
Rúa EStrada De Vilariño, 208, Vilariño
Pontevedra, 36945

A Asociación Cultural e Ecolóxica A Dema do Hío está formada por un grupo de veciñas e veciños da parroquia comprometidos coa dinamización da nosa cultura e coa defensa activa do p...

Rotary Club de Pontevedra Rotary Club de Pontevedra
Pontevedra, 36002

En Rotary Pontevedra encontrarás a vecinos, amigos y líderes comunitarios que unidos, impulsan caminos. Ven a descubrirnos.

TuVi-asociacion socio-cultural,deportiva y ocio TuVi-asociacion socio-cultural,deportiva y ocio
Foxo 9
Pontevedra, 36700

asociacion socio-cultural,deportiva y ocio

Aula Castelao de Filosofía Aula Castelao de Filosofía
Pontevedra, 36000

A Aula Castelao de Filosofía formouse no curso académico 1981-1982 a partir dun colectivo de profesionais de diferentes ámbitos do saber.

Os Palleiros Os Palleiros
Calle Da Serra
Pontevedra, 36002

Ayunt. de Pontevedra - Galicia - España 🇪🇸 📲 Búscanos en Instagram y Twitter 🏞Paseos: MARTES Y JUEVES 16-18:30 y SÁBADOS 16:30-18:30 (INDIVIDUALES) www.teaming.net/protectoradean...

Lobos de Galiza Lobos de Galiza
Benito Corbal
Pontevedra, 36001

Enseñamos a las personas sobre los lobos, su relación con el medio ambiente y el papel humano en la protección de su futuro.

Monte Porreiro Quere Avanzar Monte Porreiro Quere Avanzar
Pontevedra, 36162

Plataforma veciñal con vontade de facer avanzar ao noso barrio, o máis grande da cidade de Pontevedra, Monte Porreiro

ANPA San Xose - Campolongo ANPA San Xose - Campolongo
Rúa Xeneral Antero Rubin, 3
Pontevedra, 36001

ANPA San Xosé Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEP Campolongo

PONTE AO CHOIO PONTE AO CHOIO
📍Primeiro Andar Da Praza De Abastos
Pontevedra, 36002

“Ponte ao choio” é un proxecto de emprego orientado a adquisición de novas fórmulas para axudar a mellorar a empregabilidade das persoas do Concello de Pontevedra.